Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55222

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 29 de novembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias para a realización de actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

BDNS (Identif.): 373371.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

1. Serán beneficiarias as organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións a cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002 segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.

Segundo. Obxecto

A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.

Terceiro. Bases reguladoras

Estas axudas outórganse ao abeiro do disposto na Orde do 29 de novembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias para a realización de actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Cuarto. Importe

A repartición das axudas realizarase polo sistema de rateo ata esgotar o orzamento (210.000 euros).

O importe das subvencións reguladas nesta orde non poderá en ningún caso ser de tal contía que supere o custo das actividades que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias