Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, sobre o expediente de reversión de terreos referente ao predio (polígono 30, parcela 416) no concello de Ribadeo (Lugo) afectado pola expropiación feita para a CE San Román fracción segunda 5534.2.

Por non poder practicarse as oportunas notificacións no enderezo que figura no expediente de reversión, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio se concede á empresa Cuarcitas y Ornamentos, S.L. cuxo representante é Juan Carlos Cela Cao, un prazo de 10 días hábiles, desde a publicación deste anuncio no BOE para que realice as alegacións e presente documentos ou a información que coide oportunas no expediente de reversión dos terreos afectados pola expropiación tramitada con base no Decreto 11/2010, do 28 de xaneiro (DOG núm. 29, do 12 de febreiro) para a CE San Román fracción segunda 5534.2 (polígono 30, parcela 416 do concello de Ribadeo), solicitada por Obdulia Fernández Díaz, herdeira de Adelina Díaz Martínez.

Lugo, 22 de novembro de 2017

Pilar Fernández López
Jefa territorial de Lugo