Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53748

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (659/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 659/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Vilas Gilda contra a empresa Álvaro Luis Triñanes Toba, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza:

A Coruña, 3 de novembro de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 659/2015, en que foron parte, dun lado como demandante Juan Carlos Vilas Gilda, con DNI 32770196A, asistido polo letrado José Páramo Sureda e, como demandado, Álvaro Triñanes Toba, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Juan Carlos Vilas Gilda, debo condenar e condeno a empresa Álvaro Luis Triñanes Toba a que aboe ao demandante a cantidade de 1.712,91 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Álvaro Luis Triñanes Toba, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza