Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53750

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (246/2017).

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 246/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elías García Cereijo, Joaquín Fernández Fuentes, Raúl Maso Otero, José Manuel Pena Faría, José Varela Otero, Enrique Cochón García, Sergio Parada Pastoriza, contra o Fondo de Garantía Salarial e Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Elías García Cereijo, Joaquín Fernández Fuentes, Raúl Maso Otero, José Manuel Pena Faría, José Varela Otero, Enrique Cochón García, Sergio Parada Pastoriza, fronte á empresa Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., declaro improcedente o despedimento dos traballadores demandantes e, así mesmo, declaro extinguida a relación contractual entre eles e a empresa demandada referida e condénoa a que aboe aos demandantes as seguintes cantidades en concepto de indemnización, así como os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data da presente resolución, en función do salario regulador diario apuntado:

A Elías García Cereijo 22.948,02 €, salvo erro aritmético o seu salario regulador diario é de 52,56 €; a Joaquín Fernández Fuentes 23.114,80 €, salvo erro aritmético, o seu salario regulador diario é de 53,79 €; a Raúl Maso Otero 21.436,65 €, salvo erro aritmético, o seu salario regulador diario é de 50,32 €; a José Manuel Pena Faría 22.801,06 €, salvo erro aritmético, o seu salario regulador diario é de 53,52 €; a José Varela Otero 20.694,41 €, salvo erro aritmético, o seu salario regulador diario é de 53,79 €; a Enrique Cochón García 4.106,80 €, salvo erro aritmético, o seu salario regulador diario é de 55,31 € e a Sergio Parada Pastoriza 5.782,14 € salvo erro aritmético, o seu salario regulador diario é de 52,56 €.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, deberá consignar a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación de depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, aínda que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza