Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54487

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de novembro de 2017 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química.

Unha vez convocados os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, polas ordes da Consellería de Facenda do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química

• Tribunal titular:

Presidencia:

– José Francisco Alonso Picón, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química.

Secretaría:

– Sonia Rial Barreiro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– María del Carmen Fernández Ocampo, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– José Carlos Fagín Taboada, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Soledad Muniategui Lorenzo, catedrática de Química Analítica da Universidade da Coruña.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– José Antonio Grandas Arias, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de montes.

Secretaría:

– María Pilar García Vázquez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Ramón Jesús Lamelo Otero, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica.

– Patricia Roiloa Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Magdalena Cid Fernández, profesora do departamento de Química Orgánica da Universidade de Vigo.