Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación para a contratación do arrendamento con opción de compra de diverso equipamento sanitario para esta xerencia (expediente AB-ASF1-17-011).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol 15405.

4º. Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratación.subministracions.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-ASF1-17-011.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento con opción de compra de diverso equipamento sanitario para a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): seis lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: véxanse os pregos.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): lote 1:33172100-7; lote 2:33168000-5; lote 3:33112000-8; lote 4:33124100-6; lote 5:33123200-0; lote 6:33182100-0.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B) lotes 1 ao 5

Características técnicas

Ata 50 puntos

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica (lotes 1 ao 6)

Ata 50 puntos

Módulo saturación e ECG (lote 6)

Ata 25 puntos

Modo de presión invasiva e/ou non invasiva (lote 6)

Ata 25 puntos

4. Valor estimado do contrato: 208.983,49 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 204.803,28 €. IVE: 43.008,67 €. Importe total: 247.811,95 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso: non.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol 15405.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (de ser o caso):

12. Outras informacións:

Ferrol, 10 de novembro de 2017

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol