Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, do servizo de verificación, adecuación e comprobación final de equipamentos de traballo no Centro Integrado de Formación Profesional Santa María de Europa de Ourense (expediente 2017_017_SXT_OPL).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 26.

5º. Telefax: 981 54 01 18.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017_017_SXT_OPL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de verificación, adecuación e comprobación final de equipamentos de traballo no Centro Integrado de Formación Profesional Santa María de Europa de Ourense.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Ourense.

e) Prazo de execución/entrega: dous meses contados desde a sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 71317000-3 (servizos de consultoría en protección e control de riscos).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 27.030 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 27.030 euros. Importe total 32.706,30 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos establecidos nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos números 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A e B):

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a criterios cuantitativos; é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG.

11. Outras informacións:

Para os efectos de comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que o contratista adxudicatario debe facer aos posibles subcontratistas, o contratista remitiralle ao órgano de contratación, no caso de que lla solicite, a documentación citada na cláusula 18 do PCAP. As obrigas, tanto de presentar a dita documentación como do cumprimento dos prazos de pagamento ao/aos subcontratista/s, consideraranse condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á aplicación das penalidades establecidas na cláusula 13.3.b) do PCAP.

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=224309.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016, DOG núm. 131) e P.A. (Decreto 175/2015)
Lourdes Ledo Moure
Subdirectora xeral de Coordinación Administrativa