Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55726

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 121/2017, do 5 de outubro, polo que se establece o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Hípica.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é de competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81 daquela, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ao Estado o número 30 do punto 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, configura no seu artigo 3 as ensinanzas deportivas como ensinanzas de carácter especial e regula estas nos artigos 63 a 65. Segundo o artigo 63.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o currículo das ensinanzas deportivas axustarase ás exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional e ao establecido no número 3 do artigo 6.bis da lei orgánica. E, de conformidade co artigo 64.5 o Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, os aspectos básicos do currículo de cada unha delas e os requisitos mínimos dos centros en que se poderán impartir as ensinanzas respectivas.

Desenvolvendo as previsións da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en materia de ensinanzas deportivas, aprobouse o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial cuxo artigo 5 define a organización básica das ensinanzas deportivas, tomando como base as modalidades deportivas e, de ser o caso, as súas especialidades, de conformidade co recoñecemento outorgado polo Consello Superior de Deportes de acordo co artigo 8.b) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte. E o artigo 16.3 do citado real decreto dispón como as administracións competentes establecerán o currículo das modalidades e, de ser o caso, as especialidades deportivas, de acordo co previsto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta a realidade do sistema deportivo no territorio da súa competencia coa finalidade de que as ensinanzas deportivas respondan ás súas necesidades de cualificación.

Neste sentido, o Goberno da Nación aprobou o Real decreto 934/2010, do 23 de xullo, polo que se establece o título de técnico deportivo superior en Hípica e fixa as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso. O capítulo III deste real decreto concretou o perfil profesional do ciclo de grao superior en Hípica, que queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, polas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Logo de que o Goberno fixase no Real decreto 934/2010, do 23 de xullo, o perfil profesional do ciclo de grao superior en Hípica, as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, e aqueles outros aspectos da ordenación académica que constitúen os aspectos básicos do currículo, procede determinar, no ámbito de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a ampliación e contextualización dos contidos dos módulos de ensino deportivo incluídos no ciclo de grao superior, respectando os seus perfís profesionais.

Por outra banda, os centros de ensinanzas deportivas desenvolverán os currículos establecidos neste decreto co obxecto de adaptar a programación e a metodoloxía do currículo ás características do alumnado e ás posibilidades formativas do seu contorno, empregando, de ser o caso, as medidas flexibilizadoras que, no marco da normativa vixente, posibiliten adecuacións particulares do currículo en cada centro de acordo cos recursos dispoñibles, sen que en ningún caso supoña a supresión de obxectivos que afecten o perfil profesional do ciclo.

As ensinanzas que regula este decreto configúranse para dotar o alumnado dos coñecementos suficientes para permitirlles o exercicio competente das funcións do seu perfil profesional. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social da hípica.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo do ditame do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de outubro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Obxecto

Artigo 1. Obxecto

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Hípica, que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega.

CAPÍTULO II
Identificación do título e organización das ensinanzas

Artigo 2. Identificación do título de técnico deportivo superior en Hípica

O título de técnico deportivo superior en Hípica queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: hípica.

b) Nivel: ensinanzas deportivas de grao superior.

c) Duración: 1.150 horas.

d) Referente europeo: CINE-5b (Clasificación internacional normalizada de educación).

Artigo 3. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo superior en Hípica

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo superior en Hípica organízanse no ciclo de grao superior en Hípica, cunha duración de 1.150 horas.

Artigo 4. Especializacións do título de técnico deportivo superior en Hípica

O título de técnico deportivo superior en Hípica terá como especializacións:

a) Doma clásica.

b) Salto de obstáculos.

c) Concurso completo de equitación.

d) Adestramento paraecuestre de alto rendemento.

CAPÍTULO III
Perfil profesional e ámbito profesional, persoal e laboral deportivo do ciclo

Artigo 5. Perfil profesional do ciclo de grao superior en Hípica

O perfil profesional do ciclo de grao superior en Hípica queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Artigo 6. Competencia xeral do ciclo de grao superior en Hípica

A competencia xeral do ciclo de grao superior en Hípica consiste en programar e dirixir o adestramento deportivo orientado cara á obtención e mantemento do rendemento no xinete ou na xinete, o binomio, o cabalo e os equipos; organizar, tutelar e dirixir a participación destes ou destas en competicións de alto nivel; coordinar a intervención de persoal técnico especialista; programar as tarefas e coordinar o persoal técnico ao seu cargo; organizar competicións e eventos propios da iniciación e tecnificación deportiva; e todo iso de acordo cos obxectivos establecidos, o nivel óptimo de calidade e en condicións de seguridade.

Artigo 7. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo de grao superior en Hípica

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo de grao superior en Hípica son as que se relacionan a seguir:

a) Dominar as técnicas específicas das disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo co nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias do alto rendemento deportivo.

b) Analizar as condicións de adestramento dispoñibles, as características da competición e o contorno do xinete ou da xinete e do cabalo, para a planificación do adestramento cara ao alto rendemento.

c) Analizar e valorar os factores de rendemento (funcionais, técnicos, tácticos, psicolóxicos, etc.) do binomio propio das disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo para a planificación do adestramento.

d) Programar a medio e longo prazo o adestramento, os obxectivos e os medios necesarios nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, a partir das valoracións e análises realizadas nos xinetes ou nas xinetes, nos cabalos e nas condicións iniciais do ámbito deportivo.

e) Programar a curto prazo o adestramento, os obxectivos e os medios necesarios, e concretar as sesións nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, adecuándoas ao xinete ou á xinete, ao cabalo, ao binomio e ás condicións existentes de acordo coa programación xeral.

f) Dirixir a sesión de adestramento na etapa de alto rendemento do xinete ou da xinete, do cabalo e do binomio, solucionando as continxencias existentes para conseguir a implicación e o rendemento conforme os obxectivos propostos, e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

g) Xestionar e optimizar as instalacións, os equipamentos e os medios necesarios para a práctica nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo garantindo a súa adecuación ás exixencias do alto rendemento e a súa dispoñibilidade, respectando a normativa ambiental e os protocolos de seguridade establecidos.

h) Controlar a seguridade na práctica das disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, supervisando as instalacións e medios que se utilizarán.

i) Seleccionar, acompañar e dirixir os binomios e os equipos en competicións de alto rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, tomando as decisións máis adecuadas para o desenvolvemento da competición e conforme os obxectivos previstos, todo iso dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo e o bo trato ao cabalo.

j) Preparar, manter e transportar o cabalo atendendo ás súas necesidades e características, e ás demandas de adestramento e as competicións propias do alto rendemento.

k) Aplicar modelos de selección e identificación de cabalos, tendo en conta a información sobre os mercados e as orixes máis relevantes para a detección de talentos nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

l) Determinar a composición dos equipos de traballo de carácter multidisciplinar propios nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, e coordinar as súas accións dentro da programación.

m) Dirixir e coordinar recursos humanos, participar na formación do persoal técnico deportivo e organizar os recursos materiais, nun centro ecuestre, establecendo as programacións de referencia.

n) Organizar e xestionar competicións e eventos propios da tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, e dirixir o desenvolvemento técnico de eventos propios da alta competición nestas disciplinas.

ñ) Avaliar os procesos e os resultados obtidos, programando a recollida da información e realizando a súa análise, todo iso para conseguir a mellora permanente do adestramento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

o) Transmitir a través do comportamento ético persoal valores vinculados co xogo limpo, o respecto ás demais persoas, e o respecto e o coidado ao cabalo.

p) Manter unha identidade profesional e unha actitude de innovación e actualización que facilite a adaptación aos cambios que se produzan nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo e no seu ámbito organizativo.

Artigo 8. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo de grao superior en Hípica

1. Este profesional ou esta profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración Xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións e clubs deportivos e sociais, centros turísticos, centros de cría e amestramento do cabalo, escolas de equitación, centros educativos, empresas de servizos de actividades ecuestres no ámbito extraescolar, de recreo e de lecer, que ofrezan programas de perfeccionamento nas disciplinas hípicas e de amestramento do cabalo para o alto rendemento.

2. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes para estes profesionais ou estas profesionais son as seguintes:

a) Profesor ou profesora de equitación.

b) Director ou directora de escola de equitación.

c) Adestrador ou adestradora de hípica de alto nivel.

d) Director ou directora técnico/a.

3. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

CAPÍTULO IV
Estrutura das ensinanzas do ciclo de grao superior de ensino deportivo conducentes ao título de técnico deportivo superior en Hípica

Artigo 9. Estrutura do ciclo de grao superior en Hípica

1. O ciclo de grao superior en Hípica estrutúrase en módulos, agrupados en bloque común e bloque específico.

2. Os módulos de ensino deportivo do ciclo de grao superior en Hípica son os que a seguir se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

MED-C303. Formación de formadores ou formadoras deportivos/as.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

b) Módulos do bloque específico:

MED-HIHI302. Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

MED-HIHI304. Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI305. Dirección e xestión dun centro ecuestre.

MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI309. Proxecto.

MED-HIHI310. Formación práctica.

3. A distribución horaria das ensinanzas do ciclo de grao superior en Hípica establécese no anexo I.

4. Os obxectivos xerais e os módulos de ensino deportivo do ciclo de grao superior en Hípica quedan desenvolvidos no anexo II.

Artigo 10. Ratio profesorado/alumnado

1. Para impartir os módulos do bloque común e os resultados de aprendizaxe de carácter conceptual dos módulos do bloque específico, do ciclo de grao superior en Hípica, a relación profesorado/alumnado será de 1/30.

2. Para impartir os resultados de aprendizaxe de carácter procedemental dos módulos do bloque específico do ciclo de grao superior en Hípica, a relación profesorado/alumnado será a recollida no anexo III.

Artigo 11. Módulo de formación práctica

Para iniciar os módulos de formación práctica do ciclo de grao superior en Hípica, será necesario ter superado con anterioridade os módulos comúns e específicos de ensino deportivo que se establecen no anexo IV.

Artigo 12. Espazos e equipamentos deportivos

Os espazos e equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas do ciclo de grao superior en Hípica son os establecidos no anexo V.

CAPÍTULO V
Acceso ao ciclo de grao superior

Artigo 13. Requisitos xerais de acceso ao ciclo de grao superior en Hípica

Para acceder ao ciclo de grao superior en Hípica será necesario ter o título de bacharel ou equivalente para os efectos de acceso, así como o título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

Artigo 14. Requisitos de acceso ao ciclo de grao superior en Hípica para persoas sen o título de bacharel

Poderase acceder ás ensinanzas do ciclo de grao superior en Hípica, sen o título de bacharel, sempre que a persoa aspirante posúa o título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, reúna os outros requisitos de carácter específico que se establezan no decreto e, ademais, cumpra as condicións de idade e supere a proba correspondente conforme o artigo 31.1.a) do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

Artigo 15. Requisitos de acceso específicos ao ciclo de grao superior en Hípica

1. Para acceder ao ciclo de grao superior en Hípica será necesario superar a proba de carácter específico que se establece no anexo VI.

2. A proba de carácter específico do ciclo grao superior en Hípica acredita a competencia profesional de «Dominar as técnicas específicas das disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo co nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias do alto rendemento deportivo», recollida no artigo 7, e á que no título se lle asigna unha carga horaria de formación de 200 horas ou 16 créditos ECTS sobre a duración total do ciclo de grao superior en Hípica.

3. Para a superación da proba de carácter específico será necesaria a avaliación positiva na totalidade dos criterios de avaliación descritos nela.

Artigo 16. Efectos e vixencia das probas de carácter específico

1. A superación das probas de carácter específico, que se establecen para o acceso ao ciclo de grao superior en Hípica, terá efectos en todo o territorio nacional.

2. A superación das probas de carácter específico, que se establecen no anexo VI, terá unha vixencia de 18 meses, contados a partir da data de finalización daquelas.

Artigo 17. Exención da superación da proba de carácter específico das persoas deportistas de alto nivel e alto rendemento

Estarán exentos/as de superar a proba de carácter específico que se establece para ter acceso ao ciclo de grao superior en Hípica aquelas persoas deportistas que acrediten:

a) A condición de deportista de alto nivel nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento en hípica.

b) Ter sido seleccionado/a pola Real Federación Hípica Española para representar a España, dentro dos dous últimos anos en, polo menos, unha competición oficial internacional de categoría absoluta, na disciplina correspondente. Entenderanse como competición oficial os campionatos de Europa ou do Mundo nas disciplinas hípicas de Salto de Obstáculos, Doma Clásica e Concurso Completo.

Artigo 18. Composición e perfil do tribunal da proba de carácter específico

1. O tribunal estará composto por unha presidencia, unha secretaría e un mínimo de tres avaliadores/as.

2. O persoal avaliador das probas de carácter específico deberá acreditar a titulación de técnico deportivo superior en Hípica.

3. O tribunal será nomeado polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. No tribunal avaliador procurarase unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

Artigo 19. Funcións do tribunal avaliador da proba de carácter específico

1. O tribunal da proba de carácter específico terá as seguintes funcións:

a) A organización da proba de carácter específico con arranxo ao especificado no anexo VI.

b) Garantir o correcto desenvolvemento das probas de carácter específico, comprobando que os obxectivos, os contidos e a avaliación dos exercicios que compoñen as probas se ateñen ao establecido na súa descrición.

c) O persoal avaliador realizará a valoración das actuacións das persoas aspirantes de conformidade co establecido nos criterios de avaliación dos resultados de aprendizaxe da proba de carácter específico.

d) A avaliación final das persoas aspirantes.

e) Calquera outra que sexa inherente ao desenvolvemento da súas funcións.

2. O tribunal, como órgano colexiado, rexerase polo establecido na sección 3ª do capítulo II do título preliminar da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, aplicable nos seus aspectos básicos, así como polo establecido na sección III, do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

3. No caso de que algunha das persoas aspirantes acredite algún tipo de discapacidade, o tribunal actuará de acordo co disposto na disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

CAPÍTULO VI
Profesorado

Artigo 20. Requisitos de titulación do profesorado en centros públicos

Os requisitos de titulación do profesorado en centros públicos determinaranse en función do bloque de ensinanza deportiva en que impartirá a docencia:

a) A docencia dos módulos do bloque común que constitúen as ensinanzas deportivas do ciclo de grao superior en Hípica, corresponde ao profesorado do corpo de profesores ou profesoras de ensino secundario e do corpo de catedráticos ou catedráticas de ensino secundario, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo VII.

b) A docencia dos módulos do bloque específico que constitúen as ensinanzas deportivas do ciclo de grao superior en Hípica está especificada no anexo VIII-A, e corresponde a:

1. Profesorado especialista que posúa o título de técnico deportivo superior en Hípica, ou aquelas persoas non tituladas que acrediten a experiencia no ámbito laboral e deportivo, ou a experiencia docente, detallada no anexo VIII-B.

2. Profesorado dos corpos de profesores ou profesoras de ensino secundario e catedráticos ou catedráticas de ensino secundario, coa especialidade en Educación Física, e que posúan o título de técnico deportivo superior en Hípica.

Artigo 21. Requisitos de titulación do profesorado en centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación

As titulacións requiridas para a impartición dos módulos tanto do bloque común como do bloque específico que forman o ciclo de ensino deportivo de grao superior en Hípica, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas da consellería competente en materia de educación, concrétanse no anexo IX.

CAPÍTULO VII
Vinculación a outros estudos

Artigo 22. Acceso a outros estudos

1. O título de técnico deportivo superior en Hípica permite o acceso directo para cursar os ensinos conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.

2. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións, asignáronse 92 créditos ECTS á duración total das ensinanzas do ciclo de grao superior establecidas no artigo 3.

3. O número de créditos ECTS atribuído a cada un dos módulos de ensino deportivo do ciclo de grao superior en Hípica e á proba de carácter específico establécense, respectivamente, no anexo I e no artigo 15.

Artigo 23. Validación das ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en Hípica

1. En materia de validacións observarase o disposto no artigo 25.1 do Real decreto 934/2010, do 23 de xullo.

2. Serán obxecto de validación os módulos comúns e específicos de ensino deportivo coa mesma denominación e código.

3. A superación da totalidade dos módulos do bloque común do terceiro nivel, en calquera das modalidades ou especialidades deportivas dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común do ciclo de ensino deportivo de grao superior en Hípica. A superación da totalidade dos módulos do bloque común do ciclo de ensino deportivo de grao superior en Hípica, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común, do terceiro nivel, dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Artigo 24. Exención do módulo de formación práctica

Poderán ser obxecto de exención total ou parcial o módulo de formación práctica do ciclo de grao superior en Hípica, en función da súa correspondencia coa experiencia no ámbito deportivo ou laboral, detallada no anexo X.

Artigo 25. Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo coa experiencia docente

1. A correspondencia formativa entre os módulos de ensino deportivo do ciclo de grao superior en Hípica e a experiencia docente acreditable das formacións anteriores de adestradores ou adestradoras deportivos/as ás que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, e as formacións de adestradores ou adestradoras ás que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, establécese no anexo XI.

2. A correspondencia formativa será aplicada polos centros, seguindo o procedemento establecido pola consellería competente en materia de educación.

Disposición adicional primeira. Oferta a distancia dos módulos de ensino deportivo do título de técnico deportivo superior en Hípica

Os módulos de ensino deportivo que se establecen no anexo XII poderán ofertarse a distancia, sempre que se garanta que o alumnado pode conseguir os resultados de aprendizaxe daqueles, de acordo co disposto no decreto. Para iso, a consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias, adoptará as medidas que xulgue necesarias e ditará as instrucións precisas.

Disposición adicional segunda. Medidas de apoio ao profesorado

A consellería competente en materia de educación contemplará medidas de apoio ao profesorado, especialmente na formación permanente e na investigación e innovación nesta etapa educativa, para contribuír ao mellor desenvolvemento e aplicación do currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Hípica.

Disposición adicional terceira. Non regulación de profesión titulada

De conformidade co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, os elementos recollidos no decreto non constitúen unha regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de educación, no relativo á organización e materias propias do seu departamento, para ditar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento normativo do decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de outubro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Distribución horaria das ensinanzas e equivalencia en créditos ECTS

Ciclo de grao superior en Hípica.

Requisitos de carácter específico

Carga horaria

Equivalencia en créditos ECTS

Proba RAE-HISD301, de carácter específico para o acceso ás ensinanzas de ciclo de grao superior en Hípica.

200 h.

16

Bloque común

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

60 h.

5

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

45 h.

3

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

55 h.

4

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

40 h.

4

Total

200 h.

16

Bloque específico

MED-HIHI302. Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

75 h.

6

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

30 h.

2

MED-HIHI304. Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

100 h.

8

MED-HIHI305. Dirección e xestión dun centro ecuestre.

30 h.

2

MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

100 h.

8

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

100 h.

8

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

40 h.

4

MED-HIHI309. Proxecto.

75 h.

6

MED-HIHI310. Formación práctica.

200 h.

16

Total

750 h.

60

Total (proba RAE-HISD301 + BC + BE)

1.150 h.

92

ANEXO II
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo
do ciclo de grao superior en Hípica

Obxectivos xenerais:

a) Seleccionar e xustificar os procedementos da valoración do contorno do binomio, dos medios materiais e instalacións dispoñibles e do regulamento das disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, identificando as súas características e aplicando os procedementos de análises.

b) Seleccionar e xustificar os procedementos de análises dos factores de rendemento do binomio, e os criterios de selección dos xinetes ou das xinetes, dos cabalos e os binomios nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, identificando as súas características e aplicando os procedementos establecidos.

c) Elixir e xustificar os procedementos de determinación dos obxectivos, medios e métodos do adestramento, dos factores de rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, identificando os principios do adestramento e da aprendizaxe motora aplicables, para programar a curto, medio e longo prazo.

d) Analizar a complexidade das tarefas e os factores relativos á carga de traballo do xinete ou da xinete, do cabalo e do binomio, deseñando actividades en supostos establecidos e aplicando os principios e métodos do adestramento, para concretar as sesións de traballo.

e) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de control das continxencias propias do alto rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, aplicando procedementos de dinamización e control, e resolvendo supostos, para dirixir sesións a xinetes e binomios.

f) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de amestramento do cabalo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, aplicando procedementos específicos, resolvendo supostos e aplicando normas de protección do cabalo.

g) Seleccionar, comprobar e valorar os medios materiais, equipamentos e instalacións propias do alto rendemento deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente, para optimizar o seu uso.

h) Avaliar as condicións de seguridade das instalacións e medios propios do alto rendemento deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

i) Analizar a competición de alto rendemento, o seu contorno e as estratexias utilizadas, aplicando procedementos establecidos e tendo en conta as características das persoas participantes, as exixencias da competición e o regulamento, para dirixir o binomio en competicións deste nivel nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

j) Seleccionar os plans de alimentación, recuperación, mantemento e transporte do cabalo de alto rendemento, aplicando procedementos establecidos e identificando as súas características, analizando os coidados veterinarios propios da competición e o adestramento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

k) Xustificar os criterios de selección dos cabalos nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, analizando as características dos mercados e as liñas de cría para a detección de talentos.

l) Analizar e xustificar as necesidades de intervención doutro persoal especialista na preparación do alto rendemento, describindo as funcións e obxectivos que se van desenvolver, para determinar a constitución e coordinación de equipos de traballo multidisciplinares.

m) Identificar e analizar as características organizativas, medios materiais e humanos, aplicando procedementos establecidos de xestión e comunicación, para dirixir un centro ecuestre.

n) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e eventos propios do nivel de tecnificación deportiva, para xestionar as competicións nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

ñ) Analizar as características técnicas de competicións de alto nivel nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, enumerando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios, aplicando o marco legal que as regula, para colaborar na xestión de competicións e eventos.

o) Deseñar e xustificar os procedementos de recollida de información e valoración do proceso de alto rendemento e dos resultados obtidos, aplicando procedementos establecidos, analizando as variables que interveñen nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

p) Describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes das persoas deportistas, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nos cabalos o comportamento dos xinetes ou das xinetes.

q) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe continua, describindo os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

r) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero.

s) Desenvolver e transmitir a través do comportamento ético persoal valores vencellados co xogo limpo, o respecto aos demais, o respecto e coidado do propio corpo, evitando os comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.

Módulo común de ensino deportivo: Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

Código: MED-C301.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Analiza os principais conceptos do metabolismo enerxético e do sistema neuromuscular recoñecendo as adaptacións fisiolóxicas ao adestramento máis importantes.

a) Identificáronse as principais adaptacións fisiolóxicas ao adestramento.

b) Analizáronse os principais conceptos relacionados co metabolismo enerxético.

c) Analizáronse as vías metabólicas durante o exercicio.

d) Analizáronse os diferentes tipos de metabolismo.

e) Analizáronse as principais adaptacións fisiolóxicas ao adestramento.

f) Identificáronse e describíronse os tipos de metabolismo aeróbico e anaeróbico.

g) Analizáronse as adaptacións a curto prazo dos principais sistemas e aparellos do corpo humano (circulatorio, respiratorio, renal, endócrino e hormonal).

h) Analizáronse as adaptacións a longo prazo dos principais sistemas e aparellos do corpo humano (circulatorio, respiratorio, renal, endócrino e hormonal).

i) Identificouse e describiuse o concepto de eficiencia ou economía enerxética.

j) Identificouse e describiuse o concepto de potencia aeróbica máxima e as súas características máis importantes.

k) Identificouse e describiuse o concepto de limiar aeróbico e anaeróbico e as súas características máis importantes.

l) Analizouse a relación entre o VO2 máx., o limiar aeróbico e anaeróbico e as zonas metabólicas de adestramento.

m) Analizouse o sistema neuromuscular e os determinantes fisiolóxicos e mecánicos da forza, a potencia, a flexibilidade e elasticidade muscular.

n) Identificouse e describiuse o concepto de forza isométrica e dinámica máxima, forza explosiva, potencia, curva forza-tempo e a 1 RM.

ñ) Analizáronse as necesidades específicas de flexibilidade articular e elasticidade muscular en relación coa resistencia e a forza.

o) Identificáronse e analizáronse as adaptacións fisiolóxicas da muller ao adestramento.

p) Valorouse a importancia das adaptacións fisiolóxicas individuais ao adestramento.

2. Selecciona a persoa deportista para a alta competición analizando os factores fisiolóxicos que inflúen no alto rendemento.

a) Xustificáronse os principais factores limitativos do rendemento.

b) Definíronse os factores fisiolóxicos que demanda o alto rendemento deportivo no adestramento e na competición.

c) Analizáronse os fundamentos da valoración da capacidade funcional con vistas ao alto rendemento.

d) Interpretáronse os resultados da valoración da capacidade funcional atendendo ás diferenzas entre homes e mulleres.

e) Interpretáronse os datos dunha valoración da composición corporal atendendo ás diferenzas entre homes e mulleres.

f) Identificouse a tecnoloxía axeitada na valoración fisiolóxica da persoa deportista nun suposto práctico.

g) Describíronse as características e o funcionamento da tecnoloxía utilizada na valoración fisiolóxica da persoa deportista.

h) Analizouse o equipo técnico de persoal especialista relacionado co alto rendemento deportivo identificando as súas funcións.

i) Identificáronse e organizáronse equipos de traballo no alto rendemento deportivo.

j) Valorouse a importancia da valoración fisiolóxica da persoa deportista como elemento de selección.

k) Identificáronse os principais condicionantes fisiolóxicos no adestramento das persoas deportistas con discapacidade.

3. Colabora co persoal especialista na determinación da dieta e na prescrición de axudas ergonutricionais analizando os principais conceptos de nutrición deportiva e os efectos nocivos das substancias dopantes para a saúde.

a) Identificáronse os principais conceptos de nutrición deportiva.

b) Interpretáronse os resultados da valoración nutricional da persoa deportista.

c) Analizáronse os principios fundamentais da nutrición deportiva.

d) Identificáronse as principais axudas ergonutricionais e os seus efectos.

e) Identificáronse as principais substancias dopantes e os seus efectos nocivos para a saúde.

f) Aplicáronse conceptos de nutrición deportiva na reposición hídrica.

g) Aplicáronse conceptos de fisioloxía para a recuperación de depósitos de hidratos de carbono.

h) Colaborouse co persoal especialista na determinación da dieta das persoas deportistas.

i) Colaborouse co persoal especialista na prescrición de axudas ergonutricionais.

j) Interpretáronse dietas das persoas deportistas en situacións precompetitivas, competitivas e poscompetitivas.

k) Formuláronse dietas e axudas ergoxénicas de deportistas en situacións precompetitivas, competitivas e poscompetitivas.

l) Xustificouse o traballo en equipo con nutricionistas identificando as súas funcións.

m) Valorouse a importancia da colaboración co persoal especialista na formulación de dietas e o control do peso.

4. Dirixe a preparación da persoa deportista relacionando os principios da carga e o control do adestramento e comparando os principais medios e métodos de recuperación deportiva.

a) Analizáronse e clasificáronse os diferentes tipos de fatiga.

b) Analizáronse os principais mecanismos de fatiga deportiva.

c) Analizáronse os efectos da fatiga deportiva no sistema neuromuscular, endócrino e inmunolóxico.

d) Aplicáronse diferentes métodos de recuperación, segundo o mecanismo de produción da fatiga deportiva.

e) Organizáronse diferentes programas de recuperación deportiva.

f) Valorouse a importancia da carga e o control do adestramento.

g) Identificáronse os principais parámetros relacionados co control da carga de adestramento.

h) Elaboráronse diferentes ferramentas de control do adestramento.

i) Diferenciouse a fatiga aguda da sobrecarga.

j) Diferenciouse a sobrecarga deportiva do sobreadestramento.

k) Xustificouse o control do adestramento dentro do proceso de dirección do adestramento.

5. Programa e dirixe o adestramento en condicións especiais identificando as bases e as súas características máis importantes.

a) Analizáronse as bases dos adestramentos en condicións especiais de temperatura extrema (calor e frío) e humidade.

b) Analizáronse as bases dos adestramentos en condicións especiais de altitude moderada.

c) Analizáronse e comparáronse as vantaxes e desvantaxes fisiolóxicas do adestramento en altitude moderada con respecto ao adestramento a nivel do mar.

d) Analizáronse as bases dos adestramentos en situacións de grandes cambios horarios.

e) Deseñáronse adestramentos en situacións de altitude moderada.

f) Deseñáronse adestramentos en situacións de cambios horarios.

g) Deseñáronse adestramentos en situacións de calor, frío ou humidade.

h) Deseñáronse estratexias de adaptación á altitude moderada.

i) Deseñáronse estratexias de adaptación aos grandes cambios horarios.

j) Deseñáronse estratexias de adaptación á calor.

k) Deseñáronse estratexias de adaptación ao frío.

l) Colaborouse co persoal especialista na dirección do adestramento en condicións especiais (altitude, cambios horarios, frío, calor, humidade, etc.).

Contidos básicos:

1. Analiza os principais conceptos do metabolismo enerxético e do sistema neuromuscular recoñecendo as adaptacións fisiolóxicas ao adestramento máis importantes.

• Metabolismo, transporte e almacenamento de nutrientes: principais conceptos.

• Principais vías metabólicas.

• Adaptacións funcionais a curto e a longo prazo.

• Adaptacións funcionais no adestramento deportivo: aparello circulatorio, respiratorio, locomotor, renal, endócrino e hormonal. Diferenzas por razón de sexo.

• Eficiencia ou economía enerxética.

• Capacidade aeróbica máxima: concepto e características.

• Transición aeróbica/anaeróbica.

• Zonas metabólicas e limiares de adestramento: conceptos, características e identificación.

• Modificacións hormonais co adestramento da forza.

• Valoración do metabolismo aeróbico e anaeróbico.

• Identificación de limiares da zona de transición aeróbica/anaeróbica e da capacidade aeróbica máxima.

• Valoración das adaptacións fisiolóxicas ao adestramento. Diferenzas por razón de sexo.

• A sarcómera: concepto e características.

• A fibra e miofibra muscular: características e tipos.

• A unidade motriz: concepto e características.

• A 1 RM: concepto, características e identificación.

• Potencia muscular máxima: concepto, características e identificación.

• Curva forza-tempo: concepto, características e identificación.

• Medición e valoración da forza dinámica máxima e a potencia muscular máxima.

• Os fusos musculares e os órganos tendinosos de Golgi (OTG): concepto e características.

• Medición e valoración da flexibilidade e elasticidade específica deportiva.

2. Selecciona a persoa deportista para a alta competición analizando os factores fisiolóxicos que inflúen no alto rendemento.

• Principais factores limitativos do adestramento.

• Factores fisiolóxicos no alto rendemento.

• Sistemas avanzados para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais e coordinativas.

• Coordinación de equipos de traballo no alto rendemento deportivo.

• Tecnoloxía para a valoración fisiolóxica da persoa deportista (laboratorio e campo).

• Principais condicionantes fisiolóxicos en deportistas con discapacidade (física, intelectual e sensorial).

• Determinación de métodos avanzados para o alto rendemento deportivo.

• Determinación de equipos de traballo no alto rendemento deportivo.

• Identificación de tecnoloxía para a valoración fisiolóxica das persoas deportistas.

• Interpretación de resultados de valoracións funcionais.

• Determinación da composición corporal, mediante a medición de dobreces cutáneas e diámetros óseos.

• Consideracións na prescrición de exercicio en relación coas persoas con discapacidade.

• Métodos alternativos de valoración funcional da condición física e o rendemento deportivo en deportistas con discapacidade.

• Aceptación do traballo en equipo no desenvolvemento dos adestramentos en alto rendemento deportivo.

3. Colabora co persoal especialista na determinación da dieta e na prescrición de axudas ergonutricionais analizando os principais conceptos de nutrición deportiva e os efectos nocivos das substancias dopantes para a saúde.

• Axudas ergonutricionais: suplementos, intermediarios metabólicos e outras substancias.

• Determinación da necesidade de prescrición de axudas ergoxénicas.

• A dopaxe: concepto e efectos nocivos sobre a saúde. Lista de substancias prohibidas:

– O control antidopaxe: organismos e métodos.

– Toma de conciencia da importancia e a incidencia da dopaxe na saúde das persoas deportistas.

• Composición corporal: compoñentes, métodos, aparellos e interpretación de resultados:

– Determinación da composición corporal das persoas deportistas: determinación dos aspectos que hai que avaliar en relación á composición corporal, selección de test ou medios de valoración, aplicación de test ou medios de valoración. A variable sexo como elemento diferenciador.

• Estado nutricional: compoñentes, métodos, aparellos e interpretación de resultados:

– Necesidades dietéticas e de hidratación na práctica da actividade física.

– Bases da nutrición deportiva.

– Bases do traballo co persoal especialista do ámbito (nutricionista). Funcións.

– Control do estado nutricional das persoas deportistas: determinación dos aspectos que se van avaliar, selección de test ou medios de valoración, aplicación de test ou medios de valoración.

– Colaboración co persoal especialista na realización de dietas e axudas ergonutricionais.

– Elaboración de dieta precompetitiva, competitiva e poscompetitiva.

– Aceptación do traballo co persoal especialista.

4. Dirixe a preparación da persoa deportista relacionando os principios da carga e o control do adestramento e comparando os principais medios e métodos de recuperación deportiva.

• Fatiga, sobrecarga e sobreadestramento: concepto, tipos, mecanismos de produción, indicadores e formas de prevención:

– Efectos da fatiga no sistema neuromuscular, endócrino e inmunolóxico.

• A recuperación: concepto, pautas de recuperación e técnicas de recuperación activa e pasiva:

– A recuperación física no alto rendemento: procesos fisiolóxicos.

• Métodos de control e valoración do adestramento no alto rendemento deportivo:

– O control do adestramento e a competición no alto rendemento deportivo: funcións e características.

• A valoración das capacidades condicionais e coordinativas no alto rendemento deportivo.

• Instrumentos para a avaliación do proceso e dos resultados no alto rendemento deportivo.

• Determinación das cargas de adestramento e a súa progresión en función do nivel das persoas deportistas.

• Selección de métodos e medios de adestramento en función dos obxectivos do adestramento e da competición no alto rendemento deportivo, das características das persoas deportistas e da súa adaptación ao esforzo.

• Identificación dos indicadores de fatiga, recuperación e sobreadestramento.

• Determinación do proceso e do obxecto da avaliación no adestramento e a competición.

• Deseño e selección dos instrumentos e recursos para a avaliación e o control do adestramento e a competición propios do alto rendemento deportivo (diarios de adestramento, test físicos, test fisiolóxicos, etc.).

• Valoración da necesidade dunha constante utilización dos métodos de observación e control como mellora do proceso de adestramento e da competición.

• Valoración da importancia da axeitada recuperación da fatiga.

5. Programa e dirixe o adestramento en condicións especiais identificando as bases e as súas características máis importantes.

• Factores ambientais que inflúen no adestramento de alto rendemento: a altitude, o estrés térmico, o cambio horario, a humidade, etc.

• Fisioloxía do adestramento en altitude: efectos, adaptacións xerais e respostas ao esforzo (cardiovasculares, respiratorias, dixestivas, renais, endócrinas, metabólicas, neurolóxicas, dermatolóxicas e infecciosas).

• Efectos fisiolóxicos do cambio horario.

• Termorregulación e exercicio intenso. Exercicio en calor. Exercicio en frío. Exercicio en humidade.

• Programación do adestramento en altitude moderada, cambio horario e en situacións de temperatura extrema.

• Adaptacións á altura, á calor, ao frío, á humidade e aos cambios horarios.

• Deseño e elaboración de programacións en situacións de cambio horario, de temperatura (frío e calor) e humidade extrema e de altitude moderada.

• Deseño e elaboración de sesións de adestramento en situacións de cambios horarios, temperaturas extremas (frío e calor) e de altitude moderada.

• Aceptación do traballo co persoal especialista.

Módulo común de ensino deportivo: Factores psicosociais do alto rendemento.

Código: MED-C302.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Selecciona a persoa deportista para a alta competición, analizando as características psicolóxicas das persoas deportistas e equipos de alto nivel e as exixencias psicolóxicas do alto rendemento.

a) Definíronse as características psicolóxicas que demanda o alto rendemento deportivo no adestramento e na competición.

b) Describíronse as características psicolóxicas das persoas deportistas e equipos de alto nivel.

c) Analizáronse especificamente peculiaridades psicolóxicas das mulleres deportistas no alto rendemento.

d) Analizáronse os condicionantes psicolóxicos e as consideracións específicas das persoas deportistas con discapacidade no alto rendemento.

e) Establecéronse as contribucións dos aspectos psicolóxicos á progresión e ao rendemento das persoas deportistas de alto nivel.

f) Propuxéronse criterios psicolóxicos para seleccionar deportistas de alto nivel, en función das exixencias do adestramento e a competición de alto nivel.

g) Aplicáronse procedementos psicolóxicos de detección de deportistas de alto nivel, mediante a realización de entrevistas e a observación de deportistas en competicións simuladas.

h) Aplicáronse procedementos de avaliación psicolóxica en situacións simuladas de adestramento e de competición.

i) Argumentouse a necesidade de integrar as características psicolóxicas na avaliación do rendemento das persoas deportistas de alto nivel.

j) Promoveuse a incorporación de protocolos psicolóxicos na detección de deportistas de alto nivel.

2. Valora o contorno da persoa deportista, analizando os aspectos sociais que afectan o seu rendemento deportivo e facilitan a súa formación académica e desenvolvemento persoal.

a) Recoñecéronse os aspectos sociais do contorno da persoa deportista de alto nivel que afectan o seu rendemento.

b) Definíronse os aspectos sociais do contorno da persoa deportista que facilitan a súa formación académica.

c) Analizáronse as características específicas do contorno da persoa deportista con discapacidade no alto rendemento.

d) Describíronse as interaccións entre as características psicolóxicas das persoas deportistas de alto nivel e os aspectos sociais do seu contorno.

e) Aplicáronse procedementos de avaliación do contorno da persoa deportista que afectan o seu rendemento, nun suposto práctico.

f) Aplicáronse, en situacións simuladas, os medios de que dispón o adestrador ou adestradora na xestión do contorno, de maneira que non interfira no proceso de formación deportiva e académica da persoa deportista.

g) Argumentouse a conveniencia de que o adestrador ou adestradora facilite á persoa deportista a posibilidade de compaxinar a carreira deportiva coa formación académica e a conciliación da vida familiar e deportiva.

h) Localizáronse as axudas e fontes de información de que dispoñen as persoas deportistas de alto nivel para facilitar a súa integración na vida laboral, unha vez rematada a súa carreira deportiva.

i) Recoñeceuse a importancia de incorporar a análise dos aspectos sociais do contorno da persoa deportista na avaliación do seu rendemento.

j) Valorouse a actitude positiva do adestrador ou adestradora cara ao recoñecemento e prevención dos problemas de inserción laboral máis frecuentes nas persoas deportistas de alto nivel.

k) Argumentouse a relación existente entre o estancamento do rendemento deportivo e a incerteza nas perspectivas de futuro da persoa deportista pola falta de apoio persoal e social.

3. Dirixe a preparación da persoa deportista, estruturando os procedementos e métodos de preparación psicolóxica en relación cos procesos de motivación e afrontamento da alta competición.

a) Identificáronse os procesos de motivación propios das persoas deportistas de alto nivel.

b) Demostráronse procedementos psicolóxicos de mantemento da motivación das persoas deportistas de alto nivel ao longo da tempada deportiva.

c) Integráronse, nun suposto práctico de preparación deportiva, os procedementos psicolóxicos necesarios no mantemento da motivación das persoas deportistas de alto nivel ao longo da tempada.

d) Describíronse os procesos relacionados coa forma en que a persoa deportista de alto nivel afronta a competición.

e) Aplicáronse métodos de preparación psicolóxica na mellora do afrontamento que as persoas deportistas de alto nivel fan da competición en situacións simuladas.

f) Deseñáronse planificacións deportivas e sesións de adestramento que consideran a mellora dos procesos de afrontamento da competición.

g) Describíronse os aspectos da preparación deportiva susceptibles de ser derivados ao persoal profesional da psicoloxía.

h) Recoñeceuse a pertinencia de integrar a preparación psicolóxica na preparación xeral da persoa deportista.

4. Coordina o equipo de persoal técnico especialista en ciencias aplicadas ao deporte, identificando as funcións do psicólogo ou psicóloga e aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

a) Definíronse os roles do profesional ou da profesional da psicoloxía, diferenciándoos das funcións do adestrador ou adestradora.

b) Describíronse os diferentes estilos de liderado de que dispón o adestrador ou adestradora para optimizar o rendemento do equipo do persoal técnico especialista.

c) Identificáronse aquelas pautas de comunicación que pode utilizar o adestrador ou adestradora para xerar credibilidade no seu equipo de persoal técnico especialista.

d) Aplicáronse os estilos de liderado e as pautas de comunicación co obxectivo de xestionar os recursos humanos do persoal técnico en situacións simuladas de traballo en equipo.

e) Describíronse as pautas necesarias na incorporación das achegas especializadas do persoal profesional da psicoloxía á preparación da persoa deportista.

f) Deseñáronse planificacións deportivas que consideren o traballo especializado do persoal profesional da psicoloxía deportiva, asignándolle obxectivos e medios de traballo para desenvolver a súa achega.

g) Xustificouse a conveniencia de dispoñer de equipos de persoal técnico especialista en ciencias do deporte.

Contidos básicos:

1. Selecciona a persoa deportista para a alta competición analizando as características psicolóxicas das persoas deportistas e equipos de alto nivel e as exixencias psicolóxicas do alto rendemento.

• Condicionantes psicolóxicos do alto rendemento deportivo e características psicolóxicas das persoas deportistas e equipos de alto nivel.

• Condicionantes psicolóxicos e consideracións específicas das persoas deportistas con discapacidade no alto rendemento.

• Condicionantes psicolóxicos e consideracións específicas da muller deportista de alto rendemento.

• Contribucións dos aspectos psicolóxicos á progresión e ao rendemento das persoas deportistas de alto nivel.

• Identificación do perfil psicolóxico das persoas deportistas e equipos de alto nivel.

• Importancia dos aspectos psicolóxicos nos procesos de detección de deportistas de alto nivel.

• Criterios psicolóxicos na selección de deportistas de alto nivel.

• Aplicación de procedementos de selección psicolóxica de deportistas de alto nivel.

• Métodos de avaliación dos aspectos psicolóxicos implicados no adestramento e na competición.

• Rexistro e análise da actuación psicolóxica das persoas deportistas en adestramento e en competición.

• A necesidade de integrar aspectos psicolóxicos na avaliación do rendemento deportivo.

2. Valora o contorno da persoa deportista analizando os aspectos sociais que afectan o seu rendemento deportivo e facilitan a súa formación académica.

• Aspectos sociais do contorno da persoa deportista de alto nivel relacionados co rendemento deportivo e académico (familia, relacións sociais e afectivas, centro educativo e/ou laboral, club, federación, patrocinadores/as, representantes e medios de comunicación).

• Características específicas do contorno da muller deportista.

• Interaccións entre as características psicolóxicas das persoas deportistas de alto nivel e os aspectos sociais do seu contorno.

• Avaliación dos aspectos sociais do contorno da persoa deportista relacionados coa súa progresión deportiva e coa súa formación académica.

• Características específicas do contorno da persoa deportista con discapacidade no alto rendemento.

• A xestión do contorno por parte do adestrador ou adestradora para que non interfira na preparación deportiva e académica ou no rendemento deportivo da persoa deportista:

– A formación psicolóxica dos pais e as nais de deportistas.

– A educación dos medios de comunicación.

– A elaboración de normativas que regulen a relación das persoas deportistas co seu contorno.

• Desenvolvemento dunha actitude positiva no adestrador ou adestradora que facilite á persoa deportista compaxinar os seus estudos coa práctica deportiva.

• Conciliación persoal, familiar e deportiva, e as expectativas de maternidade das deportistas durante a vida deportiva. Actitude do adestrador ou adestradora.

• Problemas de inserción laboral máis frecuentes en persoas deportistas de alto nivel. Identificación das axudas e fontes de información que facilitan a integración das persoas deportistas de alto nivel á vida laboral.

• A actitude positiva do adestrador ou adestradora cara ao recoñecemento e a prevención de problemas de inserción laboral nas persoas deportistas de alto nivel.

• A integración dos aspectos sociais do contorno da persoa deportista na avaliación do seu rendemento.

3. Dirixe a preparación da persoa deportista, estruturando os procedementos e métodos de preparación psicolóxica en relación cos procesos de motivación e afrontamento da alta competición.

• Procesos de motivación propios de deportistas de alto nivel.

• Procedementos psicolóxicos para manter a motivación de deportistas de alto nivel ao longo da tempada.

• Procesos de afrontamento da competición implicados no alto rendemento deportivo.

• Métodos de preparación psicolóxica para mellorar o afrontamento que as persoas deportistas de alto nivel fan da competición.

• Elaboración de programacións deportivas que integren os procesos de motivación e de afrontamento da competición.

• A derivación de aspectos da preparación de deportistas de alto nivel a profesionais da psicoloxía. Pautas de actuación.

• A necesidade de integrar a preparación psicolóxica na preparación xeral da persoa deportista.

4. Coordina o equipo de persoal técnico en ciencias aplicadas ao deporte identificando as funcións do psicólogo ou psicóloga e aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

• Funcións do persoal profesional da psicoloxía aplicada ao deporte.

• Estilos de liderado na condución de equipos.

• Análise da comunicación para xerar credibilidade no conxunto de especialistas en ciencias aplicadas ao deporte.

• Protocolos para integrar a achega do persoal profesional da psicoloxía na preparación de deportistas de alto nivel.

• Deseño de planificacións deportivas que consideren o traballo especializado do profesional ou da profesional da psicoloxía.

• Os estilos de liderado e das pautas de comunicación para o adestramento dos recursos humanos do equipo técnico.

• A necesidade de dispoñer de equipos técnicos multidisciplinares.

Módulo común de ensino deportivo: Formación de formadores ou formadoras deportivos/as.

Código: MED-C303.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Imparte formación de persoal técnico deportivo analizando as condicións que facilitan a aprendizaxe de persoas adultas e as estratexias de aprendizaxe axeitadas para a adquisición de competencias profesionais.

a) Analizáronse as características psicosociais do alumnado adulto e as súas implicacións na aprendizaxe.

b) Aplicáronse métodos de valoración das características psicosociais do alumnado adulto.

c) Describíronse as teorías cognitivas da aprendizaxe máis axeitadas para explicar a aprendizaxe das persoas adultas.

d) Relacionáronse as características dos diferentes estilos de aprendizaxe e as estratexias de aprendizaxe do alumnado e as súas implicacións na aprendizaxe.

e) Analizáronse as características do modelo técnico e do modelo cognitivo-reflexivo de formación do profesorado en relación coa adquisición de competencias profesionais no ámbito da actividade física e do deporte.

f) Describiuse e aplicouse, en supostos prácticos, o tipo de intervención do profesorado máis axeitado para a formación das persoas adultas.

g) Describíronse e implementáronse, en supostos prácticos, as pautas metodolóxicas dos estilos de ensino máis adecuados para as persoas adultas en situacións de aprendizaxe presencial e a distancia.

h) Promoveuse a valoración das características individuais da aprendizaxe, e outras posibilidades de atención á diversidade, como base da adaptación dos procesos de ensino do persoal docente.

2. Elabora a programación didáctica dos módulos de ensinanzas deportivas, analizando a normativa de ordenación destas, os seus procesos de programación, secuenciación e avaliación, e concretando os elementos que constitúen a programación.

a) Analizouse a organización básica das ensinanzas deportivas en relación co sistema educativo e a súa relación coas ofertas formativas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

b) Analizouse o perfil profesional dos ciclos de ensinanzas deportivas e a súa relación cos obxectivos xerais do currículo básico.

c) Identificáronse as características dos ámbitos conceptual, procedemental e actitudinal nos obxectivos dos ciclos de ensinanzas deportivas.

d) Analizáronse os conceptos, procedementos e actitudes que soportan os resultados de aprendizaxe dun módulo específico de ensinanza deportiva.

e) Describíronse os elementos propios da programación didáctica dos módulos específicos e de formación práctica dos diferentes ciclos, e do módulo de proxecto final do ciclo superior de ensinanzas deportivas.

f) Comparáronse as diferenzas na programación didáctica entre o ensino presencial e a distancia dun módulo específico de ensinanza deportiva.

g) Describíronse as características da avaliación de competencias profesionais no ámbito da actividade física e deportiva.

h) Interpretáronse as características dos criterios de avaliación dun resultado de aprendizaxe nun módulo específico de ensinanza deportiva.

i) Analizouse a normativa que afecta a avaliación, certificación e rexistro das ensinanzas deportivas.

j) Explicáronse e exemplificáronse as ferramentas para a adaptación curricular en atención á diversidade.

k) Explicouse e analizouse a importancia do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como elemento clave na atención á diversidade.

l) Concretáronse os elementos da programación didáctica dun módulo do bloque específico, atendendo á súa normativa de ordenación, ás características do alumnado, incluído o alumnado con discapacidade e do contexto deportivo.

m) Argumentouse a importancia da programación didáctica na formación de persoal técnico deportivo.

3. Programa e dirixe sesións de formación de persoal técnico deportivo analizando as características e elaborando recursos didácticos propios das ensinanzas deportivas.

a) Analizáronse as características dos recursos didácticos que permiten o desenvolvemento de estratexias metodolóxicas propias da formación de formadores ou formadoras, presencial e a distancia.

b) Identificáronse as especificacións técnicas e pautas didácticas dos recursos (audiovisuais, informáticos, multimedia, entre outros), propios do ensino presencial e a distancia para o seu óptimo aproveitamento nas sesións.

c) Seleccionáronse e utilizáronse recursos didácticos que faciliten unha mellor comprensión dos contidos que se van abordar na formación de formadores ou formadoras, identificando a súa utilización na formación presencial e a distancia.

d) Elaboráronse materiais e medios didácticos (impresos, audiovisuais, multimedia, entre outros) que permitan desenvolver contidos teórico-prácticos propios da formación de formadores ou formadoras, presencial e a distancia.

e) Deseñouse e realizouse unha presentación (de tarefas e contidos), atendendo á súa estrutura, e utilizando de xeito eficaz recursos didácticos, nun suposto práctico de clase teórico-práctica.

f) Valorouse a necesidade de programar e preparar os recursos didácticos previamente á súa utilización.

g) Valorouse a necesidade de prever recursos didácticos alternativos fronte a posibles incidencias, incluíndo a atención a persoas con discapacidade, e identificado aqueles que poidan resultar máis axeitados en cada caso.

h) Valorouse a necesidade de contar con recursos didácticos e estratexias metodolóxicas para aplicar e transmitir de forma efectiva o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

i) Exemplificáronse as posibilidades de adaptación dos recursos didácticos que se van utilizar en atención a unha necesidade educativa especial.

j) Describíronse recursos didácticos contra a violencia de xénero.

4. Titoriza persoal técnico deportivo no seu proceso de formación específica (módulos específicos, de formación práctica e proxecto final) identificando as estratexias e procedementos para o seu seguimento e avaliación.

a) Identificáronse as condicións de seguimento e titoría dos distintos módulos do bloque específico, presenciais e a distancia, establecidos na normativa vixente.

b) Valorouse a necesidade de establecer unha liña de traballo continua e coherente entre os diferentes módulos de formación do bloque específico, e entre este e o bloque común.

c) Analizáronse os recursos existentes para o establecemento de contactos e convenios coas entidades colaboradoras no módulo de formación práctica.

d) Utilizáronse aplicacións informáticas específicas en supostos de xestión e seguimento do módulo de formación práctica.

e) Propuxéronse, analizáronse e comparáronse diferentes dinámicas de traballo para a condución de titorías de grupo no módulo de formación práctica.

f) Describíronse os elementos clave para a elaboración de informes de avaliación do módulo de formación práctica.

g) Describíronse os elementos clave para establecer un guión de elaboración da memoria do módulo de formación práctica.

h) Analizáronse diferentes pautas de actuación, asesoramento e control de entrevistas e titorías personalizadas na dirección de proxectos, en función da súa temática.

i) Analizáronse os criterios de pertinencia e viabilidade dun proxecto en relación coa súa finalidade, valorando a necesidade de elaborar un documento que racionalice ou xustifique as accións que deban acometerse.

j) Describíronse os puntos clave do guión dun proxecto do ciclo superior, dependendo da súa temática.

k) Escolléronse, de forma argumentada, criterios de elaboración e avaliación para a presentación oral e escrita de proxectos.

l) Xustificouse a función da titoría e o seguimento na consecución dos resultados de aprendizaxe dos módulos de formación práctica e de proxecto.

m) Valorouse a importancia de recoller nun diario de campo a memoria do módulo de formación práctica como elemento de aprendizaxe reflexiva por parte do alumnado.

5. Promove o desenvolvemento ético e moral do persoal técnico e deportistas de alto rendemento valorando o impacto que os seus comportamentos e actitudes teñen a nivel social, especialmente a través dos medios de comunicación.

a) Analizouse a bibliografía existente identificando e describindo os valores máis relevantes relacionados co alto rendemento.

b) Identificáronse os valores e actitudes que transmiten o persoal técnico e as persoas deportistas de alto rendemento, especialmente a través dos medios de comunicación.

c) Analizáronse as características que debe ter o tratamento da información deportiva nos medios de comunicación para facer efectivo o tratamento igualitario entre homes e mulleres.

d) Analizouse a repercusión mediática de comportamentos deportivos e antideportivos de persoal técnico e deportistas de alto rendemento, e a súa influencia social.

e) Argumentouse a importancia de que o persoal técnico de alto rendemento asuma as responsabilidades éticas do seu comportamento á hora de transmitir valores persoais e sociais.

f) Identificouse e valorouse a importancia dos propios prexuízos e estereotipos de xénero e prexuízos de índole afectivo-sexual de deportistas e corpo técnico na súa interacción cos medios de comunicación.

g) Argumentouse a importancia da atención á diversidade na valoración do éxito deportivo, dando cabida a outros colectivos normalmente menos valorados, especialmente mulleres e persoas con discapacidade.

6. Participa na organización da formación de persoal técnico deportivo, analizando as características dos centros docentes e a normativa sobre responsabilidade do profesorado.

a) Identificáronse as funcións dos diferentes órganos dun centro educativo.

b) Analizouse o alcance da finalidade e os obxectivos das ensinanzas deportivas, con especial atención ao fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como á atención a persoas con discapacidade.

c) Identificáronse os diferentes tipos de centros en que se poden impartir as ensinanzas deportivas de réxime especial.

d) Analizouse a normativa que rexe o funcionamento e organización dun centro docente que imparta ensinanzas deportivas.

e) Analizáronse as diferentes formas de colaboración entre as administracións educativas e as federacións deportivas para impartir as ensinanzas deportivas.

f) Analizouse a normativa básica de avaliación aplicable ás ensinanzas deportivas.

g) Describíronse os requisitos do profesorado especialista na Administración educativa.

h) Identificáronse as responsabilidades atribuíbles ao profesorado especialista na docencia das ensinanzas deportivas.

Contidos básicos:

1. Imparte formación de persoal técnico deportivo, analizando as condicións que facilitan a aprendizaxe de persoas adultas e as estratexias de aprendizaxe axeitadas para a adquisición de competencias profesionais.

• Características psicosociais do alumnado adulto:

– Implicacións na aprendizaxe.

– Métodos de valoración psicosocial.

• Teorías cognitivas da aprendizaxe de futuros formadores ou formadoras: estilos e estratexias.

• Modelos de formación do profesorado:

– Modelo técnico.

– Modelo cognitivo-reflexivo.

• Intervención do profesorado con alumnado adulto.

• Estilos de ensino no réxime de ensino presencial e a distancia.

• Individualización do proceso de ensino-aprendizaxe.

• Os principios de normalización e atención á diversidade.

2. Elabora a programación didáctica dos módulos de ensinanzas deportivas, analizando a normativa de ordenación destas, os seus procesos de programación, secuenciación e avaliación, e concretando os elementos que constitúen a programación.

• As ensinanzas deportivas no sistema educativo:

– Ordenación, estrutura e organización básica.

– O Sistema nacional de cualificacións e formación profesional: oferta formativa en relación coas ensinanzas deportivas.

– Características dos ámbitos conceptual, procedemental e actitudinal nos obxectivos dos diferentes ciclos.

– Conceptos, procedementos e actitudes dos resultados de aprendizaxe dos módulos do bloque específico.

– Análise do perfil profesional dos ciclos de ensinanza deportiva en relación cos obxectivos xerais do seu currículo básico.

• O bloque específico nas ensinanzas deportivas: programación dos módulos específicos, de formación práctica e proxecto final:

– Capacidades conceptuais, procedementais e actitudinais que soportan os resultados de aprendizaxe dos módulos do bloque específico.

– Elementos propios da programación didáctica dos módulos específicos de ensinanzas deportivas.

– Elementos propios da programación didáctica do módulo de formación práctica.

– Elementos propios da programación didáctica do módulo de proxecto final do ciclo superior.

– Características diferenciais da programación didáctica presencial e a distancia.

• A avaliación no ámbito das ensinanzas deportivas:

– Avaliación das competencias profesionais no ámbito da actividade física e o deporte.

– Características dos criterios de avaliación de resultados de aprendizaxe propios dos módulos do bloque específico.

– Normativa de referencia na avaliación, cualificación, certificación e rexistro.

– Concreción dos elementos da programación didáctica dos módulos do bloque específico.

• Ferramentas para a adaptación curricular: modificacións nos elementos de acceso ao currículo:

– Exemplos de adaptación curricular para a discapacidade física e sensorial.

– Principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

3. Programa e dirixe sesións de formación de persoal técnico deportivo analizando as características e elaborando os materiais, os medios e os recursos didácticos propios das ensinanzas deportivas.

• Características, recomendacións de uso e criterios de selección dos diferentes recursos didácticos que se van utilizar na formación de formadores ou formadoras.

– Recursos tradicionais:

– O encerado.

– O rotafolio.

– O retroproxector.

– Medios impresos: apuntamentos, láminas, póster etc.

– Novas tecnoloxías:

– Medios audiovisuais: reprodución de soportes dixitais.

– Medios informáticos: canón de proxección. Ensino asistido por ordenador: o PC e a tableta PC.

– Medios interactivos: encerado dixital (táctil e portátil). Videoconferencia.

– Elaboración de materiais e medios didácticos propios da formación de persoal técnico, presencial e a distancia.

• Estratexias para a programación, presentación oral e avaliación de sesións na formación de persoal técnico:

– Estruturación dos contidos.

– Estratexias para conectar coa audiencia.

– Estratexias de utilización eficaz dos recursos didácticos, así como das alternativas en caso de fallo técnico.

– Estratexias para o peche da presentación.

– Valoración da sesión.

• As necesidades educativas especiais: causas e implicacións didácticas.

• Recursos didácticos para aplicar de forma efectiva o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

4. Titoriza persoal técnico deportivo no seu proceso de formación específica (módulos específicos, de formación práctica e proxecto final) identificando as estratexias e procedementos para o seu seguimento e avaliación.

• O seguimento e titoría dos módulos do bloque específico, presenciais e a distancia.

• Análise da relación curricular existente entre os distintos módulos dos bloques común e específico.

• Funcións e efectos da titoría na consecución dos resultados de aprendizaxe dos módulos do bloque específico.

• O módulo de formación práctica:

– Identificación dos recursos existentes para o establecemento de contactos e convenios con entidades colaboradoras.

– Utilización de aplicacións informáticas específicas para a xestión e seguimento do módulo de formación práctica.

– Titorías de grupo: análise de dinámicas de traballo presenciais e a distancia.

– Avaliación: criterios de elaboración de guións e criterios de avaliación aplicables ás memorias, diarios de campo e outros documentos de avaliación do módulo de formación práctica.

• O módulo de proxecto final:

– Dirección e titoría de proxectos: pautas de actuación, asesoramento e control no seu seguimento.

– Criterios de pertinencia e viabilidade dun proxecto: interrogantes a manifestar na súa formulación (razóns, fins, persoas beneficiarias, recursos, actividades, temporalización etc.).

– Estrutura e contidos básicos na formulación de proxectos. Adaptacións en función da súa temática.

– Avaliación: elección dos criterios de elaboración e avaliación de presentacións orais e escritas.

5. Promove o desenvolvemento ético e moral do persoal técnico e deportistas de alto rendemento valorando o impacto que os seus comportamentos e actitudes teñen a nivel social, especialmente a través dos medios de comunicación.

• Impacto do deporte de alto rendemento:

– Actitudes e valores propios do deporte de alto rendemento.

– Deporte e medios de comunicación.

– Análise de contido da información deportiva nos medios de comunicación.

• A atención a colectivos desfavorecidos no alto rendemento deportivo: valoración do éxito en mulleres e persoas con discapacidade. Tratamento nos medios de comunicación.

• Importancia dos propios prexuízos e estereotipos de xénero de deportistas e corpo técnico na súa interacción cos medios de comunicación.

6. Participa na formación de persoal técnico deportivo, analizando as características dos centros docentes e a normativa sobre responsabilidade do profesorado.

• Centros de ensinanzas deportivas. Tipos e características. Organización e funcionamento.

• Obxectivos das ensinanzas deportivas: a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a atención ás persoas con discapacidade.

• Profesorado especialista. Características.

Módulo común de ensino deportivo: Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Código: MED-C304.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Supervisa as condicións de seguridade das instalacións e medios propios do alto rendemento deportivo, aplicando os procedementos establecidos e relacionándoos coa normativa vixente.

a) Analizáronse os requisitos que deben cumprir as instalacións de alto rendemento para a práctica da actividade segundo a normativa vixente.

b) Relacionáronse as condicións laborais nunha instalación de alto rendemento coa saúde do persoal.

c) Describíronse as situacións de risco, enfermidades profesionais e accidentes máis habituais nos contornos laborais das instalacións dedicadas ao alto rendemento.

d) Analizáronse os procedementos de control da seguridade aplicables nas instalacións dedicadas ao alto rendemento deportivo e, en especial, no plan de actuación de emerxencias.

e) Valorouse a importancia dunha actitude preventiva en todos os ámbitos de xestión dunha instalación dedicada ao alto rendemento deportivo.

f) Identificáronse os elementos organizativos básicos das instalacións dedicadas ao alto rendemento.

g) Analizáronse os trámites exixidos pola normativa vixente na petición de financiamento dunha instalación deportiva dedicada ao alto rendemento.

h) Caracterizáronse as partes que compoñen un plan de prevención de riscos laborais dunha instalación dedicada ao alto rendemento deportivo, incluíndo as funcións e accións vinculadas a cada parte.

i) Argumentouse a necesidade e importancia de establecer un plan de prevención de riscos laborais nunha instalación deportiva de alto rendemento, que inclúa a secuenciación de actuacións que se deben realizar en caso de emerxencia.

j) Analizouse e exemplificouse a normativa sobre accesibilidade nas instalacións deportivas por parte de persoas con discapacidade ou mobilidade reducida.

