Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53756

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 84/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento seguridade social 84/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Unika Proyectos y Obras, S.A. e Ulma C y E Sociedad Cooperativa contra a empresa Sacyr, S.A., Scrinser, S.A., Ulma C y E Sociedad Cooperativa, Instituto Nacional da Seguridade Social, Unika Proyectos y Obras, S.A., Judite Gonçalves de Barros Lopes, Eduarda Maria de Barros Lopes, Sacyr, S.A. e Scriser, S.A., Fondo de Garantía Salarial, UTE Ave Cervello (formada por Sacyr, S.A. e Scrinser, S.A.), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución:

Declárase que Ulma C y E S. Coop. desiste da demanda sobre recarga de prestacións que deu orixe ao presente procedemento, interposta fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Unika Proyectos y Obras, S.A., UTE Cervello (Sacyr, S.A.-Scrinser, S.A.), Sacyr, S.A., Scrinser, S.A. e contra Judite Gonçalves de Barros e Eduarda María de Barros López, e decrétase, respecto da dita demanda, o sobresemento e arquivamento do procedemento.

Que, desestimando integramente a demanda interposta por Unika Proyectos y Obras, S.A. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ulma C y E S. Coop., UTE Cervello (Sacyr, S.A.-Scrinser, S.A.), Sacyr, S.A., Scrinser, S.A., Judite Gonçalves de Barros e Eduarda María de Barros López, debo absolver e absolvo os demandados das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eduarda María de Barros Lopes, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza