Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de incoación do expediente IN635C 2017/125-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase aos interesados que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 23 de novembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN635C 2017/125-1.

Interesado: Alejandro Rodríguez Pedreira.

CIF: 47357686L.

Acto de notificación: incoación do expediente sancionador.

Concello: A Coruña.

Expediente: IN 635C 2017/121-1.

Interesada: Climanosa, S.L.

CIF: B15945934.

Acto de notificación: incoación do expediente sancionador.

Concello: Arteixo.