2. Organiza e realiza actividades de xestión e constitución dunha organización deportiva ou empresa, analizando os obxectivos e estrutura desta, e relacionándoas coa normativa vixente.

a) Analizáronse as diferentes formas xurídicas e estrutura das organizacións deportivas ou empresas.

b) Aplicáronse os pasos necesarios na creación dunha organización deportiva en función do seu ámbito de actuación.

c) Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias e xestoras, en función da forma xurídica elixida para a organización deportiva ou a empresa.

d) Analizáronse as posibles vías de apoio económico existentes para a creación e xestión dunha organización deportiva ou empresa segundo as características desta.

e) Realizáronse, en supostos prácticos, os trámites exixidos pola normativa vixente para a petición de axudas á creación e xestión das organizacións deportivas ou empresas.

f) Realizáronse os trámites necesarios para a solicitude de recoñecemento de entidade de utilidade pública.

3. Dirixe unha organización deportiva aplicando procedementos de xestión económica e contable desta.

a) Describíronse os conceptos e as técnicas básicas de xestión e rexistro contables.

b) Analizáronse os procedementos administrativos básicos relativos á xestión dunha organización deportiva.

c) Cubríronse os documentos básicos comerciais e contables dunha organización deportiva.

d) Aplicáronse procedementos na confección da documentación administrativo-comercial derivada do desenvolvemento da actividade deportiva.

e) Valorouse a importancia da organización e a orde nos procedementos de xestión económica e contable.

f) Identificáronse as principais obrigas fiscais e tributarias dunha organización deportiva ou empresa en relación co seu obxectivo de actuación.

g) Cubríronse os protocolos de declaración-liquidación dos impostos de IAE, IVE, IRPF e imposto de sociedades.

h) Argumentáronse os problemas derivados do incumprimento das obrigas fiscais e tributarias dunha organización deportiva ou empresa.

i) Realizáronse supostos de solicitude das diferentes exencións fiscais establecidas para o sector deportivo.

4. Organiza e xestiona competicións e eventos propios do nivel de tecnificación deportiva, analizando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios, en relación co marco legal que as regula e os criterios de sustentabilidade.

a) Describiuse a estrutura organizativa que ten unha competición de tecnificación deportiva.

b) Identificáronse as funcións que se deben realizar na organización dunha competición de tecnificación deportiva.

c) Analizouse o impacto da celebración dunha competición ou evento deportivo sobre o contorno en que se desenvolve.

d) Enumeráronse os criterios de sustentabilidade aplicables á organización dunha competición ou evento deportivo.

e) Analizáronse as responsabilidades que ten a organización dunha competición ou evento deportivo.

f) Describíronse as axudas ao patrocinio do deporte feminino como estratexia na organización dunha competición ou evento deportivo neste ámbito.

g) Describíronse as principais vías de financiamento da organización dunha competición deportiva.

h) Describíronse as diferentes alternativas de xestión e difusión dos resultados durante unha competición deportiva.

i) Aplicáronse os procedementos de organización en supostos prácticos de actos protocolarios de apertura, entrega e clausura dunha competición deportiva.

j) Describíronse as exixencias de seguridade e de atención ás emerxencias que debe contemplar a organización dun acto deportivo.

5. Acompaña as persoas deportistas nas competicións de alto rendemento, identificando o marco lexislativo e organizativo en que se encadran este tipo de competicións, e analizando as normativas que lle poden ser de aplicación a deportistas profesionais, e a deportistas de alto nivel (DAN) e deportistas de alto rendemento (DAR).

a) Analizouse a normativa deportiva de ámbito internacional, relacionándoa coa estrutura administrativa do deporte.

b) Describíronse as estruturas e as funcións dos organismos deportivos internacionais máis importantes e as súas funcións.

c) Relacionouse a estrutura administrativa internacional coa normativa de competición.

d) Describíronse as funcións e o réxime disciplinario/sancionador da Axencia Mundial Antidopaxe e as súas relacións cos organismos nacionais e internacionais do deporte.

e) Describíronse as vantaxes que outorga a normativa española ás persoas deportistas profesionais.

f) Analizáronse as características do deporte profesional en España.

g) Analizouse a normativa que afecta as persoas deportistas de alto nivel e alto rendemento en España.

h) Analizáronse as características dos programas de axuda á preparación das persoas deportistas de alto nivel dos deportes olímpicos e paralímpicos e, especialmente, en modalidades e/ou especialidaes deportivas onde aínda exista unha representación feminina reducida.

6. Selecciona as oportunidades de emprego, identificando as súas posibilidades de inserción laboral e as alternativas de aprendizaxe permanente.

a) Valorouse a importancia da formación permanente como factor clave na empregabilidade e a adaptación ás exixencias do mercado laboral e da modalidade deportiva.

b) Identificáronse os itinerarios formativos profesionais que completan o seu perfil profesional e aumentan a súa empleabilidade.

c) Determináronse as técnicas utilizadas no proceso de busca de emprego.

d) Describíronse posibilidades de autoemprego relacionándoas co seu perfil profesional.

e) Realizouse a autovaloración da personalidade, aspiracións, actitudes e formación propia para a toma de decisións.

Contidos básicos:

1. Supervisa as condicións de seguridade das instalacións e medios propios do alto rendemento deportivo, aplicando os procedementos establecidos e relacionándoos coa normativa vixente.

• Centros de alto rendemento (CAR) e centros de tecnificación deportiva (CTD). Tipos, características e normativa aplicable.

• Estrutura e organización dos CAR e CTD. Normativa de aplicación. Axudas e subvencións.

• Prevención e seguridade nas instalacións. Normativa de aplicación. Avaliación de riscos laborais:

– Fases de plan de prevención. Identificación e características. Conceptos básicos sobre organización de prevención de riscos laborais. Órganos que forman parte do plan de prevención.

– Plan de emerxencias. Elaboración e aplicación do plan de emerxencias. Protocolos de evacuación.

• Importancia das medidas de protección e prevención no ámbito laboral.

• O principio de accesibilidade universal aplicado ás instalacións e equipamentos deportivos.

• Requirimentos legais e técnicos das instalacións deportivas en relación coa accesibilidade física e na comunicación.

• Normativa estatal e da comunidade autónoma.

2. Organiza e realiza actividades de xestión e constitución dunha organización deportiva ou empresa, analizando os obxectivos e estrutura desta, e relacionándoas coa normativa vixente.

• Organizacións e empresas deportivas. Formas xurídicas. Estrutura e funcións.

• Requisitos legais de constitución de organizacións deportivas e empresas.

• Elección da forma xurídica.

• Vías de financiamento das organizacións deportivas e empresas deportivas. Axudas e subvencións. Tramitación de solicitudes de axudas e subvencións.

• Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes na xestión e constitución dunha organización deportiva.

3. Dirixe unha organización deportiva aplicando procedementos de xestión económica e contable desta.

• Concepto de contabilidade. Nocións básicas.

• Análise da información contable.

• Obrigas fiscais das organizacións deportivas ou empresas de servizos deportivos.

• Xestión administrativa de organizacións deportivas ou empresas deportivas.

4. Organiza e xestiona competicións e eventos propios do nivel de tecnificación deportiva, analizando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios, en relación co marco legal que as regula e os criterios de sustentabilidade.

• Competicións deportivas. Estrutura organizativa básica. Funcións e responsabilidades:

– Vías de apoio económicas e materiais.

– Apoio ao patrocinio do deporte feminino e a súa importancia na organización de eventos desta natureza.

– Organización de actos de protocolo.

– Seguridade nas competicións ou eventos deportivos.

– Xestión e difusión dos resultados das competicións deportivas.

• Sustentabilidade en competicións e eventos deportivos:

– Medidas para minimizar as afeccións na biodiversidade e para contribuír á restauración de zonas afectadas. Preservación de zonas fráxiles, patrimonio arqueolóxico, histórico e cultural.

– Medidas de aforro e uso eficiente da auga.

– Xestión de residuos e limpeza.

– Minimizar o uso de enerxía e fomento de enerxías renovables.

5. Acompaña as persoas deportistas nas competicións de alto rendemento, identificando o marco lexislativo e organizativo en que se encadran este tipo de competicións, e analizando as normativas que lle poden ser de aplicación a deportistas profesionais, e a deportistas de alto nivel (DAN) e deportistas de alto rendemento (DAR).

• Deporte internacional:

– Normativa de referencia: carta olímpica. Carta europea do deporte para todos: persoas con discapacidade. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade: resolución da Asemblea Xeral da ONU do 13.12.2006 (artigo 30.5).

– Organismos internacionais. Estrutura e funcións: Comité Paralímpico Internacional, Comité Olímpico Internacional (COI), Tribunal de Arbitraxe Deportivo (TAS), Axencia Muncial Antidopaxe (AMA), etc.

– Réxime disciplinario.

• Deporte profesional. Concepto:

– Regulación laboral especial. Real decreto 1006/1985, do 26 de xuño, polo que se regula a relación laboral especial dos deportistas profesionais.

– Ligas profesionais españolas. Características.

• Deporte de alto nivel e de alto rendemento.

• Normativa de aplicación DAN-DAR:

– Plan ADO. Características.

– Plan ADOP. Características.

– Programas de apoio ás deportistas DAN e DAR en modalidades deportivas onde se encontran pouco representadas.

6. Selecciona as oportunidades de emprego, identificando as súas posibilidades de inserción laboral e as alternativas de aprendizaxe permanente.

• Valoración da importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional do persoal técnico deportivo superior.

• Análise dos intereses, aptitudes e motivacións persoais para a carreira profesional.

• Identificación dos itinerarios formativos relacionados co persoal técnico deportivo superior.

• O proceso de busca de emprego.

• Técnicas e instrumentos de busca de emprego.

• O proceso de toma de decisións.

Módulo específico de ensino deportivo: Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

Código: MED-HIHI302.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Detecta, identifica e selecciona talentos deportivos nas disciplinas olímpicas en hípica analizando as características dos sistemas e programas de detección e selección de talentos e as características das etapas de desenvolvemento da vida deportiva dos xinetes ou das xinetes, aplicando técnicas específicas.

a) Fundamentáronse os conceptos e as fases do proceso de detección, identificación e selección de talentos nas disciplinas olímpicas en hípica.

b) Analizáronse os programas de detección, identificación e selección de talentos deportivos establecidos polas administracións deportivas.

c) Seleccionáronse os criterios de adaptación dos programas de detección, identificación e selección de talentos, de acordo coas características específicas das disciplinas hípicas.

d) Seleccionáronse os medios materiais e humanos necesarios na implantación dun programa de detección, identificación e selección de talentos nas disciplinas olímpicas en hípica.

e) Analizáronse as características das diferentes capacidades e comportamentos que determinan o perfil do xinete ou da xinete de alto rendemento.

f) Seleccionáronse os valores de referencia que determinan a evolución das capacidades e comportamento do xinete ou da xinete ao longo das diferentes etapas da vida deportiva de talentos nas disciplinas olímpicas en hípica.

g) Seleccionáronse, de forma xustificada, os criterios de detección, identificación e selección de talentos en función da etapa deportiva do xinete ou da xinete.

h) Relacionáronse as técnicas e instrumentos de valoración das capacidades e modos de comportamento, coas características das disciplinas olímpicas en hípica e da etapa deportiva do xinete ou da xinete.

i) Elaborouse un proxecto de programa de detección, identificación e selección de talentos nas disciplinas olímpicas en hípica.

j) Xustificouse a necesidade de respectar os intereses e necesidades do individuo no proceso de desenvolvemento dos talentos deportivos nas disciplinas olímpicas en hípica.

2. Programa a preparación a longo prazo do binomio (xinete-cabalo) nas disciplinas olímpicas en hípica, analizando os modelos de preparación a longo prazo, seleccionando a información necesaria e aplicando instrumentos e métodos de recollida desta.

a) Explicáronse os factores que inflúen no desenvolvemento do talento deportivo nas disciplinas olímpicas en hípica.

b) Analizáronse as características das diferentes etapas no desenvolvemento da vida deportiva dun binomio ata a consecución do alto rendemento e o abandono da vida deportiva.

c) Analizáronse as características dos diferentes modelos de planificación (programación dos ciclos de preparación) supranual (vida deportiva e ciclo olímpico) en función dos modelos de rendemento da disciplina e da etapa deportiva do binomio e, en especial, a de alto rendemento.

d) Analizáronse as características dos diferentes modelos de planificación dos ciclos anuais nas disciplinas olímpicas en hípica, en función dos obxectivos establecidos, da dinámica de cargas que leva consigo, e da súa adecuación á etapa deportiva do binomio e, en especial, a de alto rendemento.

e) Elaboráronse os obxectivos de preparación e rendemento nunha programación anual, en función do modelo de programación e da etapa na vida deportiva do binomio e, en especial, a de alto rendemento.

f) Analizáronse as características do calendario de competición anual e internacional nas disciplinas olímpicas en hípica, relacionándoo coas características do modelo de planificación.

g) Caracterizáronse as diferentes etapas, ciclos ou períodos en que se subdivide unha programación anual.

h) Seleccionáronse os medios e métodos de control da preparación e do rendemento nunha programación a longo prazo, en función dos obxectivos e a etapa da vida deportiva do binomio e, en especial, a de alto rendemento.

i) Identificouse o tipo de información que se debe ter en conta na programación a longo prazo.

j) Aplicáronse métodos de recollida e análise da información sobre o xinete ou a xinete e o contorno que se deben ter en conta na programación a longo prazo.

k) Analizouse o modelo de rendemento na competición de binomio nas diferentes etapas da vida deportiva e, en especial, a de alto rendemento.

l) Seleccionouse a información do ámbito persoal, social ou educativo do xinete ou da xinete que se debe ter en conta na programación do adestramento a longo, medio e curto prazo, en función da etapa deportiva e, en especial, a de alto rendemento.

m) Elaboráronse instrumentos de recollida da información sobre o ámbito persoal, social e educativo do xinete ou da xinete.

n) Valorouse a importancia de establecer metas adecuadas á evolución do xinete ou da xinete e á dinámica de cargas, específica das disciplinas olímpicas en hípica, na programación a longo, medio e curto prazo.

3. Programa a medio e curto prazo a preparación do binomio, analizando as características dos diferentes ciclos ou períodos de preparación e os criterios de combinación e evolución dos medios e métodos empregados.

a) Analizáronse as características dos diferentes tipos de ciclos de preparación a medio e curto prazo e a súa relación cos obxectivos do ciclo anual.

b) Seleccionáronse os medios de control dos factores de rendemento nas disciplinas olímpicas en hípica, en función da situación dentro da programación e dos obxectivos desta.

c) Seleccionáronse os medios e métodos de adestramento acordes co tipo de ciclo de preparación elixido.

d) Xustificáronse os criterios de evolución dos medios de adestramento nas disciplinas olímpicas en hípica, nos diferentes tipos de ciclos de preparación a medio e curto prazo.

e) Analizáronse os procedementos de selección dos obxectivos que se pretenden alcanzar nos factores de rendemento nas disciplinas olímpicas en hípica, en función do tipo de ciclo de preparación utilizado.

f) Xustificáronse os criterios de evolución e modificación dos métodos de adestramento dos factores de rendemento nos diferentes tipos de ciclos de preparación a medio e curto prazo.

g) Analizouse a organización e a estrutura da sesión de adestramento nas disciplinas olímpicas en hípica, nos diferentes tipos de ciclos ou períodos de preparación a medio e curto prazo.

h) Analizáronse os criterios de combinación dos medios e métodos de adestramento dos factores de rendemento durante a sesión nas disciplinas olímpicas en hípica, en función do tipo de ciclo de preparación a medio e curto prazo e do momento da preparación.

i) Deseñáronse programas de preparación a medio e curto prazo nas disciplinas olímpicas en hípica, en función das directrices da programación a longo prazo.

j) Xustificouse a importancia de adaptar a programación ás modificacións da forma deportiva do binomio e ao grao de consecución dos obxectivos propostos.

4. Dirixe, organiza e programa unha concentración de binomios, fundamentando a estrutura deste tipo de actividades e seleccionando os medios e loxística adecuados.

a) Analizáronse os beneficios e funcións que ten a concentración de preparación dentro dunha planificación individual ou colectiva nas disciplinas olímpicas en hípica.

b) Analizáronse os obxectivos que poden cumprirse nas concentracións de preparación nas disciplinas olímpicas en hípica.

c) Caracterizáronse os diferentes tipos de concentracións de preparación en función do obxectivo e do momento da preparación.

d) Fundamentáronse as estratexias de intervención e coidados aos binomios nas concentracións de preparación nas disciplinas olímpicas en hípica, en función dos obxectivos establecidos.

e) Escolléronse, de forma xustificada, os contidos e métodos que se van utilizar nas concentracións de preparación nas disciplinas olímpicas en hípica, en función dos obxectivos establecidos.

f) Concretouse o programa dunha concentración de preparación nun suposto práctico de preparación.

g) Seleccionáronse os medios e a loxística necesarios na organización dunha concentración de preparación das disciplinas olímpicas en hípica, en función dos obxectivos e das condicións existentes.

h) Valorouse a importancia das concentracións nos programas de preparación nas disciplinas olímpicas en hípica.

5. Rexistra e valora a carga de adestramento na preparación do binomio, analizando os factores que determinan a carga de adestramento nas disciplinas olímpicas en hípica, e aplicando instrumentos de cuantificación e procesamento da información.

a) Caracterizáronse os indicadores que permiten a cuantificación da carga de traballo técnico e táctico, no adestramento das disciplinas olímpicas en hípica.

b) Caracterizáronse os indicadores que permiten a cuantificación da carga de traballo condicional no adestramento das disciplinas olímpicas en hípica.

c) Caracterizáronse os indicadores que permiten a cuantificación da carga psicolóxica no adestramento e a competición nas disciplinas olímpicas en hípica.

d) Analizáronse os métodos ou sistemas de cuantificación da carga de traballo condicional no adestramento das disciplinas olímpicas en hípica.

e) Xustificouse a dinámica de cargas dos diferentes factores de rendemento deportivo nas disciplinas olímpicas en hípica dunha programación anual, en función das características da programación e dos obxectivos formulados.

f) Aplicáronse os programas informáticos específicos á cuantificación da carga de traballo no adestramento das disciplinas olímpicas en hípica.

g) Aplicáronse instrumentos de representación gráfica da carga de traballo no adestramento das disciplinas olímpicas en hípica.

h) Seleccionáronse procedementos estatísticos no procesamento e interpretación da carga de adestramento nas disciplinas olímpicas en hípica.

i) Analizáronse as utilidades da cuantificación e seguimento da carga do adestramento no control e axuste da preparación nas disciplinas olímpicas en hípica.

j) Valorouse a importancia da cuantificación e o seguimento da carga de adestramento na optimización da preparación nas disciplinas olímpicas en hípica.

Contidos básicos:

1. Detecta, identifica e selecciona talentos deportivos nas disciplinas olímpicas en hípica analizando as características dos sistemas e programas de detección e selección de talentos e as características das etapas de desenvolvemento da vida deportiva dos xinetes ou das xinetes, aplicando técnicas específicas.

• O programa de detección de talentos.

• Análise, fundamento e criterios dos programas de detección, identificación e selección de talentos en función das características de idade, xénero e disciplina hípica:

– Fundamentos e fases do proceso de selección de talentos.

– Os modelos e programas de selección de talentos, administracións públicas e federacións, entre outros.

– Os recursos humanos e materiais para o desenvolvemento de programas de identificación e selección de talentos deportivos.

– O binomio como fío condutor do proceso de formación deportiva.

• O comportamento técnico e táctico do xinete ou da xinete no proceso de formación de talentos deportivos nas disciplinas olímpicas en hípica.

• Características e evolución das etapas de desenvolvemento da vida deportiva. Do novo talento ao xinete ou á xinete de alto nivel.

• As técnicas e instrumentos de valoración técnica, condicional e condutuais nas diferentes etapas do xinete ou da xinete nas disciplinas olímpicas en hípica.

• Valores e criterios de referencia nos programas de talentos deportivos.

2. Programa a preparación a longo prazo do binomio (xinete-cabalo) nas disciplinas olímpicas en hípica, analizando os modelos de preparación a longo prazo, seleccionando a información necesaria e aplicando instrumentos e métodos de recollida desta.

• Factores que determinan o desenvolvemento de binomios a longo prazo nas disciplinas olímpicas.

• Características das etapas de desenvolvemento da vida do xinete ou da xinete. Da iniciación ao rendemento e abandono da práctica deportiva.

• Análise e desenvolvemento dos modelos de preparación física, técnica, táctica e psicolóxica dos xinetes ou das xinetes en función da idade, xénero e disciplina hípica.

• Modelos de rendemento dos xinetes ou das xinetes en competición nas diferentes categorías de idade nas disciplinas olímpicas en hípica.

• Características dos diferentes modelos de planificación e programación dos ciclos de preparación a longo prazo para binomios no alto rendemento deportivo.

• A programación anual de binomios no alto rendemento deportivo. Características dos diferentes modelos de planificación dos ciclos anuais nas disciplinas olímpicas en hípica:

– Obxectivos de preparación e rendemento físico, técnico, táctico e psicolóxico.

– Contidos de preparación e rendemento físico, técnico, táctico e psicolóxico.

– Dinámica das cargas.

– Variables que se van considerar.

– O calendario de competicións e a súa incidencia na planificación.

– Organización e control do adestramento de alto nivel.

– Medios e métodos de avaliación e control do proceso de adestramento en función dos obxectivos, categorías de idade, etapa deportiva e disciplina hípica.

• O ámbito persoal e social do xinete ou da xinete. Aspectos que hai que considerar. Instrumentos de recollida de información.

3. Programa a medio e curto prazo a preparación do binomio, analizando as características dos diferentes ciclos ou períodos de preparación e os criterios de combinación e evolución dos medios e métodos empregados.

• A programación da preparación de binomios a medio e curto prazo nas disciplinas olímpicas en hípica:

– Características dos períodos ou ciclos.

– Obxectivos do ciclo e a súa relación cos obxectivos do ciclo anual nas disciplinas olímpicas en hípica.

– Medios e métodos de adestramento. Criterios de evolución nas disciplinas olímpicas en hípica.

– Secuencias de adestramento.

– Criterios de combinación dos medios e métodos de adestramento.

– Avaliación e control en función do momento de preparación, obxectivos e disciplina hípica.

• A forma deportiva do binomio, análise dos factores determinantes nas disciplinas olímpicas en hípica e posibles erros.

• A sesión de adestramento do binomio nos diferentes períodos de preparación das disciplinas olímpicas en hípica:

– Obxectivos.

– Estrutura e organización.

– Criterios de combinación dos medios e métodos de adestramento.

4. Dirixe, organiza e programa unha concentración de binomios, fundamentando a estrutura deste tipo de actividades, e seleccionando os medios e loxística adecuados.

• Criterios de selección dos binomios de alto nivel en función da idade e a disciplina hípica.

• As concentracións nas disciplinas olímpicas en hípica:

– Beneficios e funcións das concentracións.

– Os tipos de concentración en función dos obxectivos e momentos da preparación.

– A concentración como medio de preparación.

– Estratexias de intervención e apoio aos binomios.

– Obxectivos, contidos, medios e métodos que se van utilizar.

– O programa xeral.

– Recursos humanos e materiais necesarios para a organización e desenvolvemento da concentración.

5. Rexistra e valora a carga de adestramento na preparación do binomio, analizando os factores que determinan a carga de adestramento nas disciplinas olímpicas en hípica, e aplicando instrumentos de cuantificación e procesamento da información.

• Métodos e indicadores de cuantificación da carga condicional, técnica, táctica e psicolóxica de adestramento do binomio nas disciplinas olímpicas en hípica.

• Os programas informáticos aplicados á valoración e cuantificación da carga condicional, técnica, táctica e psicolóxica do adestramento nas disciplinas olímpicas en hípica.

• Os procedementos estatísticos aplicados ao proceso do adestramento.

• A valoración e control do proceso de adestramento como medio de optimización da preparación nas disciplinas olímpicas en hípica.

Módulo específico de ensino deportivo: Preparación física do xinete ou da xinete.

Código: MED-HIHI303.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Avalía a condición física do xinete ou da xinete no adestramento e na competición, nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo de Equitación, analizando as demandas do alto rendemento e aplicando procedementos específicos de valoración.

a) Describíronse as características do proceso de avaliación, da condición física do xinete ou da xinete no adestramento das disciplinas hípicas.

b) Seleccionáronse os métodos e instrumentos de valoración das capacidades físicas durante o adestramento e a competición.

c) Aplicáronse os procedementos de avaliación das capacidades físicas requiridas no adestramento e a competición dos xinetes ou das xinetes das disciplinas hípicas.

d) Adaptouse o proceso de avaliación da condición física en relación coas características específicas de cada unha das disciplinas hípicas.

e) Establecéronse modelos de recollida de información subxectiva complementaria por parte dos xinetes ou das xinetes, en relación co nivel de rendemento físico e fatiga presentado durante o adestramento e a competición, nas disciplinas hípicas.

f) Aplicáronse métodos e técnicas de procesamento dos rexistros obtidos durante a valoración do rendemento físico do xinete ou da xinete.

g) Xustificouse a relación entre os factores condicionais do rendemento e o resultado da competición.

h) Analizáronse os criterios de comparación entre os datos obtidos no proceso de avaliación, cos previstos na planificación e programación do adestramento do xinete ou da xinete

i) Asimilouse a necesidade de compartir a información obtida no proceso de avaliación da condición física co xinete ou coa xinete.

2. Identifica as necesidades ergoxénicas e ergonutricionais da persoa deportista, no adestramento e na competición, analizando as demandas específicas, aplicando procedementos para a elaboración de dietas e valorando os procedementos e normas de control antidopaxe.

a) Fundamentáronse as necesidades nutricionais do xinete ou da xinete en cada unha das disciplinas olímpicas en hípicas.

b) Describíronse as pautas xerais de elaboración de dietas do xinete ou da xinete nas disciplinas hípicas.

c) Xustificouse a elección de dietas específicas dirixidas ao control do peso nos xinetes ou nas xinetes de concurso completo de equitación.

d) Seleccionáronse diferentes tipos de axudas ergonutricionais en función das características da competición e necesidades do xinete ou da xinete nas disciplinas hípicas.

e) Analizouse a importancia da hidratación do xinete ou da xinete no adestramento e a competición nas disciplinas hípicas.

f) Analizouse a lista de «substancias prohibidas» establecida pola Axencia Mundial Antidopaxe (AMA) e a Federación Ecuestre Internacional (FEI).

g) Explicáronse e analizáronse os procedementos establecidos pola Axencia Mundial Antidopaxe (AMA) nos controis antidopaxe, a solicitude de exencións terapéuticas e a localización das persoas deportistas.

h) Recoñeceuse a importancia do risco que supón a utilización de substancias dopantes para a saúde do xinete ou da xinete.

3. Dirixe a recuperación e adaptación motriz do xinete ou da xinete lesionado/a, analizando os tipos de lesión e seleccionando e aplicando programas adaptados.

a) Describíronse as características e evolución das patoloxías máis frecuentes dos xinetes ou das xinetes provocadas polo adestramento e a competición de alto rendemento en hípica.

b) Clasificáronse as lesións máis comúns do aparello locomotor do xinete ou da xinete de alto rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo de Equitación.

c) Identificáronse as causas das lesións máis comúns e os métodos e procedementos de prevención destas.

d) Analizouse a dispoñibilidade e uso de elementos de protección e prevención de lesións na práctica das disciplinas hípicas de alto rendemento.

e) Xustificáronse os protocolos de tratamento das lesións máis comúns e as fases estándar no proceso de recuperación e/ou adaptación motriz.

f) Relacionáronse as pautas de actuación no proceso de recuperación e adaptación motriz do xinete ou da xinete lesionado/a, coas características da lesión.

g) Fundamentáronse os criterios de elaboración de adestramento complementario cos xinetes ou coas xinetes lesionados/as.

h) Analizáronse os medios e métodos de control e seguimento do xinete ou da xinete desde a aparición da lesión ata a súa integración ao adestramento normalizado e a competición.

i) Tomouse consciencia da influencia dos factores psicolóxicos implicados nos procesos de recuperación e adaptación da persoa deportista lesionada.

4. Concreta e dirixe ciclos e sesións de adestramento da condición física do xinete ou da xinete de alto rendemento, xustificando e aplicando métodos do adestramento condicional e analizando os procedementos de individualización do traballo.

a) Definíronse as etapas e os obxectivos do adestramento da condición física do xinete ou da xinete de alto rendemento con relación á planificación e programación de referencia.

b) Analizáronse os obxectivos no desenvolvemento da condición física do xinete ou da xinete de alto rendemento, tendo en conta a disciplina hípica e as características da competición.

c) Relacionáronse os medios específicos do alto rendemento, na mellora das capacidades condicionais do xinete ou da xinete, coas características das diferentes disciplinas olímpicas en hípica.

d) Xustificáronse as características dos métodos específicos do alto rendemento, no desenvolvemento das capacidades condicionais dos xinetes ou das xinetes de alto nivel nas disciplinas olímpicas en hípica.

e) Analizáronse os criterios de individualización e personalización do adestramento, en función das características físicas, técnicas e psicolóxicas do xinete ou da xinete e as da disciplina hípica.

f) Deseñáronse sesións de traballo da condición física do xinete ou da xinete atendendo ás características individuais do xinete ou da xinete, da disciplina e do momento concreto da preparación.

g) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de desenvolvemento da condición física do xinete ou da xinete no alto rendemento das disciplinas olímpicas en hípica.

h) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de desenvolvemento da condición física no xinete ou na xinete de alto nivel, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

i) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis adecuadas nas sesións de desenvolvemento da condición física do xinete ou da xinete de alto nivel nas disciplinas olímpicas en hípica.

j) Identificáronse os criterios de calidade na organización e dirección de sesións de desenvolvemento da condición física do xinete ou da xinete de alto nivel nas disciplinas olímpicas en hípica.

k) Dirixíronse sesións simuladas de adestramento da condición física do xinete ou da xinete de alto rendemento aplicando os métodos e procedemento do adestramento condicional específicos do alto rendemento nas disciplinas olímpicas en hípica.

l) Concretouse un ciclo de desenvolvemento da condición física do xinete ou da xinete, definindo obxectivos, medios e métodos utilizados.

Contidos básicos:

1. Avalía a condición física do xinete ou da xinete no adestramento e na competición nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo de Equitación, analizando as demandas do alto rendemento e aplicando procedementos específicos de valoración.

• Características do proceso de avaliación da condición física do xinete ou da xinete de alto rendemento.

• Capacidades físicas dos xinetes ou das xinetes de alto rendemento. Diferenzas específicas de cada disciplina.

• Métodos e instrumentos de valoración das capacidades físicas do xinete ou da xinete.

• Procedementos para a valoración das capacidades físicas. Diferenzas na súa aplicación ao adestramento e á competición.

• Información subxectiva complementaria. Modelos e protocolos.

• Valoración do rendemento físico:

– Técnicas e procedementos aplicados.

– Análise e discusión dos resultados.

2. Identifica as necesidades ergoxénicas e ergonutricionais da persoa deportista, no adestramento e na competición, analizando as demandas específicas, aplicando procedementos para a elaboración de dietas e valorando os procedementos e normas de control antidopaxe.

• Necesidades nutricionais do xinete ou da xinete de alto rendemento. Necesidades específicas de cada disciplina hípica.

• Elaboración de dietas: pautas e normas. Dietas específicas para o control do peso.

• Axudas ergonutricionais. Adecuación ás características individuais e da competición.

• Hidratación no adestramento e a competición do xinete ou da xinete de alto rendemento. Equilibrio iónico.

• Listaxes de substancias prohibidas pola Axencia Mundial Antidopaxe (AMA) e pola Federación Ecuestre Internacional (FEI). Solicitude de autorizacións para tratamentos terapéuticos.

3. Dirixe a recuperación e adaptación motriz do xinete ou da xinete lesionado/a, analizando os tipos de lesión e seleccionando e aplicando programas adaptados.

• Patoloxías máis frecuentes dos xinetes ou das xinetes de alto rendemento. Características e a súa evolución.

• Lesións máis comúns do aparello locomotor do xinete ou da xinete de alto rendemento:

– Causas.

– Prevención e elementos de protección.

• Protocolos de tratamento das lesións máis comúns.

• Procesos, pautas e fases de recuperación e/ou adaptación motriz.

• O adestramento complementario dos xinetes ou das xinetes lesionados/as. Criterios de elaboración.

• Medios e métodos de control e seguimento do xinete ou da xinete lesionado/a:

– Proceso de integración ao adestramento normalizado.

– Factores psicolóxicos no proceso de recuperación.

4. Concreta e dirixe ciclos e sesións de adestramento da condición física do xinete ou da xinete de alto rendemento, xustificando e aplicando métodos do adestramento condicional e analizando os procedementos de individualización do traballo.

• Etapas e obxectivos do adestramento da condición física do xinete ou da xinete de alto rendemento:

– Métodos.

– Medios e instrumentos de control.

• Obxectivos de desenvolvemento da condición física.

• Criterios de calidade.

• Actitudes e accións de motivación.

• Sesións específicas de traballo da condición física adaptadas á disciplina e á temporalización.

• Métodos e procedemento do adestramento condicional.

• Bases do adestramento personalizado.

Módulo específico de ensino deportivo: Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

Código: MED-HIHI304.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora as adaptacións do cabalo de alto rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, analizando as respostas fisiolóxicas ao adestramento, aplicando técnicas e metodoloxías específicas de valoración.

a) Analizáronse as adaptacións do aparello locomotor do cabalo montado no adestramento condicional nas tres disciplinas hípicas no alto rendemento.

b) Analizáronse as adaptacións mecánicas e fisiolóxicas da musculatura do cabalo no adestramento das capacidades condicionais nas tres disciplinas hípicas no alto rendemento.

c) Analizáronse as adaptacións fisiolóxicas do funcionamento do aparello cardiocirculatorio do cabalo producidas polo adestramento condicional nas tres disciplinas hípicas no alto rendemento.

d) Analizáronse as adaptacións fisiolóxicas do aparello cardiorespiratorio do cabalo producidas polo adestramento condicional nas tres disciplinas hípicas no alto rendemento.

e) Analizáronse as diferentes fontes enerxéticas no organismo do cabalo, relacionándoas coas diferentes capacidades desenvolvidas no adestramento condicional nas tres disciplinas hípicas no alto rendemento.

f) Analizáronse os métodos e técnicas de valoración da condición física do cabalo no adestramento condicional nas tres disciplinas hípicas no alto rendemento.

g) Valorouse a importancia de coñecer as diferentes adaptacións mecánicas e fisiolóxicas producidas no cabalo polo adestramento condicional en cada unha das tres disciplinas hípicas.

2. Interpreta o comportamento do cabalo de alto rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, relacionando as actitudes e comportamentos do xinete ou da xinete co comportamento do cabalo, analizando as técnicas e estratexias de modificación da conduta do cabalo.

a) Clasificáronse os patróns de comportamento do cabalo.

b) Relacionáronse as condutas do cabalo observadas no adestramento e competición das tres disciplinas hípicas cos patróns de comportamento do cabalo.

c) Analizáronse os parámetros que describen as condutas do cabalo en relación co adestramento e competición das tres disciplinas hípicas.

d) Relacionouse o comportamento técnico-táctico do xinete ou da xinete coas condutas observadas no cabalo durante o adestramento e competición das tres disciplinas hípicas.

e) Analizáronse as técnicas e estratexias de modificación da conduta do cabalo.

f) Relacionáronse as técnicas e estratexias de modificación da conduta do cabalo co comportamento observado durante o adestramento e competición das tres disciplinas hípicas.

g) Valorouse a importancia de relacionar a análise das condutas observadas no cabalo co comportamento técnico-táctico do xinete ou da xinete durante o adestramento e a competición das tres disciplinas hípicas, e a influencia na saúde e benestar do cabalo.

3. Programa a medio e curto prazo o adestramento condicional do cabalo analizando as características dos medios e métodos de preparación, xustificando as características da sesión de traballo específica no alto rendemento.

a) Analizáronse as características dos medios e métodos de adestramento da forza do cabalo nas tres disciplinas de alto rendemento.

b) Analizáronse as características dos medios e métodos de adestramento da resistencia do cabalo nas tres disciplinas de alto rendemento.

c) Analizáronse as características dos medios e métodos de adestramento da velocidade do cabalo nas tres disciplinas de alto rendemento.

d) Analizáronse as características dos medios e métodos de adestramento da flexibilidade do cabalo nas tres disciplinas de alto rendemento.

e) Analizáronse as características das sesións específicas de adestramento condicional do cabalo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

f) Analizáronse as relacións e interferencias, que se producen entre os métodos de adestramento condicional do cabalo de alto rendemento, segundo a disciplina.

g) Elaborouse un suposto práctico de programación a curto e medio prazo do adestramento condicional do cabalo de alto rendemento.

h) Valorouse a importancia das sesións específicas no adestramento condicional do cabalo de alto rendemento nos programas a medio e curto prazo.

4. Vela polo coidado do cabalo de alto rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, analizando e elaborando dietas específicas de adestramento e competición, analizando os efectos das substancias dopantes no cabalo, e seleccionando e aplicando os coidados específicos do cabalo de alto rendemento no adestramento e a competición.

a) Relacionáronse as características físicas e metabólicas dos cabalos de saltos, doma e concurso completo coas necesidades nutricionais no adestramento e a competición en cada unha das tres disciplinas hípicas no alto rendemento.

b) Analizáronse os nutrientes e elaboráronse as dietas específicas no adestramento e a competición dos cabalos de saltos, doma e concurso completo no alto rendemento.

c) Analizáronse as necesidades hídricas e iónicas dos cabalos de saltos, doma e concurso completo no adestramento e a competición en cada unha das tres disciplinas hípicas no alto rendemento.

d) Analizáronse as axudas ergoxénicas para os cabalos de saltos, doma e concurso completo no adestramento e a competición en cada unha das tres disciplinas hípicas no alto rendemento.

e) Describiuse a relación das substancias dopantes e relacionáronse cos efectos a curto, medio e longo prazo no cabalo de alto rendemento.

f) Describíronse os métodos e procedementos de control, a curto, medio e longo prazo, da dopaxe no cabalo de alto rendemento.

g) Describíronse as principais lesións e enfermidades do cabalo montado no adestramento e a competición de saltos, doma e concurso completo no alto rendemento.

h) Analizáronse os tratamentos médicos veterinarios e a súa incidencia no proceso de control da dopaxe.

i) Analizáronse os coidados e o manexo específico do cabalo de alto rendemento en cada unha das disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo.

j) Describíronse e seleccionáronse os equipamentos e arreos de monta e protección do cabalo no adestramento e a competición de saltos, doma e concurso completo no alto rendemento.

k) Analizáronse os coidados e técnicas para a recuperación dos cabalos de alto rendemento logo do adestramento e a competición de alto rendemento.

l) Valorouse a importancia dos coidados específicos no mantemento da saúde e benestar do cabalo de alto rendemento.

5. Detecta, identifica e selecciona cabalos nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, analizando as características dos sistemas de cría, seleccionando a información relevante na predición do éxito deportivo, aplicando técnicas específicas, analizando o comportamento dos mercados internacionais de compra e venda de cabalos, e analizando os modelos de preparación a longo prazo do cabalo.

a) Analizáronse as características das diferentes capacidades, condutas e patróns de comportamento que determinan o perfil do cabalo de alto rendemento, nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

b) Seleccionáronse os valores de referencia que determinan a evolución das capacidades, condutas e patróns de comportamento do cabalo ao longo das diferentes etapas da súa vida deportiva nas diferentes disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

c) Seleccionáronse, de forma xustificada, os criterios de detección, identificación e selección de cabalos en función dos diferentes niveis de competición en cada unha das disciplinas hípicas de alto rendemento deportivo.

d) Seleccionáronse e relacionáronse as técnicas de valoración das capacidades, condutas e patróns de comportamento do cabalo, coas diferentes características das disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

e) Elaborouse un plan de detección, identificación e selección de cabalos con talento deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

f) Xustificouse a necesidade de respectar a saúde e benestar do cabalo no proceso de desenvolvemento dos talentos deportivos nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo.

Contidos básicos:

1. Valora as adaptacións do cabalo de alto rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, analizando as respostas fisiolóxicas ao adestramento, aplicando técnicas e metodoloxías específicas de valoración.

• Adaptacións osteoarticulares no cabalo montado de saltos, doma e concurso completo de alto rendemento. Efecto do adestramento das capacidades condicionais no proceso de adaptación osteoarticular.

• Adaptacións mecánicas e fisiolóxicas da musculatura do cabalo montado no adestramento das capacidades condicionais nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo no alto rendemento.

• Adaptacións fisiolóxicas do aparello cardiorespiratorio do cabalo producidas polo adestramento condicional nas tres disciplinas hípicas no alto rendemento.

• Tipos de fontes enerxéticas no adestramento condicional do cabalo montado nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo no alto rendemento.

• Valoración da condición física do cabalo montado no adestramento condicional: métodos e técnicas.

• Valoración dos procesos de adaptación funcional do cabalo montado como consecuencia da adecuación do adestramento condicional aos obxectivos do alto rendemento.

2. Interpreta o comportamento do cabalo de alto rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, relacionando as actitudes e comportamentos do xinete ou da xinete co comportamento do cabalo, analizando as técnicas e estratexias de modificación da conduta do cabalo.

• Patróns básicos de comportamento do cabalo:

– Características.

– Parámetros de descrición de conduta en liberdade.

– Parámetros de descrición de conduta en adestramento e competición.

• Adestramento da actitude e conduta do cabalo.

– Xestión da presión, pausas e recompensas.

• Técnicas e estratexias de modificación de conduta do cabalo:

– Adestramento pé a terra xeral.

– Adestramento pé a terra por disciplinas.

– Adestramento montado xeral.

– Adestramento montado específico por disciplinas.

– Adestramento montado competitivo por disciplinas.

• Comportamento técnico-táctico do xinete ou da xinete e a conduta do cabalo:

– Características xerais en adestramento e competición.

– Análise por disciplinas en adestramento e competición.

• O estudo de patróns de comportamento e conduta do cabalo. Experiencias nas diferentes disciplinas:

– O método Parelli, Horsenalities e outros.

3. Programa a medio e curto prazo o adestramento condicional do cabalo analizando as características dos métodos de preparación, xustificando as características da sesión de traballo específica no alto rendemento.

