Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de proposta de resolución do expediente IN 635C 2017/80-1 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se poidan realizar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Asemade, infórmase aos interesados que os expedientes estan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 23 de novembro do 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 635C 2017/80-1.

Interesada: Vida Ascensores, S.L.

CIF: B70235163.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: Oleiros.

Expediente: IN 635C 2017/88-1.

Interesada: Todo para el bronceado, S.A.

CIF: A16576919.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: A Coruña.

Expediente: IN 635C 2017/86-1.

Interesada: Auto Continental de Vehículos, S.L.

CIF: B15397606.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: Ames.

Expediente: IN 635C 2017/91-1.

Interesada: Guillermina Gutiérrez Álvarez.

CIF: 32653992H.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: Ferrol.