Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55249

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2615/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2615/2017-MRA

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 108/2016. Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, mutua Fraternidad Muprespa, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 275, Juan Seijo Domínguez, Roprovisa, S.L.

Avogado/a: letrado/a da Tesouraría da Seguridade Social, Juan Carlos Vázquez García, Rubén Lores Torres

Procuradora: Concepción Pérez García

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2615/2017 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, mutua Fraternidad Muprespa, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 275, Juan Seijo Domínguez e Roprovisa, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, con data do 20 de febreiro de 2017, debemos revogar e revogamos a dita resolución e confirmamos a resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social que declarou a Juan Seijo Domínguez en situación de incapacidade permanente total para a súa profesión habitual, derivada de accidente de traballo do 11 de decembro de 2015, e desestimamos a demanda interposta pola mutua Fraternidad Muprespa e coa absolución dos demandados.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Roprovisa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza