Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54381

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (362/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 362/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Gil Facorro contra Asociación Profesional de Selvicultores de España, Asociación Profesional de Selvicultores Galicia Silvanus, con citación do Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Sentenza nº 488/2017.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 362/2015, seguidos por instancia de Mercedes Gil Facorro, representada e asistida pola letrada Sra. López Giráldez; contra Asociación Profesional de Selvicultores de España, que non compareceu ao acto do xuízo oral; contra Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, que non compareceu ao xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza, con base nos seguintes,

Decido que considerando parcialmente a demanda interposta por Mercedes Gil Facorro, contra Asociación Profesional de Selvicultores de España e contra Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a demandada Asociación Profesional de Selvicultores de España a aboarlle á demandante a suma de 461,67 euros netos, coa desagregación efectuada no feito probado sexto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación ata esta resolución e os do artigo 576 da LEC a partir desta resolución; así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

2. Debo absolver e absolvo a Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia das peticións deducidas na súa contra.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar á súa condena nesta instancia, debe estarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes esta resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación Profesional de Selvicultores de España e Asociación Profesional de Selvicultores Galicia-Salvanus, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza