Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (360/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 360/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Lamas Varela contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que, considerando substancialmente a demanda interposta por José Luis Lamas Varela, contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de 2.462,89 euros polos conceptos sinalados no feito probado oitavo desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da devandita suma desde a data de presentación da papeleta de conciliación até a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza