Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54523

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (333/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 333/2017 por instancia de Laura María García Torreira contra as empresas Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendit Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., Perseo Textil, S.L., administración concursal de Confecciones Ideal, S.L., administrador concursal de Deus Creacciones, S.L., de Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., os administradores concursais de Confecciones Fraga, S.L., e a Plataforma Costurera, S.L., e o Fondo de Garantía salarial sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 2 de novembro de 2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Estímanse as demandas interpostas por Laura María García Torreira fronte ás empresas Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaivota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., e Perseo Textil, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguida a relación laboral.

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 20 de marzo de 2017.

– Condénase as empresas Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., a aboar solidariamente a Laura María García Torreira a cantidade de 15.081,44 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, a cantidade de 8.226,24 euros, en concepto de salarios de tramitación e a cantidade de 3.292,20 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento, percibindo as devanditas cantidades o 10 % de xuros moratorios, vinculando todas estas cantidades aos administradores concursais de Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., e Plataforma Costurera S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así, o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Perseo Textil, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

A secretaria xudicial