Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1234/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1234/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Ángel Santiuste Insua contra Industria Textil Emsi, S.L., Gloria Rodríguez de la Iglesia, María Luisa López Ponte, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 26 de abril de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 1234/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Jesús Ángel Santiuste Insua, asistido do letrado Guillermo Garrido Collazo, contra Industria Textil Emsi, S.L., representada por Emilio Ramón Aguiar Rodríguez e asistido do letrado Miguel Taboada Pérez, e contra Gloria Rodríguez de la Iglesia e María Luisa López Ponte, que non comparecen, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión:

Que tendo por desistida a parte demandante da súa pretensión fronte a Gloria Rodríguez de la Iglesia e María Luisa López ponte, debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Jesús Ángel Santiuste Insua e condeno a Industria Textil Emsi, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 52,57 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Así mesmo, con data 6 de xullo de 2017 ditouse auto cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto.

A Coruña, 6 de xullo de 2017.

Feitos:

Primeiro. Ante este xulgado séguense autos do procedemento número 1234/2014, que concluíron por sentenza ditada o 26 de abril de 2017.

Segundo. A parte demandante presentou escrito en que solicitaba aclaración da resolución. Admitido a trámite, deuse traslado ás demais partes que realizaron alegacións.

Parte dispositiva:

Desestímase a solicitude de aclaración formulada pola parte demandante contra a sentenza de data 26 de abril de 2017.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María Luisa López Ponte, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza