Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a subministración sucesiva de material de ferraxaría.

Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 9 de novembro de 2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 21/17).

2. Obxecto do contrato: subministración sucesiva de material de ferraxaría.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 229.900 € (190.000 € + 39.900 € en concepto de IVE). Prezos unitarios: o indicado nos pregos. Prazo de execución: 2 anos.

5. Garantía: non, de conformidade co establecido no artigo 95 do TR-LSCP.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 17 de novembro de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa