Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54486

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 20 de outubro de 2017 pola que se modifica a Orde do 7 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

Advertido erro na Orde do 20 de outubro de 2017 pola que se modifica a Orde do 7 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017 publicada no Diario Oficial de Galicia número 204, do 26 de outubro de 2017, cómpre efectuar as seguinte corrección:

Na páxina 49853 da dita orde no seu artigo único, onde di: «As entidades beneficiarias deberán xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 30 de novembro na anualidade 2017…»; debe dicir: «As entidades beneficiarias deberán xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 15 de decembro na anualidade 2017…».