Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55251

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (585/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social foi ditada Resolución o 10 de novembro de 2017, dirixida a Monsial, S.L., contra a cal non se pode interpoñer recurso ningún. Faise saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Monsial, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de novembro de 2017

María Blanco Aquino
Letrada da Administración de xustiza