Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2017/110-1).

Expediente: IN407A 2017/110-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento da LMT SAD-707 avenida Isaac Díaz Pardo, nº 55.

Concello: Oleiros.

Feitos.

1. O 28 de xuño de 2017 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG nº 168, do 5 de setembro de 2017 e no BOP nº 158, do 22 de agosto.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Tramo liña de media tensión aérea SAD-707 (entre apoios nº 28-2 e nº 28-3) (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 71 m, coa orixe no apoio nº 28-2 existente da LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz Molino (expediente 128/01) e a derivada o CT O Telleiro (expediente 51.151), condutor tipo LA-110 mm2 AI (existente), e final no apoio nº 28-3 proxectado da LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz Molino e a derivada ao CT O Telleiro.

– Tramo liña de media tensión aérea SAD-707 (entre apoios nº 28-3/1 e nº 28-4) (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 118 m, coa orixe no apoio nº 28-3/1 proxectado da LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz Molino (expediente 128/01) e a derivada o CT O Telleiro (expediente 51.151), condutor tipo LA-110 mm2 AI (existente), e final no apoio nº 28-4 existente da LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz Molino e a derivada ao CT O Telleiro.

– Liña de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 70 m, coa orixe no paso de aéreo a soterrado que se realizará no apoio nº 28-3 proxectado que se intercalará na LMT. SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz Molino e a derivada o CT O Telleiro, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no paso de soterrado a aéreo que se realizará no apoio nº 28-3/1 proxectado que substitúe o existente da LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz Molino e a derivada ao CT O Telleiro.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 19.046,18 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que irá acompañada da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuizo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de novembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña