Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 15 de novembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Juan María.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Juan María, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 28 de xullo de 2017, Francisco González Pino (35547413Q), no nome e representación de Urzaiz Líder, S.L. (B36884906), solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Juan María.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.

Cuarto. Con data do 13 de xullo de 2017 a Dependencia Rexional de Recadación na Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Pontevedra emite certificación da acta de adxudicación directa en que se declara adxudicatario da concesión administrativa e da batea Juan María (Cambados, C, 310) a Urzaiz Líder, S.L. (B36884906). No último parágrafo do documento indícase que a certificación constitúe documento público de venda para todos os efectos e o ben queda á disposición do adxudicatario.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Urzaiz Líder, S.L. (B36884906), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Juan María.

Situación:

Cuadrícula número: 310.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 3.5.1958.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Juan Carlos Núñez Reboredo (35436702G).

Nova titular: Urzaiz Líder, S.L. (B36884906).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A nova titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da venda en documento público.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 15 de novembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo