Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental, o documento de síntese e o estudo de integración paisaxística da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Frades, fracción 2ª, segregación 1ª, número 6705.2.1, situado na parroquia de Lanzá no concello de Mesía, promovido pola sociedade Cerámica Verea, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental, o documento de síntese e o estudo de integración paisaxística da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación que a seguir se describe:

Solicitante: Cerámica Verea, S.A.

Domicilio social: estrada N-634, km 684. 15685, Lanzá, Mesía (A Coruña).

Nome: Frades fracción 2ª segregación 1ª.

Número: 6705.2.1.

Situación: Mesía.

Cuadrículas mineiras: 3 (tres).

Recurso: arxila.

A designación do terreo en coordenadas xeográficas é a seguinte:

ETRS 89

ED50

Lonxitude

Latitude

Lonxitude

Latitude

1

8°12’14,21’’

43°04’29,69’’

8°12’08,75’’

43°04’33,81’’

2

8°11’34,21’’

43°04’29,69’’

8°11’28,75’’

43°04’33,81’’

3

8°11’34,21’’

43°04’09,69’’

8°11’28,75’’

43°04’13,81’’

4

8°11’54,21’’

43°04’09,69’’

8°11’48,75’’

43°04’13,81’’

5

8°11’54,21’’

43°03’49,69’’

8°11’48,75’’

43°03’53,81’’

6

8°12’14,21’’

43°03’49,69’’

8°11’08,75’’

43°03’53,81’’

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras

E formular a súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, con enderezo no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria, prevista na Lei 22/2013, do 9 de decembro, á cal está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria ao amparo do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 6 de novembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña