Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55345

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do Proxecto de urbanización para a apertura da prolongación da rúa Ourense no sentido sur-Tui (Pontevedra).

A Xunta de Goberno Local, mediante acordos adoptados en sesións do 21 de setembro de 2017 e do 16 de outubro de 2017 (rectificativa da anterior), aprobou definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do Proxecto de urbanización para a apertura da prolongación da rúa Ourense no sentido sur-Tui (Pontevedra), sendo o texto do acordo do seguinte teor:

[...] «Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do Proxecto de urbanización para a apertura da prolongación da rúa Ourense no sentido sur-Tui (Pontevedra), para os efectos previstos polo artigo 118 da LSG, coa estimación ou desestimación das alegacións nos termos e coa motivación que aparecen nos informes respecto de cada unha delas que constan no expediente.

Para este particular, procede indicar que foron presentadas alegacións en tempo e forma por:

– María Rogelia Vilar Meiras e Diego e Xaquín Troncoso Vilar en relación coa parcela núm. 1.

– María Concepción Vázquez Arenosa en relación coa parcela núm. 1-arr-baixo.

– Purísima Concepción Gómez Lago en relación coa parcela núm. 1-arr-soto.

– Cándida Filomena Moldes Martínez en relación coa parcela núm. 2.

– Isaura Moldes Martínez en relación coa parcela núm. 3.

De conformidade co informe elaborado a fin de contestación das alegacións polo equipo redactor do proxecto expropiatorio, presentado por Topogray (Topografia y servicios, S.L.) que tuvo rexistro (2017-E-RC-8565) do 18.9.2017, resultan:

– Síntese da alegación (RE 2017-E-RC-7567) formulada por María Rogelia Vilar Meiras, Diego e Xaquín Troncoso Vilar en relación coa parcela núm. 1; na cal reclaman a titularidade da parcela do expediente e mostran a súa desconformidade co prezo xusto establecido no expediente en concepto de indemnización con motivo dos bens e dereitos afectados. En resposta, estímase a alegación formulada e rectifícase a titularidade do predio núm. 1 a favor de María Rogelia Vilar Meiras, Diego e Xaquín Troncoso Vilar e desestímase a alegación que se refire ás discrepancias mostradas coa valoración dos bens e dereitos afectados.

– Síntese da alegación (RE 2017-E-Rc-7158) formulada por María Concepción Vázquez Arenosa en relación coa parcela núm.1-arr-baixo, na cal mostra a súa desconformidade co prezo xusto establecido no expediente en concepto de indemnización por traslado de negocio, solicitando unha indemnización de 192.900 euros, máis o correspondente 55 en concepto de premio de afección, como consecuencia do peche definitivo do negocio. Na resposta motívase a desestimación polos motivos expostos no informe.

– Síntese da alegación (RE 2017-E-RC-7416) formulada por Purísima Concepción Gómez Lago, en relación co parcela núm. 1-arr-soto, na cal mostra a súa desconformidade co prezo xusto establecido no expediente en concepto de indemnización por traslado de negocio, solicitando unha indemnización de 207.645,48 euros. Na resposta motívase a desestimación polos motivos expostos no informe.

– Síntese da alegación (RE 2017-E-RC-7313) formulada por Cándida Filomena Moldes Martínez, en relación coa parcela núm. 2, na cal mostra a súa desconformidade co sistema de expropiación elixido, así como co prezo xusto ofertado. Na resposta motívase a desestimación polos motivos expostos no informe.

– Síntese da alegación (RE 2017-E-RC-7312) formulada por Isaura Moldes Martínez en relación coa parcela núm. 3, na cal mostra a súa desconformidade co sistema de expropiación elixido, así como co prezo xusto ofertado. Na resposta motívase a desestimación polos motivos expostos no informe que xuntan.

Esta aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 118.10 da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 118.11 da LSG).

Segundo. Notificar o contido desta resolución de aprobación definitiva do expediente de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no expediente, aos cales se xuntará a correspondente folla de aprezo, conferíndolles un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao do recibo da notificación da presente resolución. Durante este prazo de vinte días poderán os interesados manifestar por escrito dirixido a este Concello de Tui, a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 118.7 da LSG, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade co artigo 118.8 da LSG.

Terceiro. Publicar a presente resolución, así como o seu anexo coa relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no DOG e no taboleiro de edictos do Concello de Tui, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e aqueles de que se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, tramitada esta, non se puidese practicar. O cómputo do prazo de vinte días para estes interesados comezará desde o día seguinte ao da referida publicación no DOG. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. Igualmente notificaráselle o contido desta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio».

Contra este acto resolutorio, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o acorda (Xunta de Goberno Local), no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado competente, segundo o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo.

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, en lugar do recurso de reposición poderase dirixir ao órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto, sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días, contados a partir do seguinte da recepción da notificación, para manifestala por escrito.

A relación dos propietarios, predios e superficies é a que figura no anexo.

Tui, 25 de outubro de 2017

Carlos Vázquez Padín
Alcalde

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Expediente 1252/2017. Proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do Proxecto de urbanización para a apertura da prolongación da rúa Ourense no sentido sur-Tui (Pontevedra).

Nº de predio

Titulares de bens e dereitos

Ref. catastral/enderezo

Superficie terreo
que se expropia

1

María Rogelia Vilar Meiras

Diego Troncoso Vilar

Xaquín Troncoso Vilar

9555002NG2595N0001BO

R/ Augusto González Besada, 32

566,66 m²

2

Cándida Filomena Moldes Martínez

9555017NG2595N0001DO
R/ Augusto González Besada, 34

373,43 m²

3

Isaura Moldes Martínez

9555018NG2595N0001XO

9555019NG2595N0001IO

9555001NG2595N0001AO
Camiño do Instituto, 1A, 3A e 5A

384,94 m²

1-arr-soto

Purísima Concepción Gómez Lago

1-arr-baixo

María Concepción Vázquez Arenosa

O expediente completo pódese consultar no Departamento de Urbanismo do Concello de Tui, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).