Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a Resolución do 18 de setembro de 2017, ditada no expediente sancionador en materia de industria IN635C OU IN 2017/01.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), notifícase ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de industria por infracción do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial do Estado (BOE).

Consonte o establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015 e nos artigos 8.2.b), 14.1 e 46.1 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, por elección do demandante, ante o xulgado ou tribunal en cuxa circunscrición teña aquel o seu domicilio ou no que se atope o órgano autor do acto orixinario impugnado. Poderá, asemade, interpoñer calquera outro recurso ou exercer calquera acción que xulgue pertinente ao seu dereito.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a sanción poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte.

O pagamento realizarase por transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 5º andar, 32003 Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Conselleria de Economía e Facenda (DOG número 235, do 5 de decembro).

Ourense, 16 de novembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: IN635C OU IN 2017/1.

Denunciado: Benjamín Herrero Prada.

DNI: 34966299C.

Último enderezo coñecido: Veira de Cabo, s/n. O Barco de Valdeorras (Ourense).

Preceptos infrinxidos: artigos 33.3.m) do Decreto lexislativo 1/2015 e 31.2.m) da Lei 21/1992.

Resolución: 18 de setembro de 2017.

Sanción imposta: multa de cinco mil euros (5.000 €).