Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55343

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de enxeñeiro técnico agrícola, persoal funcionario, quenda de promoción interna.

No BOP de Lugo número 256, do 7 de novembro de 2014, publicáronse integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda de promoción interna.

No BOP de Lugo número 189, do 18 de agosto de 2017, publicouse o Decreto nº 17007052, do 3 de agosto de 2017, relativo á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas anteriores bases xerais, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario (quenda promoción interna).

1 praza de enxeñeiro/a técnico/a agrícola; escala de Administración especial; subescala técnica; clase técnico medio; grupo de titulación A, subgrupo A2. Sistema selectivo: concurso-oposición.

(A dita resolución foi modificada polo Decreto nº 17007901, do 12 de setembro de 2017, publicado no BOP de Lugo número 221, do 25 de setembro).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 3 de outubro de 2017

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal