Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54525

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1240/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1240/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Iglesias Pazos contra Tapizados Milano, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jesús Manuel Iglesias Pazos contra a entidade Tapizados Milano, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Tapizados Milano, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 2.609,87 euros brutos, por salarios percibidos entre decembro de 2015 e xullo de 2016, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e á cantidade de 457,32 euros como indemnización por despedimento.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, eu, a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5 da Coruña Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tapizados Milano, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza