Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54489

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de novembro de 2017 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, pola Orde da Consellería de Facenda do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Tribunal titular:

Presidencia:

– Ascensión Labella Lozano, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Manuel Martínez Varela, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de secretaría-intervención.

Vogais:

– Carlos José Calzadilla Bouzón, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica.

– Juan José Valiela Villar, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

– Beatriz Ferro Soto, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Eva Sanín Mariño, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Patricia Villajos Grande, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Alberto José Otero Peña, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

– Paula Uría Traba, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial.

– Matilde Alonso Acosta, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.