Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54655

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos deste organismo.

Coa finalidade de facer efectivo o dereito á mobilidade voluntaria do persoal estatutario fixo recoñecido no artigo 17 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, pola que se aproba o Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e acadar un mellor desenvolvemento profesional, esta dirección xeral, en virtude das facultades conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e o artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 139, do 20 de xullo), logo de negociación das bases no seo da Mesa Sectorial de Sanidade, coa aprobación das organizacións sindicais CIG, CESM-O´MEGA, CC.OO., CSIF e SATSE

RESOLVE:

Primeiro.

Publicar a convocatoria de concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario das categorías de xestión e servizos que se detallan no anexo.

Esta convocatoria manterá a súa vixencia no tempo, cunha oferta de prazas e adxudicación de destinos que terán unha periodicidade mínima anual e que serán publicadas, ambas as resolucións, no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Segundo.

A solicitude de participación no concurso deberase efectuar a través da oficina virtual do profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos), dirixirase a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e deberase presentar por rexistro electrónico.

Terceiro.

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de participación en calquera momento, sen suxeición a prazo, desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. En cada ciclo anual de adxudicación incluiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 15 de xaneiro do ano en curso.

Cuarto.

Serán de aplicación a este proceso as bases aprobadas mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 20 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro).

Quinto.

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación con este procedemento habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico: concurso.traslados@sergas.es

Sexto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Categoría

Albanel

Calefactor/a

Carpinteiro/a

Celador/a

Cociñeiro/a

Condutor/a

Costureiro/a

Electricista

Enxeñeiro/a superior

Enxeñeiro/a técnico/a

Fontaneiro/a

Grupo administrativo da función administrativa

Grupo auxiliar da función administrativa

Grupo de xestión da función administrativa

Grupo técnico da función administrativa

Lavandeiro/a

Limpador/a

Mecánico/a

Pasador/a de ferro

Peón

Perruqueiro/a

Persoal de servizos xerais

Persoal técnico superior

Pinche

Técnico/a de grao medio

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Telefonista

Traballador/a social