• O adestramento condicional do cabalo nas tres disciplinas de alto rendemento. Programación a curto e medio prazo.

• As sesións específicas de adestramento condicional do cabalo nas tres disciplinas de alto rendemento. Características.

• Os medios e métodos de adestramento da forza do cabalo nas tres disciplinas de alto rendemento.

• Os medios e métodos de adestramento da resistencia do cabalo nas tres disciplinas de alto rendemento.

• Os medios e métodos de adestramento da velocidade do cabalo nas tres disciplinas de alto rendemento.

• Os medios e métodos de adestramento da flexibilidade do cabalo nas tres disciplinas de alto rendemento.

• Relacións e interferencias entre os medios e métodos de adestramento condicional do cabalo.

4. Vela polo coidado do cabalo de alto rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, analizando e elaborando dietas específicas de adestramento e competición, analizando os efectos das substancias dopantes no cabalo, e seleccionando e aplicando os coidados específicos do cabalo de alto rendemento no adestramento e a competición.

• Necesidades nutricionais para o adestramento e a competición no alto rendemento, en función das características metabólicas do cabalo de saltos, doma e concurso completo de alto rendemento.

• Nutrientes específicos para o adestramento e a competición no alto rendemento. Bases para a elaboración das dietas en cabalos de alto rendemento.

• Dietas de referencia para o cabalo de saltos, doma e concurso completo para o adestramento e a competición no alto rendemento. Dietas hídricas e a súa cuantificación. Equilibrio iónico.

• Axudas ergoxénicas. Dosificación no alto rendemento.

• Relación das substancias dopantes e os seus efectos. Lexislación específica. Métodos e procedementos de control da dopaxe.

• Principais lesións e enfermidades do cabalo de alto rendemento. A súa prevención e tratamento. Incidencias no proceso de control da dopaxe. Excepcións e autorizacións.

• Coidados e manexo do cabalo de alto rendemento. Especificidade nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo.

• Equipamentos e arreos para a monta. Equipamentos para a protección do cabalo. Especificidade segundo a disciplina.

• Técnicas e manexos para a recuperación dos cabalos pos-esforzo no alto rendemento.

• Valoración dos coidados específicos como método para manter a saúde e benestar do cabalo de alto rendemento.

5. Detecta, identifica e selecciona cabalos nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, analizando as características dos sistemas de cría, seleccionando a información relevante na predición do éxito deportivo, aplicando técnicas específicas, analizando o comportamento dos mercados internacionais de compra e venda de cabalos, e analizando os modelos de preparación a longo prazo do cabalo.

• Capacidades condicionais e coordinativas do cabalo para as disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo de Equitación.

• Patróns de comportamento e condutas do cabalo de alto rendemento deportivo nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo de Equitación.

• Evolución das capacidades, condutas e patróns de comportamento do cabalo nas diferentes etapas da vida deportiva:

– Análise xeral.

– Por disciplinas.

• Plans de detección, identificación e selección de talentos para cada disciplina deportiva no mercado:

– Razas e liñas máis importantes por disciplina.

– Idades e niveis de competición.

• Análise dos mercados:

– Mercados de exemplares particulares.

– Mercado en criadores e gandarías.

– Prezos, liñas e tendencias.

• Salóns, poxas e competicións.

• Criterios de valoración:

– Nivel de saúde e revisións veterinarias.

– Técnica, contrastacións e probas.

– Prestacións deportivas. Resultados en adestramento e competición.

Módulo específico de ensino deportivo: Dirección e xestión dun centro ecuestre.

Código: MED-HIHI305.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Dirixe e xestiona os medios, equipamentos e instalacións dun centro ecuestre, analizando as súas características, relacionándoos coas actividades que se poden desenvolver e aplicando procedementos de selección e optimización establecidos.

a) Identificáronse os recursos do contorno dun centro ecuestre, relacionándoos coas actividades que se poden desenvolver.

b) Relacionáronse as necesidades materiais, equipamentos e instalacións dun centro ecuestre coas actividades que poida desenvolver.

c) Xustificáronse os criterios de selección dos medios materiais, equipamentos e instalacións propios dun centro ecuestre en función das actividades que realiza.

d) Xustificáronse os criterios de selección dos recursos materiais e cabalos necesarios de ensino e adestramento nun centro ecuestre.

e) Analizáronse e aplicáronse procedementos de optimización de uso de medios materiais, cabalos, equipamentos e instalacións dun centro ecuestre en función da súa actividade.

f) Xustificáronse as normas de uso do material, cabalos e instalacións nas sesións de ensino e adestramento por parte do persoal técnico implicado nun centro ecuestre.

g) Valorouse a importancia do uso de medios materiais, e dos equipamentos e instalacións adecuados co fin de respectar o benestar do cabalo e os valores e actitudes propios da persoa deportista.

2. Supervisa as condicións específicas de seguridade das instalacións, medios e recursos humanos dun centro ecuestre, aplicando os procedementos establecidos e relacionándoos coa normativa vixente.

a) Identificouse a normativa vixente referente á seguridade dun centro ecuestre, e analizáronse as condicións que deben cumprir as instalacións e os medios dun centro ecuestre.

b) Identificáronse os posibles riscos laborais, específicos de cada posto de traballo, en relación coa normativa vixente, describindo as situacións de risco, enfermidades profesionais e accidentes máis frecuentes dun centro ecuestre.

c) Aplicáronse os procedementos de supervisión da seguridade e hixiene no centro ecuestre en relación coa normativa vixente.

d) Elaborouse un plan específico de prevención de accidentes e riscos laborais incluíndo os protocolos de actuación en caso de emerxencia nun centro ecuestre.

e) Valorouse a importancia dunha actitude de prevención de riscos no ámbito de xestión dun centro ecuestre.

f) Analizouse e exemplificouse a normativa sobre accesibilidade nun centro ecuestre por parte de persoas con discapacidade ou mobilidade reducida.

3. Xestiona, dirixe e coordina o funcionamento dun centro ecuestre, identificando as características organizativas e recursos humanos, aplicando os procedementos establecidos.

a) Elaborouse o organigrama estrutural do centro ecuestre, identificando as diversas áreas de funcionamento.

b) Analizáronse as características organizativas de cada área en función das actividades que se van desenvolver.

c) Relacionouse o perfil profesional e académico do persoal coas características funcionais de cada área do centro ecuestre.

d) Xustificáronse os procedementos de dirección e coordinación das diferentes áreas de funcionamento.

e) Valorouse o traballo en equipo, a actitude tolerante, a cooperación e o respecto ás demais persoas na dirección e xestión dos recursos humanos dun centro ecuestre.

f) Analizáronse os procedementos administrativos específicos relativos á xestión dun centro ecuestre.

g) Identificáronse as obrigas contables, fiscais e laborais, específicas dunha organización deportiva ou empresa cuxo obxectivo de actuación é a explotación dun centro ecuestre.

h) Formalizáronse os protocolos de declaración-liquidación dos impostos de IAE, IVA, IRPF e imposto de sociedades propios da explotación dun centro ecuestre.

4. Orienta o xinete ou a xinete sobre as posibles saídas profesionais como persoal técnico deportivo superior en Hípica, analizando os itinerarios e o ámbito profesional.

a) Analizáronse e clasificáronse as posibles saídas profesionais do persoal técnico deportivo en hípica.

b) Analizouse o perfil do persoal técnico deportivo, necesario en cada unha das posibles saídas profesionais do persoal técnico en hípica.

c) Analizouse a relación que debe existir entre os obxectivos do ámbito profesional e os contidos que os desenvolven.

d) Analizáronse as características e motivacións dos xinetes ou das xinetes e as súas posibles vinculacións coas saídas profesionais no ámbito da hípica.

e) Analizouse e xestionouse a documentación necesaria para o acceso aos cursos de formación do persoal técnico deportivo en Hípica.

f) Analizáronse as especializacións profesionais recollidas na titulación oficial e a súa vinculación cos itinerarios e saídas profesionais.

g) Valorouse a importancia da formación permanente nos diferentes ámbitos do deporte hípico como medio de adaptación ás demandas sociais.

Contidos básicos:

1. Dirixe e xestiona os medios, equipamentos e instalacións dun centro ecuestre, analizando as súas características, relacionándoos coas actividades que se poden desenvolver e aplicando procedementos de selección e optimización establecidos.

• Centro ecuestre:

– Definición, recursos e infraestrutura.

– Actividades e as súas características.

• Medios materiais propios dun centro ecuestre:

– Características.

– Criterios de selección.

– Medios para o ensino e adestramento: cabalos e equipamento.

– Optimización de uso e os seus procedementos.

• Normas de uso de materiais, cabalos e instalacións.

• Normativa sobre protección animal e benestar do cabalo.

2. Supervisa as condicións específicas de seguridade das instalacións, medios e recursos humanos dun centro ecuestre, aplicando os procedementos establecidos e relacionándoos coa normativa vixente.

• Normativa de seguridade e hixiene nun centro ecuestre. Instalacións e medios materiais:

– Riscos laborais específicos.

– Enfermidades profesionais.

– Accidentes.

– A prevención.

• Plan específico de prevención de accidentes e riscos laborais nun centro ecuestre:

– Protocolos en caso de emerxencia.

• Procedementos de supervisión da seguridade e hixiene.

• Accesibilidade ás instalacións do centro ecuestre.

3. Xestiona, dirixe e coordina o funcionamento dun centro ecuestre, identificando as características organizativas e recursos humanos, e aplicando os procedementos establecidos.

• Estrutura organizativa dun centro ecuestre:

– Áreas de funcionamento. Características.

– Dirección e coordinación.

• Persoal dun centro ecuestre:

– Perfil profesional.

– Perfil académico.

• Procedementos administrativos específicos dun centro ecuestre:

– Núcleo zoolóxico. Normativa. Código de explotación gandeira.

– Libro de rexistro de gando.

– Controis veterinarios.

• Obrigas contables, fiscais e laborais dun centro ecuestre:

– Réxime especial agrario.

– Contratos laborais específicos.

– Protocolos específicos.

4. Orienta o xinete ou a xinete sobre as posibles saídas profesionais como persoal técnico deportivo superior en hípica, analizando os itinerarios e o ámbito profesional.

• O persoal técnico deportivo en Hípica:

– Análise das saídas profesionais.

– Perfil requirido en cada un dos posibles itinerarios profesionais.

– Ámbito profesional do persoal técnico superior en Hípica.

• Características e motivacións dos xinetes ou das xinetes e as súas posibles vinculacións coas saídas profesionais.

• Os cursos de formación: información xeral, requisitos de acceso, documentación necesaria, as posibles especializacións e a súa vinculación cos itinerarios e saídas profesionais.

• A formación permanente como medio de adaptación ás demandas sociais.

Módulo específico de ensino deportivo: Adestramento técnico-táctico en hípica.

Código: MED-HIHI306.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora a execución deportiva do binomio no nivel de alto rendemento deportivo, analizando os principios biomecánicos do movemento deportivo, xustificando a selección de información necesaria e aplicando técnicas e instrumentos.

a) Analizáronse os principios biomecánicos que inflúen nas accións do xinete ou da xinete durante a execución deportiva do alto rendemento deportivo.

b) Analizáronse os principios biomecánicos que inflúen no modelo técnico utilizado polo cabalo na execución deportiva de alto rendemento deportivo.

c) Clasificáronse os factores técnicos que poden afectar a execución deportiva do binomio no alto rendemento deportivo.

d) Xustificáronse os factores físicos e técnicos que poden afectar o cabalo na súa execución deportiva no alto rendemento deportivo.

e) Establecéronse e xustificáronse os criterios de preferencia no tratamento da información obtida na observación.

f) Fundamentáronse os instrumentos de análise e observación empregados na práctica.

g) Valorouse a importancia que ten a información obtida mediante a análise biomecánica na mellora da execución técnica do binomio.

2. Utiliza as novas tecnoloxías e medios audiovisuais no rexistro e valoración do adestramento e as competicións hípicas de alto nivel, caracterizando os diferentes medios utilizables, aplicando técnicas e procedementos específicos de procesamento e edición da información e as imaxes.

a) Seleccionáronse e establecéronse os elementos da execución deportiva do binomio que poden ser valoradas a través de novas tecnoloxías e medios audiovisuais.

b) Seleccionáronse as novas tecnoloxías e os medios audiovisuais adecuados na análise e seguimento do rendemento do binomio durante o adestramento e a competición.

c) Definíronse os protocolos de obtención, rexistro, avaliación e comparación dos datos obtidos a través de novas tecnoloxías e medios audiovisuais.

d) Describíronse as características dos medios audiovisuais e de procesamento das imaxes necesarias no rexistro e valoración das técnicas de hípica.

e) Relacionáronse os diferentes tipos de planos e as diferentes técnicas de filmación coas técnicas e tácticas utilizadas durante as probas de saltos, doma e concurso completo.

f) Aplicáronse técnicas de filmación adaptadas ás necesidades de saltos, doma clásica e concurso completo en situación de adestramento e competición.

g) Aplicáronse técnicas de montaxe de filmacións cos medios audiovisuais adecuados.

h) Valorouse a importancia da utilización de medios audiovisuais e novas tecnoloxías no rexistro e valoración do adestramento e a competición no alto rendemento deportivo.

3. Avalía o rendemento técnico-táctico do binomio xinete-cabalo no adestramento e durante a competición de alto rendemento de saltos, analizando as características do comportamento técnico-táctico na disciplina, e xustificando os erros técnico-tácticos desta etapa e relacionándoos coas tarefas de corrección, deseñando actividades e tarefas de traballo técnico-táctico, demostrando as técnicas específicas de adestramento neste nivel.

a) Detallouse o comportamento técnico do binomio no adestramento e na competición de alto rendemento deportivo na disciplina de Salto, fundamentando as características do modelo técnico utilizado en cada caso.

b) Valorouse o comportamento táctico do xinete ou da xinete con respecto ao cabalo no adestramento e na competición detectando as posibles variacións no seguimento e aplicación do modelo táctico establecido para o alto rendemento deportivo na disciplina de Salto.

c) Relacionáronse os indicadores do comportamento do cabalo que poñen de manifesto os seus niveis de motivación e colaboración durante o adestramento e a competición de saltos de alto rendemento deportivo, co comportamento táctico do xinete ou da xinete.

d) Categorizáronse e xustificáronse os erros técnico-tácticos do xinete ou da xinete, observados durante o adestramento e a competición de saltos de alto rendemento deportivo.

e) Priorizáronse as áreas de intervención preferente, na corrección dos erros técnicos-tácticos do xinete ou da xinete, durante o adestramento e a competición de saltos de alto rendemento deportivo.

f) Establecéronse e xustificáronse as correccións técnicas aplicables ás desviacións observadas respecto ao modelo técnico de saltos, durante o adestramento e a competición de saltos de alto rendemento deportivo.

g) Categorizáronse as correccións propostas no comportamento táctico do xinete ou da xinete de saltos de alto rendemento deportivo.

h) Deseñouse un plan de actividades e unha programación de tarefas de mellora técnico-táctica no adestramento e a competición de saltos de alto rendemento deportivo.

i) Demostráronse as técnicas específicas de monta utilizadas no adestramento de alto rendemento deportivo de saltos.

j) Valorouse a importancia da análise do comportamento técnico-táctico do binomio, a identificación dos erros, a relación con tarefas de corrección, o deseño de actividades e tarefas de traballo técnico-táctico e a demostración das técnicas específicas de monta no nivel de alto rendemento deportivo.

k) Establecéronse e xustificáronse os criterios de avaliación da actitude do binomio durante o adestramento e a competición nesta disciplina.

l) Valorouse a importancia da actitude do binomio relacionándoa co rendemento no adestramento e a competición nesta disciplina.

4. Avalía o rendemento técnico-táctico do binomio xinete-cabalo no adestramento e durante a competición de alto rendemento de doma clásica, analizando as características do comportamento técnico-táctico na disciplina, e xustificando os erros técnico-tácticos desta etapa e relacionándoos coas tarefas de corrección, deseñando actividades e tarefas de traballo técnico-táctico, demostrando as técnicas específicas de adestramento neste nivel.

a) Detallouse o comportamento técnico do binomio no adestramento e na competición de alto rendemento deportivo fundamentando as características do modelo técnico utilizado en cada caso.

b) Valorouse o comportamento táctico do xinete ou da xinete con respecto ao cabalo no adestramento e na competición detectando as posibles variacións no seguimento e aplicación do modelo táctico establecido para o alto rendemento deportivo.

c) Relacionáronse as posibles variacións ou afectacións no modelo técnico-táctico do binomio susceptibles de producirse como consecuencia da análise e valoración dos cambios nos factores ambientais e do contorno da competición.

d) Relacionáronse os indicadores do comportamento do cabalo que poñen de manifesto os seus niveis de motivación e colaboración durante o adestramento e a competición de doma clásica de alto rendemento deportivo, co comportamento táctico do xinete ou da xinete.

e) Categorizáronse e xustificáronse os erros técnico-tácticos observados na execución deportiva de alto rendemento deportivo en doma.

f) Priorizáronse as áreas de intervención preferente, na corrección dos erros técnico-tácticos observados no adestramento e a competición.

g) Establecéronse e xustificáronse as correccións técnicas aplicables ás desviacións observadas respecto ao modelo técnico.

h) Categorizáronse as correccións propostas no comportamento táctico do xinete ou da xinete tanto no adestramento como na competición de alto rendemento deportivo.

i) Deseñouse un plan de actividades e unha programación de tarefas de mellora técnico-táctica.

j) Demostráronse as técnicas específicas de monta utilizadas no adestramento de alto rendemento deportivo de doma clásica.

k) Valorouse a importancia da análise do comportamento técnico-táctico do binomio, a xustificación dos seus erros, a relación con tarefas de corrección, o deseño de actividades e tarefas de traballo técnico-táctico e a demostración das técnicas específicas de monta neste nivel.

l) Establecéronse e xustificáronse os criterios de avaliación da actitude do binomio durante o adestramento e a competición nesta disciplina.

m) Valorouse a importancia da actitude do binomio relacionándoa co rendemento no adestramento e a competición nesta disciplina.

5. Avalía o rendemento técnico-táctico do binomio xinete-cabalo no adestramento e durante a competición de alto rendemento de concurso completo, analizando as características do comportamento técnico-táctico na disciplina, e xustificando os erros técnico-tácticos desta etapa e relacionándoos coas tarefas de corrección, deseñando actividades e tarefas de traballo técnico-táctico, demostrando as técnicas específicas de monta neste nivel.

a) Detallouse o comportamento técnico do binomio no adestramento e na competición de alto rendemento deportivo na disciplina de Concurso Completo de Equitación, fundamentando as características do modelo técnico utilizado en cada caso.

b) Valorouse o comportamento táctico do xinete ou da xinete con respecto ao cabalo no adestramento e na competición detectando as posibles variacións no seguimento e aplicación do modelo táctico establecido para o alto rendemento deportivo na disciplina de Concurso Completo de Equitación.

c) Relacionáronse os indicadores do comportamento do cabalo que poñen de manifesto os seus niveis de motivación e colaboración durante o adestramento e a competición de concurso completo de equitación no alto rendemento deportivo, co comportamento táctico do xinete ou da xinete.

d) Categorizáronse e xustificáronse os erros técnico-tácticos do xinete ou da xinete, observados durante o adestramento e a competición de concurso completo de equitación de alto rendemento deportivo.

e) Priorizáronse as áreas de intervención preferente, na corrección dos erros técnico-tácticos do xinete ou da xinete, durante o adestramento e a competición de concurso completo de equitación de alto rendemento deportivo.

f) Establecéronse e xustificáronse as correccións técnicas aplicables ás desviacións observadas respecto ao modelo técnico durante o adestramento e a competición de concurso completo de equitación de alto rendemento deportivo.

g) Categorizáronse as correccións propostas ás desviacións observadas no comportamento táctico do xinete ou da xinete tanto no adestramento como na competición de concurso completo de equitación de alto rendemento deportivo.

h) Deseñouse un plan de actividades e unha programación de tarefas de mellora técnico-táctica durante o adestramento e a competición de concurso completo de equitación de alto rendemento deportivo.

i) Demostráronse as técnicas específicas de monta utilizadas no adestramento de alto rendemento deportivo de concurso completo de equitación.

j) Valorouse a importancia da análise do comportamento técnico-táctico do binomio, a identificación dos erros, a relación coas tarefas de corrección, o deseño das actividades e as tarefas de traballo técnico-táctico e a demostración das técnicas específicas de monta no nivel de alto rendemento deportivo.

k) Establecéronse e xustificáronse os criterios de avaliación da actitude do binomio durante o adestramento e a competición nesta disciplina.

l) Valorouse a importancia da actitude do binomio relacionándoa co rendemento no adestramento e a competición nesta disciplina.

6. Dirixe o adestramento técnico-táctico do binomio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, aplicando medios e métodos específicos de adestramento do alto rendemento e xustificando as medidas e estratexias de control da continxencia.

a) Caracterizáronse os diferentes medios e métodos específicos de adestramento técnico-táctico do binomio para o alto rendemento deportivo nas tres disciplinas.

b) Priorizáronse os exercicios xerais e específicos para o adestramento e a competición do binomio no alto rendemento deportivo, nas diferentes disciplinas olímpicas de hípica.

c) Valorouse a importancia de integrar o adestramento da actitude e conduta do cabalo no adestramento técnico-táctico das tres disciplinas hípicas.

d) Xustificáronse as interaccións entre os diferentes medios e métodos de adestramento en cada unha das disciplinas olímpicas en hípica.

e) Categorizáronse as diferentes áreas susceptibles de xerar continxencias que poidan afectar o adestramento técnico-táctico do binomio no alto rendemento deportivo, nas disciplinas olímpicas de hípica.

f) Establecéronse os protocolos de análises de novos contornos ou situacións de adestramento.

g) Deseñáronse os plans xerais de actuación adecuados para reducir a influencia das continxencias no adestramento do binomio.

h) Identificáronse os mecanismos de prevención e control de continxencias durante o adestramento do binomio no alto rendemento deportivo nas disciplinas olímpicas de hípica.

i) Valorouse a importancia da utilización de medidas e estratexias de control da continxencia, e a necesidade de aplicación de medios e métodos específicos para iso na dirección do adestramento no alto rendemento deportivo.

Contidos básicos:

1. Valora a execución deportiva do binomio no nivel de alto rendemento deportivo, analizando os principios biomecánicos do movemento deportivo, xustificando a selección de información necesaria e aplicando técnicas e instrumentos.

• Principios biomecánicos que inflúen nos xestos técnicos que conforman as accións do xinete ou da xinete na execución deportiva do alto rendemento deportivo.

• Principios biomecánicos que inflúen no modelo técnico utilizado polo cabalo na execución deportiva do alto rendemento deportivo.

• Instrumentos e técnicas de análise utilizadas na valoración da execución técnica do binomio:

– Observación da execución técnica. Confección de listas de control.

– Escalas de clasificación, descritivas e de puntuación atendendo á corrección de execución técnica do xinete ou da xinete, e o efecto producido.

• Factores para a avaliación xeral do modelo técnico do binomio: criterios preferentes. Mantemento do modelo técnico.

• Factores físicos e técnicos:

– Coordinación de movementos.

– Aproveitamento de forzas.

– Redución das tensións musculares.

– Aplicación das forzas de dirección e dos momentos óptimos.

• Execución dos aires, desprazamentos e traxectorias. Factores técnicos:

– Exercicios básicos e transicións.

– Execución técnica en situacións de contorno cambiante e fatiga.

– Locomoción e a súa relación con «tempo», «amplitude» e «equilibrio».

– Estética e corrección no emprego de accións técnicas do xinete ou da xinete.

• Criterios de avaliación da actitude do binomio.

2. Utiliza as novas tecnoloxías e os medios audiovisuais no rexistro e na valoración do adestramento e das competicións hípicas de alto nivel, caracterizando os diferentes medios utilizables, aplicando as técnicas e os procedementos específicos de procesamento e a edición da información e as imaxes.

• A observación da execución técnica do binomio durante o adestramento e a competición a través das novas tecnoloxías.

• Protocolos de obtención, análise e comparación de datos.

• Instrumentos de recollida de datos.

• Estudos cinemáticos e cinéticos:

– Cámaras de vídeo: características e mantemento.

– Técnicas de filmación.

– Edición de vídeo. Programas.

• Análise asistida por ordenador:

– Programa ATD (análise da técnica deportiva).

– Estudos comparativos.

– Outros instrumentos de medición do rendemento: estudos electromiográficos.

3. Avalía o rendemento técnico-táctico do binomio xinete-cabalo no adestramento e durante a competición de alto rendemento de saltos, analizando as características do comportamento técnico-táctico na disciplina, e xustificando os erros técnico-tácticos desta etapa e relacionándoos coas tarefas de corrección, deseñando actividades e tarefas de traballo técnico-táctico, demostrando as técnicas específicas de adestramento neste nivel.

• Os modelos técnicos do cabalo e do xinete ou da xinete na disciplina de Salto:

– Características.

– Análise, variacións e detección de causas.

– Influencias do contorno e factores ambientais.

– Avaliación.

– Demostracións técnicas.

• O procedemento de avaliación do comportamento técnico do binomio na disciplina de Salto:

– Factores cualitativos e cuantitativos do comportamento técnico do binomio no adestramento e na competición.

• Características do movemento en xeral: ritmo, velocidade, impulsión e equilibrio.

• Modelo técnico e mantemento.

• Exercicios específicos.

• Estado de forma condicional.

• Nivel de rendemento técnico.

• Actitude e interrelación do binomio.

• Criterios cuantitativos e cualitativos na avaliación do comportamento técnico-táctico do binomio no adestramento:

– Erros do xinete ou da xinete e do cabalo no modelo, na execución, tácticos etc.

– Natureza e causas.

• Criterios cuantitativos e cualitativos na avaliación do comportamento técnico-táctico do binomio na competición:

– Erros do xinete ou da xinete e do cabalo no modelo, na execución, tácticos, etc.

– Natureza e causas.

• A actitude do binomio durante o adestramento e a competición:

– Indicadores e detección de variacións.

– Mantemento e mellora: técnicas e métodos.

– Metodoloxía da corrección dos erros.

– Análise e detección.

– Criterios de priorización ou preferencia.

– Deseño de tarefas teóricas e prácticas de corrección. Características.

– Aspectos tácticos de relación co cabalo.

4. Avalía o rendemento técnico-táctico do binomio xinete-cabalo no adestramento e durante a competición de alto rendemento de doma clásica, analizando as características do comportamento técnico-táctico na disciplina, e xustificando os erros técnico-tácticos desta etapa e relacionándoos coas tarefas de corrección, deseñando actividades e tarefas de traballo técnico-táctico, demostrando as técnicas específicas de monta neste nivel.

• Os modelos técnicos do cabalo e do xinete ou da xinete na disciplina:

– Características.

– Análise, variacións e detección de causas.

– Influencias do contorno e factores ambientais.

– Avaliación.

– Demostracións técnicas.

• O procedemento de avaliación do comportamento técnico do binomio en doma clásica.

• Factores cualitativos e cuantitativos do comportamento técnico do binomio no adestramento e a competición:

– Aires e mobilidade xeral.

– Modelo técnico e mantemento.

– Exercicios específicos.

– Estado de forma condicional.

– Nivel de rendemento técnico.

– Actitude e interrelación binomio.

• Criterios cuantitativos e cualitativos na avaliación do comportamento técnico-táctico do binomio no adestramento:

– Erros do xinete ou da xinete e do cabalo no modelo, na execución, tácticos, etc.

– Natureza e causas.

• Criterios cuantitativos e cualitativos na avaliación do comportamento técnico-táctico do binomio na competición:

– Erros do xinete ou da xinete e do cabalo no modelo, na execución, tácticos, etc.

– Natureza e causas.

• A actitude do binomio durante o adestramento e a competición:

– Indicadores e detección de variacións.

– Mantemento e mellora: técnicas e métodos.

– Metodoloxía da corrección dos erros.

• Criterios de priorización ou preferencia:

– Análise e detección.

– Deseño de tarefas teóricas e prácticas de corrección. Características.

– Aspectos tácticos de relación co cabalo.

5. Avalía o rendemento técnico-táctico do binomio xinete-cabalo no adestramento e durante a competición de alto rendemento de concurso completo, analizando as características do comportamento técnico-táctico na disciplina, e xustificando os erros técnico-tácticos desta etapa e relacionándoos coas tarefas de corrección, deseñando actividades e tarefas de traballo técnico-táctico, demostrando as técnicas específicas de monta neste nivel.

• Os modelos técnicos do cabalo e do xinete ou da xinete na disciplina de Concurso Completo de Equitación, referidos á proba de cross:

– Características.

– Análise, variacións e detección de causas.

– Influencias do contorno e factores ambientais.

– Avaliación.

– Demostracións técnicas.

• O procedemento de avaliación do comportamento técnico do binomio na disciplina de Concurso Completo de Equitación, referido á proba de cross.

• Factores cualitativos e cuantitativos do comportamento técnico do binomio no adestramento e a competición:

– Características do movemento en xeral: ritmo, velocidade, impulsión e equilibrio.

– Modelo técnico e mantemento.

– Exercicios específicos.

– Estado de forma condicional.

– Nivel de rendemento técnico.

– Actitude e interrelación do binomio.

• Criterios cuantitativos e cualitativos na avaliación do comportamento técnico-táctico do binomio no adestramento de cross:

– Erros do xinete ou da xinete e do cabalo no modelo, na execución, tácticos, etc.

– Natureza e causas.

• Criterios cuantitativos e cualitativos na avaliación do comportamento técnico-táctico do binomio na competición de cross:

– Erros do xinete ou da xinete e do cabalo no modelo, na execución, tácticos, etc.

– Natureza e causas.

• A actitude do binomio durante o adestramento e a competición:

– Indicadores e detección de variacións.

– Mantemento e mellora: técnicas e métodos.

– Metodoloxía da corrección dos erros.

– Análise e detección.

• Criterios de priorización ou preferencia:

– Deseño de tarefas teóricas e prácticas de corrección. Características.

– Aspectos tácticos de relación co cabalo.

6. Dirixe o adestramento técnico-táctico do binomio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo, aplicando medios e métodos específicos de adestramento do alto rendemento e xustificando as medidas e estratexias de control da continxencia.

• Áreas susceptibles de xerar continxencias.

• As influencias das continxencias no rendemento deportivo do cabalo, o xinete ou a xinete e o binomio.

• Mecanismo de prevención e control de continxencias.

• Os medios e métodos específicos de adestramento para control e redución de continxencias.

• Adquisición, perfeccionamento e variación de modelos técnicos:

– Reprodución dos modelos: observación e análise de modelos, concienciación e visualización, e repetición de situacións técnicas.

• Execución dos exercicios xerais, específicos e de competición:

– Traballo en pista e no exterior.

• Métodos de adestramento xerais: capacidade aeróbica, anaeróbica e mixta.

• Métodos aplicados ás diferentes disciplinas:

– Intervalos e repeticións. Programa de intensidades progresivas.

– Adestramento físico e técnico con e sen obstáculos.

– Adestramento técnico-táctico.

– Relación entre o adestramento da actitude e comportamento do cabalo co adestramento técnico-táctico.

• Interaccións no adestramento.

Módulo específico de ensino deportivo: Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

Código: MED-HIHI307.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Dirixe o binomio xinete-cabalo en competicións de alto rendemento en saltos, valorando as posibles situacións tácticas/estratexias propias da disciplina, analizando as limitacións técnico-tácticas na competición condicionadas pola normativa, aplicando procedementos establecidos.

a) Caracterizáronse as diferentes estratexias de dirección do binomio en competicións de alto rendemento deportivo na disciplina de Salto.

b) Fundamentáronse as variables de que dependen as estratexias de dirección e comportamento do binomio na competición de alto rendemento deportivo na disciplina de Salto.

c) Analizáronse os factores do contorno e ambientais en relación coa súa influencia no desenvolvemento da competición de alto rendemento deportivo en doma clásica.

d) Xustificáronse e elaboráronse os protocolos de detección e seguimento dos cambios nos factores do contorno e ambientais que recomenden a variación dos plans ou estratexias de dirección e de comportamento do binomio e do equipo en competicións de alto rendemento deportivo en doma clásica.

e) Analizáronse as estratexias de dirección e comportamento do binomio e do equipo que permiten aproveitar ou minimizar a influencia dos factores do contorno e ambientais.

f) Analizáronse as limitacións que establece o regulamento no deseño e aplicación das estratexias de dirección e comportamento do binomio en competicións de alto rendemento deportivo na disciplina de Salto.

g) Relacionáronse os cambios na normativa cos cambios nas estratexias de dirección e comportamento do binomio na competición.

h) Valorouse a importancia da utilización dunha estratexia de dirección do binomio e do equipo acorde coa normativa e as posibles variacións no contorno da competición.

2. Dirixe o binomio xinete-cabalo e os equipos en competicións de alto rendemento de doma clásica, valorando as posibles situacións tácticas/estratexias propias da disciplina, analizando as limitacións técnico-tácticas na competición condicionadas pola normativa e as condicións do contorno da competición, aplicando procedementos establecidos.

a) Caracterizáronse as diferentes estratexias de dirección do binomio e do equipo en competicións de alto rendemento en doma clásica.

b) Fundamentáronse as variables de que dependen as estratexias de dirección e comportamento do binomio e do equipo na competición de alto rendemento deportivo na disciplina de Doma Clásica.

c) Analizáronse os factores do contorno e ambientais en relación coa súa influencia no desenvolvemento da competición de alto rendemento deportivo en doma clásica.

d) Xustificáronse e elaboráronse os protocolos de detección e seguimento dos cambios nos factores do contorno e ambientais que recomenden a variación dos plans ou estratexias de dirección e de comportamento do binomio e do equipo en competicións de alto rendemento deportivo en doma clásica.

e) Analizáronse as estratexias de dirección e comportamento do binomio e do equipo que permiten aproveitar ou minimizar a influencia dos factores do contorno e ambientais.

f) Analizáronse as limitacións que establece o regulamento no deseño e aplicación das estratexias de dirección e comportamento do binomio e do equipo en competicións de alto rendemento deportivo en doma clásica.

g) Relacionáronse os cambios na normativa cos cambios nas estratexias de dirección e comportamento do binomio e do equipo na competición.

h) Valorouse a importancia da utilización dunha estratexia de dirección do binomio e do equipo acorde coa normativa e as posibles variacións no contorno da competición.

3. Dirixe o binomio xinete-cabalo en competicións de alto rendemento de concurso completo valorando as posibles situacións tácticas/estratexias propias da disciplina, analizando as limitacións técnico-tácticas na competición condicionadas pola normativa, aplicando procedementos establecidos.

a) Caracterizáronse as diferentes estratexias de dirección do binomio e do equipo en competicións de alto rendemento en concurso completo de equitación.

b) Fundamentáronse as variables de que dependen as estratexias de dirección e comportamento do binomio e do equipo na competición de alto rendemento deportivo na disciplina de Concurso Completo de Equitación.

c) Analizáronse os factores do contorno e ambientais en relación coa súa influencia no desenvolvemento da competición de alto rendemento deportivo en concurso completo de equitación.

d) Xustificáronse e elaboráronse os protocolos de detección e seguimento dos cambios nos factores do contorno e ambientais que recomenden a variación dos plans ou estratexias de dirección e de comportamento do binomio e do equipo en competicións de alto rendemento deportivo en concurso completo de equitación.

e) Analizáronse as estratexias de dirección e comportamento do binomio e do equipo que permiten aproveitar ou minimizar a influencia dos factores do contorno e ambientais.

f) Analizáronse as limitacións que establece o regulamento no deseño e aplicación das estratexias de dirección e comportamento do binomio e do equipo en competicións de alto rendemento deportivo en concurso completo de equitación.

g) Relacionáronse os cambios na normativa cos cambios nas estratexias de dirección e comportamento do binomio e do equipo na competición.

h) Valorouse a importancia da utilización dunha estratexia de dirección do binomio e do equipo acorde coa normativa e as posibles variacións no contorno da competición.

4. Realiza o deseño técnico da competición de alto rendemento de saltos, seleccionando as características técnicas, dificultades e tipos de chan no deseño de percorridos e trazados, valorando a influencia dos factores ambientais na competición e aplicando os procedementos establecidos.

a) Fundamentáronse os elementos que poden influír no deseño técnico das competicións de alto rendemento deportivo na disciplina de Salto.

b) Categorizáronse os obstáculos e trazados que determinan o nivel e a dificultade dos percorridos nas competicións de alto rendemento deportivo na disciplina de Salto.

c) Analizáronse e interrelacionáronse os diferentes compoñentes técnico-tácticos dos percorridos de saltos, que determinan o nivel e a dificultade nas competicións de alto rendemento deportivo na disciplina de Salto.

d) Relacionáronse as características dos diferentes tipos de chan, contornos e factores ambientais coa dificultade técnica dos percorridos de alto rendemento deportivo en competicións de saltos.

e) Analizáronse e elaboráronse protocolos de observación e revisión das condicións do chan, contorno e factores ambientais susceptibles de provocar variacións no deseño técnico dos percorridos de saltos en competicións de alto rendemento deportivo.

f) Xustificáronse os criterios utilizados no deseño de percorridos en competicións de alto rendemento deportivo de saltos, relacionándoos coas características da competición, as condicións do chan, o contorno e os factores ambientais.

g) Analizáronse as limitacións regulamentarias no deseño e a construción dun percorrido de saltos de alto rendemento deportivo, en función das características e nivel da competición.

h) Elaboráronse procedementos de localización dos riscos e perigos no deseño e construción dun percorrido de saltos de alto rendemento deportivo.

i) Tívose en conta a saúde, benestar e seguridade do cabalo no deseño técnico de competicións de alto rendemento deportivo na disciplina de Salto.

j) Valorouse o nivel de dificultade dun percorrido en función do nivel de amestramento do cabalo de alto rendemento deportivo de saltos.

5. Realiza o deseño técnico da competición de alto rendemento de doma clásica, seleccionando as características técnicas, dificultades no trazado e composición das reprises, valorando a influencia dos diferentes tipos de chan e outros factores ambientais na competición, e aplicando os procedementos establecidos.

a) Categorizáronse os elementos técnicos, movementos, figuras e trazados que determinan o nivel e a dificultade das reprises nas competicións de alto rendemento deportivo de doma clásica.

b) Especificáronse os exercicios e movementos incluídos no deseño de reprises libres con música, relacionándoos cos trazados elixidos e os diferentes niveis de dificultade na súa execución.

c) Establecéronse os procedementos de análises dos aires e movementos de diferentes cabalos, determinando os «tempos» acordes para cada un deles.

d) Xustificáronse os criterios utilizados no deseño de reprises en competicións de alto rendemento deportivo de doma clásica relacionándoos coas características da competición, as condicións do chan, o contorno e os factores ambientais.

e) Analizáronse as limitacións regulamentarias no deseño e trazado de reprises, en función das características e nivel da competición.

f) Analizáronse os criterios de selección da composición musical en relación cos «tempos» do cabalo e o deseño e trazado das reprises.

g) Analizáronse e elaboráronse protocolos de observación e revisión das condicións do chan, contorno e factores ambientais que inflúen no deseño técnico de competicións de alto rendemento deportivo de doma clásica.

h) Tívose en conta a saúde, benestar e seguridade do cabalo no deseño técnico de competicións de alto rendemento deportivo de doma clásica.

6. Realiza o deseño técnico da competición de alto rendemento en concurso completo, seleccionando as características técnicas, dificultades e tipos de chan no deseño de percorrido de campo a través/cross, valorando a influencia dos factores ambientais na competición, e aplicando os procedementos establecidos.

a) Fundamentáronse os elementos que poden influír no deseño técnico das competicións de alto rendemento deportivo na disciplina de Concurso Completo de Equitación.

b) Categorizáronse os elementos técnicos e trazados que determinan o nivel e a dificultade dos percorridos da proba de fondo nas competicións de alto rendemento deportivo na disciplina de Concurso Completo de Equitación.

c) Analizáronse e interrelacionáronse os diferentes compoñentes técnico-tácticos dos percorridos de cada unha das fases dunha proba de fondo, que determinan o nivel e a dificultade nas competicións de alto rendemento deportivo na disciplina de Concurso Completo de Equitación.

d) Relacionáronse as características dos diferentes tipos de chan, contornos e factores ambientais coa dificultade técnica dos percorridos de alto rendemento deportivo en competicións de concurso completo de equitación.

e) Analizáronse e elaboráronse protocolos de observación e revisión das condicións do chan, contorno e dos factores ambientais susceptibles de provocar variacións no deseño técnico dos percorridos de cada unha das fases dunha proba de fondo nunha competición de alto rendemento deportivo de concurso completo de equitación.

f) Xustificáronse os criterios utilizados no deseño de percorridos e trazados de cada unha das fases dunha proba de fondo, en competicións de alto rendemento deportivo de concurso completo de equitación, relacionándoos coas características da competición, as condicións do chan, o contorno e os factores ambientais.

g) Analizáronse as limitacións regulamentarias no deseño e construción dun percorrido de cada unha das fases dunha proba de fondo nunha competición de alto rendemento deportivo de concurso completo de equitación, en función das características e do nivel da competición.

h) Elaboráronse procedementos de localización dos riscos e perigos no deseño e construción dun percorrido de steeple-chase e cross dunha competición de alto rendemento deportivo de concurso completo de equitación.

i) Tívose en conta a saúde, benestar e seguridade do cabalo no deseño técnico das fases dunha proba de fondo en competicións de alto rendemento deportivo de concurso completo de equitación.

j) Valorouse o nivel de dificultade dun percorrido de steeple-chase e cross en función do nivel de amestramento do cabalo de alto rendemento deportivo de concurso completo de equitación.

7. Dirixe o equipo técnico na competición de alto rendemento de saltos, doma clásica e concurso completo, xustificando as funcións do persoal técnico especialista na competición e os criterios de organización dos equipos técnicos.

a) Caracterizouse a actividade do diferente persoal técnico especialista nas áreas de atención, coidado e saúde do cabalo e a preparación física, mental e emocional do xinete ou da xinete, especificando os detalles da súa función, as súas competencias e as súas posibles influencias sobre o rendemento do binomio.

b) Xustificáronse os principios de elaboración dos plans xerais de coordinación entre as actividades das diferentes persoas integrantes do equipo técnico durante os períodos de adestramento.

c) Xustificáronse os principios de elaboración dos plans específicos de coordinación entre as actividades das diferentes persoas integrantes do equipo técnico antes, durante e despois das competicións.

d) Determináronse os procedementos de toma de decisións, transmisión de información, coordinación e supervisión das actuacións de cada técnico ou técnica especialista do equipo técnico.

e) Xustificáronse as medidas de control e detección de desviacións nos plans de actuación deseñados para o diferente persoal técnico especialista que forma o equipo técnico.

f) Relacionáronse as características dos novos contornos ou situacións de adestramento e/ou competición cos posibles cambios nos plans xerais e específicos de actuación do equipo técnico.

g) Xustificáronse os criterios de planificación e programación das reunións de coordinación do equipo técnico nun suposto práctico de adestramento e de competición.

h) Valorouse a importancia da composición, organización e coordinación nas súas actuacións do equipo técnico de especialistas na competición de alto rendemento deportivo.

Contidos básicos:

1. Dirixe o binomio xinete-cabalo en competicións de alto rendemento en saltos, valorando as posibles situacións tácticas/estratexias propias da disciplina, analizando as limitacións técnico-tácticas na competición condicionadas pola normativa, aplicando procedementos establecidos.

• Estratexias de dirección do binomio e os equipos en alto rendemento deportivo de saltos:

– Características.

– Plan de actividades diario na competición para integrantes do equipo técnico, binomios e equipo(s).

– Variacións da estratexia de dirección de binomios e equipos como resultado das variacións no contorno competitivo e/ou a normativa da competición.

• Variables que determinan as estratexias de dirección do binomio e os equipos de alto rendemento deportivo de saltos:

– Características técnicas da competición.

– Lugar da competición e características.

– Transporte, estabulación e aloxamento do binomio e o equipo.

– Factores ambientais e do contorno da competición.

– Nivel de adestramento físico, técnico-táctico, mental e emocional do binomio e o equipo previo á competición.

– O desenvolvemento da competición.

• Protocolos de control e seguimento do contorno competitivo e/ou a normativa da competición.

2. Dirixe o binomio xinete-cabalo e os equipos en competicións de alto rendemento de doma clásica, valorando as posibles situacións tácticas/estratexias propias da disciplina, analizando as limitacións técnico-tácticas na competición condicionadas pola normativa e as condicións do contorno da competición, aplicando os procedementos establecidos.

• Estratexias de dirección do binomio e dos equipos en alto rendemento deportivo de doma clásica:

– Características.

– Plan de actividades diario na competición para integrantes do equipo técnico, binomios e equipo(s).

– Variacións da estratexia de dirección de binomios e equipos como resultado das variacións no contorno competitivo e/ou a normativa da competición.

• Variables que determinan as estratexias de dirección do binomio e os equipos de alto rendemento deportivo de doma clásica:

– Características técnicas da competición.

– Lugar da competición e características.

– Transporte, estabulación e aloxamento do binomio e o equipo.

– Factores ambientais e do contorno da competición.

– Nivel de adestramento físico, técnico-táctico, mental e emocional do binomio e o equipo previo á competición.

– O desenvolvemento da competición.

• Protocolos de control e seguimento do contorno competitivo e/ou a normativa da competición.

3. Dirixe o binomio xinete-cabalo en competicións de alto rendemento de concurso completo valorando as posibles situacións tácticas/estratexias propias da disciplina, analizando as limitacións técnico-tácticas na competición condicionadas pola normativa, aplicando procedementos establecidos.

• Estratexias de dirección do binomio e os equipos en alto rendemento deportivo de concurso completo de equitación:

– Características.

– Plan de actividades diario na competición para integrantes do equipo técnico, binomios e equipo(s).

– Variacións da estratexia de dirección de binomios e equipos como resultado de variacións no contorno competitivo e/ou a normativa da competición.

• Variables que determinan as estratexias de dirección do binomio e os equipos de alto rendemento deportivo de concurso completo de equitación:

– Características técnicas da competición.

– Lugar da competición e características.

– Transporte, estabulación e aloxamento do binomio e o equipo.

– Factores ambientais e do contorno da competición.

– Nivel de adestramento físico, técnico-táctico, mental e emocional do binomio e o equipo previo á competición.

– O desenvolvemento da competición.

• Protocolos de control e seguimento do contorno competitivo e/ou a normativa da competición.

4. Realiza o deseño técnico da competición de alto rendemento de saltos, seleccionando as características técnicas, dificultades e tipos de chan no deseño de percorridos e trazados, valorando a influencia dos factores ambientais na competición e aplicando os procedementos establecidos.

• Regulamentación da Federación Ecuestre Internacional (FEI) sobre a disciplina de Salto de Alta Competición.

• Recomendacións da Federación Ecuestre Internacional (FEI) sobre o deseño de percorridos de saltos de alta competición.

• Deseño de percorridos de saltos de alta competición:

– Dificultades técnicas dos trazados.

– Obstáculos, tipos, características e deseño.

• Saúde, benestar e seguridade do cabalo.

• Elementos que poden influír no deseño dos percorridos:

– As características das pistas, chans e o contorno competitivo e a súa relación co deseño e dificultade dos percorridos de saltos de alta competición.

– Protocolos de observación e revisión.

– Nivel de amestramento do cabalo.

• Riscos e perigos nos percorridos de saltos de alta competición:

– Tipos e características.

– Procedementos de localización.

5. Realiza o deseño técnico da competición de alto rendemento de doma clásica, seleccionando as características técnicas, dificultades no trazado e composición das reprises, valorando a influencia dos diferentes tipos de chan e outros factores ambientais na competición, e aplicando os procedementos establecidos.

• Regulamentación da Federación Ecuestre Internacional (FEI) sobre reprises clásicas e libres con música KUR de nivel de alto rendemento deportivo.

• Recomendacións da Federación Ecuestre Internacional (FEI) sobre o deseño de reprises libres con música KUR de nivel de alto rendemento deportivo.

• Deseño e elección de reprises clásicas e KUR para diferentes competicións:

– Dificultades técnicas no deseño de reprises clásicas e KUR.

– Criterios da selección de traxectorias e deseño do percorrido nas reprises clásicas e KUR.

– Análise do «tempo» dos aires e movementos do cabalo: instrumentos de medición. Determinación de «tempos» óptimos.

– Criterios de selección musical, composición musical e coreografía nunha reprise KUR.

– Utilización de vídeo-filmación e edición de imaxes no deseño de reprises clásicas e KUR.

– Valoración e criterios de puntuación para contidos e dificultades de reprises clásicas e KUR.

– Saúde, benestar e seguridade do cabalo no deseño de reprises. As características das pistas, chans e o contorno competitivo e a súa relación co deseño e dificultade de execución de reprises clásicas e KUR en competicións de alto rendemento deportivo de doma clásica.

• Protocolos de observación e revisión.

6. Realiza o deseño técnico da competición de alto rendemento en concurso completo, seleccionando as características técnicas, dificultades e tipos de chan no deseño de percorrido de campo a través/cross, valorando a influencia dos factores ambientais na competición, e aplicando os procedementos establecidos.

• Regulamentación da Federación Ecuestre Internacional (FEI) sobre a disciplina de Concurso Completo de Equitación de nivel de alta competición.

• Recomendacións da Federación Ecuestre Internacional (FEI) sobre o deseño de percorridos: steeple-chase e cross country de concurso completo de equitación de alta competición.

• Deseño de percorridos de steeple-chase e cross country de concurso completo de equitación de alta competición:

– Dificultades técnicas dos trazados.

– Obstáculos, tipos, características e deseño.

– Saúde, benestar e seguridade do cabalo.

• Elementos que poden influír no deseño dos percorridos de steeple-chase e cross country de concurso completo de equitación de alta competición:

– As características das pistas, chans e o contorno competitivo e a súa relación co deseño e dificultade dos percorridos.

– Protocolos de observación e revisión.

– Nivel de amestramento do cabalo.

• Riscos e perigos nos percorridos de saltos de alta competición:

– Tipos e características.

– Procedementos de localización.

7. Dirixe o equipo técnico na competición de alto rendemento de saltos, doma clásica e concurso completo, xustificando as funcións do persoal técnico especialista na competición e os criterios de organización dos equipos técnicos.

• O equipo técnico na competición de alto rendemento deportivo: composición, funcións e ámbito de actuación:

– Durante o adestramento.

– Durante a competición.

– Estrutura xerárquica, relacións interpersoais e motivación.

• Plans de actuación do equipo técnico durante o adestramento e a competición:

– Apoio ao xinete ou á xinete.

– Apoio ao cabalo.

– Coordinación e supervisión do equipo técnico: criterios.

– Actualización e revisión de plans.

• Procedementos de control e detección de desviacións nos plans de actuación.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

Código: MED-HIHI308.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Determina o momento e circunstancias idóneas para a realización dun evento hípico de tecnificación, analizando o programa de adestramento do binomio, a tempada deportiva e as circunstancias socioeconómicas do contorno.

a) Aplicáronse criterios técnicos e organizativos na análise do calendario de competicións da Real Federación Hípica Española (RFHE).

b) Analizouse a idoneidade das datas en función do ciclo de adestramento anual.

c) Analizáronse as circunstancias socioeconómicas e deportivas que poden influír no éxito de participación de deportistas e público en xeral, durante o desenvolvemento do evento hípico.

d) Analizáronse as posibilidades de éxito da organización dun evento hípico en relación coa demanda da disciplina deportiva hípica.

e) Identificáronse as condicións técnicas e medios que se requiren para a solicitude e posterior realización dunha competición de nivel de tecnificación.

2. Organiza e xestiona eventos hípicos de tecnificación deportiva, analizando os requisitos administrativos e económicos, e os medios materiais e humanos necesarios, en relación co marco legal que os regula.

a) Analizáronse os criterios orzamentarios dun evento deportivo hípico de nivel de tecnificación.

b) Analizáronse os criterios de viabilidade dun proxecto de evento deportivo hípico de nivel de tecnificación en relación co orzamento.

c) Identificáronse e concretáronse os procedementos de xestión de subvencións, patrocinios e publicidade como fontes de financiamento dun evento deportivo hípico de nivel de tecnificación.

d) Xustificáronse as necesidades de persoal, material e loxística, na organización dun evento deportivo hípico de nivel de tecnificación.

e) Identificáronse os procedementos administrativos, as condicións técnicas e medios necesarios para a solicitude e realización dun evento deportivo hípico de nivel de tecnificación.

f) Seleccionáronse os procedementos de xestión dos espazos, medios materiais e humanos necesarios na organización dun evento deportivo hípico de nivel de tecnificación.

g) Identificáronse os procedementos administrativos, as condicións técnicas e medios necesarios para a solicitude e realización dun evento deportivo hípico de nivel de tecnificación.

h) Analizáronse as funcións de distribución, situación, aloxamento e circulación dos binomios participantes e o público en xeral nun suposto práctico de organización dun evento hípico de nivel de tecnificación.

i) Analizouse a normativa laboral e fiscal vixente, en relación coas funcións de contratación, facturación e entrega de premios dun evento hípico de nivel de tecnificación.

j) Valoráronse os parámetros de calidade na organización e realización dun evento hípico de nivel de tecnificación, en relación coa infraestrutura, loxística, servizos e funcionamento da secretaría da competición.

3. Xestiona eventos hípicos de tecnificación deportiva, analizando as condicións de organización e seguridade e a normativa ambiental.

a) Xustificouse a aplicación da normativa de seguridade e permisos oficiais necesarios na organización dun evento hípico de nivel de tecnificación.

b) Clasificáronse as xestións de infraestrutura e loxística do aloxamento de cabalos nunha competición de nivel de tecnificación.

c) Identificouse a loxística de apoio aos xinetes ou ás xinetes participantes, operarios ou operarias e público, asistentes a unha competición de nivel tecnificación.

d) Analizáronse as características das instalacións deportivas hípicas en función dos requisitos de seguridade, que se requiren na celebración dun evento hípico de nivel de tecnificación.

e) Seleccionáronse os seguros de responsabilidade civil necesarios na celebración dun evento hípico de nivel de tecnificación.

f) Seleccionouse a sinalización interior necesaria para permitir o tránsito de persoas, cabalos e vehículos en condicións de máxima seguridade durante a celebración dun evento hípico de nivel de tecnificación.

g) Valorouse o plan de seguridade ante situacións de emerxencia no transcurso da celebración dunha competición hípica de tecnificación, identificando os medios e recursos necesarios.

h) Xustificáronse as medidas de protección contra actos antisociais e de violencia no deporte, durante a celebración dun evento hípico de nivel de tecnificación.

i) Avaliouse o plan de evacuación do recinto durante a celebración dun evento hípico de nivel de tecnificación.

j) Valorouse a importancia de coñecer a normativa de seguridade e ambiental na xestión de eventos de tecnificación en hípica.

4. Xestiona a participación dos binomios nas competicións de alto rendemento, clasificando os requisitos administrativos e os procedementos de inscrición, e analizando a organización do equipo de traballo.

a) Determináronse as funcións do persoal técnico deportivo superior en Hípica durante o acompañamento a xinetes a competicións de alto rendemento nas disciplinas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo de Equitación.

b) Identificáronse os procedementos administrativos de inscrición dos binomios en competicións de alto nivel nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo de Equitación.

c) Analizouse a documentación oficial necesaria que debe presentar o xinete ou a xinete e o cabalo para a súa participación nunha competición de alto rendemento nas disciplinas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo de Equitación.

d) Xustificáronse as características que debe cumprir o persoal técnico que acompaña a xinetes e cabalos participantes nunha competición de alto rendemento nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo de Equitación.

e) Clasificáronse as tarefas de xestión do traslado e aloxamento dos xinetes ou das xinetes e equipo auxiliar, que realiza o persoal técnico deportivo superior en Hípica para asistir a unha competición hípica de alto rendemento.

f) Analizouse o regulamento da Federación Ecuestre Internacional (FEI) e a documentación do comité organizador dunha competición de alto rendemento nas disciplinas hípicas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo de Equitación, identificando as limitacións administrativas e características técnico-tácticas daquel.

g) Analizáronse os criterios de selección e formación de equipos e binomios e as posibles modificacións que se dan sobre a formulación inicial ao longo do desenvolvemento da competición.

h) Analizáronse os procedementos protocolarios por parte dos xinetes ou das xinetes e xefes ou xefas as de equipo durante os actos oficiais nas competicións de alto nivel.

i) Xustificouse a relevancia das tarefas administrativas e de coñecemento da normativa por parte do persoal técnico deportivo superior nunha competición de alto rendemento.

5. Xestiona o transporte de medio e longo percorrido do cabalo, analizando as características dos diferentes tipos de transporte e a normativa de aplicación, e aplicando procedementos de xestión dos permisos e trámites necesarios.

a) Fundamentáronse as funcións do persoal técnico deportivo superior en Hípica na xestión do transporte nacional e internacional de cabalos.

b) Relacionáronse os posibles medios de transporte de longo percorrido do cabalo coa normativa que os regula.

c) Clasificáronse os requisitos administrativos legais para o transporte de cabalos en territorio nacional, en países da UE, e outros países do contorno.

d) Analizáronse os procedementos de xestión dos permisos e documentación regulamentaria que deben acompañar o cabalo durante o seu traslado por territorio nacional ou estranxeiro.

e) Analizouse a normativa relacionada co benestar animal que regula o desprazamento de cabalos en percorridos de longa distancia.

f) Identificáronse os procedementos de alimentación antes e durante o transporte do cabalo en percorridos de longa distancia.

g) Valorouse a importancia da contratación de distintos tipos de seguro de responsabilidade civil para o transporte do cabalo.

h) Elaborouse un plan de transporte internacional dun grupo de cabalos por distintos medios: terrestre, marítimo e aéreo.

i) Valoráronse as posibles incidencias que poden xurdir durante a planificación e desenvolvemento dun transporte internacional de cabalos, identificando as súas solucións.

Contidos básicos:

1. Determina o momento e circunstancias idóneas para a realización dun evento hípico de tecnificación, analizando o programa de adestramento do binomio, a tempada deportiva e as circunstancias socioeconómicas do contorno.

• Calendario deportivo anual das competicións de tecnificación das disciplinas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo de Equitación.

• Memorias deportivas e económicas de organismos públicos e federacións hípicas.

• Regulamentos específicos das disciplinas de Salto, Doma Clásica e Concurso Completo de Equitación.

2. Organiza e xestiona eventos hípicos de tecnificación deportiva, analizando os requisitos administrativos e económicos, e os medios materiais e humanos necesarios, en relación co marco legal que os regula.

• Elaboración de orzamentos e necesidades. Avance de programa.

• Análise da viabilidade económica.

• Subvencións e patrocinios. Formularios e normativas de subvención para a organización de competicións hípicas.

• Medios materiais e humanos. Necesidades loxísticas.

• Normativa vixente para a solicitude de competicións da Real Federación Hípica Española (RFHE).

• Xestión de recursos e contratación de servizos.

• Distribución e asignación de espazos.

• Normativa laboral e fiscal. Contratación, facturación e premios.

• Estándares de calidade.

3. Xestiona eventos hípicos de tecnificación deportiva, analizando as condicións de organización e seguridade e a normativa ambiental.

• Normativa de seguridade:

– Permisos oficiais.

– Requisitos de seguridade.

– Seguros de responsabilidade civil.

• Aloxamento de cabalos: loxística e infraestruturas.

• Loxística organizativa: medidas de apoio a participantes, público e persoal auxiliar.

• Características das instalacións hípicas.

• Plan de seguridade:

– Técnicas de sinalización e balizamento.

– Medios e recursos necesarios.

– Medidas de protección ante actos antisociais e de violencia no deporte.

– Plans de evacuación.

• Normativa ambiental.

4. Xestiona a participación dos binomios nas competicións de alto rendemento, clasificando os requisitos administrativos e os procedementos de inscrición, e analizando a organización do equipo de traballo.

• Persoal técnico deportivo superior: funcións de acompañamento a xinetes en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

• Procedementos administrativos:

– Inscrición en competicións.

– Documentos oficiais do binomio.

• Equipo técnico de apoio:

– Composición.

– Funcións.

• Xestións de aloxamento e traslado de participantes e equipo técnico.

• Regulamento da Federación Ecuestre Internacional (FEI).

• Comité organizador de competicións hípicas de alto rendemento deportivo: normativa específica da competición. Avance de programa.

• Criterios de selección de binomios e formación de equipos de alto rendemento deportivo.

• Actos oficiais: normas de protocolo dos xinetes ou das xinetes e dos xefes ou das xefas de equipo.

5. Xestiona o transporte de medio e longo percorrido do cabalo, analizando as características dos diferentes tipos de transporte e a normativa de aplicación, e aplicando procedementos de xestión dos permisos e trámites necesarios.

• Funcións do persoal técnico deportivo superior en Hípica na xestión do transporte nacional e internacional de cabalos.

• Medios de transporte de cabalos de competición: longo e medio percorrido.

• Requisitos administrativos para o transporte de medio e longo percorrido: normativa.

• Documentación regulamentaria para o traslado de cabalos.

• Normativa sobre benestar animal durante o transporte de longo percorrido.

• Procedementos sobre alimentación do cabalo de alta competición no transporte de longo percorrido.

• Planificación do transporte internacional:

– Plan de transporte.

– Contratación de seguros.

– Posibles incidencias e solucións previstas.

Módulo específico de ensino deportivo: Proxecto.

Código: MED-HIHI309.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Deseña proxectos relacionados coas competencias do persoal técnico deportivo superior en Hípica, fundamentando o proxecto na información recollida, desenvolvendo as fases que o compoñen e realizando as previsións de recursos humanos e materiais.

a) Elixiuse un tema que permite integrar os coñecementos adquiridos nos diferentes bloques e módulos do ciclo superior en Hípica.

b) Recompilouse a información relativa aos aspectos que van ser tratados no proxecto.

c) Identificáronse as fases ou partes que compoñen o proxecto e os seus contidos.

d) Establecéronse os obxectivos que se pretenden alcanzar identificando o seu alcance.

e) Valoráronse os aspectos que poden facilitar ou dificultar o desenvolvemento do proxecto.

f) Prevíronse e priorizáronse os recursos materiais e persoais necesarios, de acordo cos obxectivos do proxecto.

g) Realizouse o orzamento económico correspondente.

h) Identificáronse as posibles fontes de financiamento do proxecto, con base nas súas necesidades.

i) Identificáronse os aspectos que se deben controlar e de que depende a calidade do proxecto.

j) Xustificouse a pertinencia e viabilidade do proxecto.

k) Valorouse o rigor na recollida da información utilizada na elaboración do proxecto.

2. Planifica e programa a execución do proxecto, determinando as fases ou ciclos de preparación, a metodoloxía utilizada e os recursos necesarios.

a) Secuenciáronse e temporalizáronse as actividades ordenándoas en función das necesidades de implantación do proxecto.

b) Elaborouse a planificación do proxecto, periodizando e programando o adestramento e os recursos necesarios, cando o proxecto estea dirixido ao alto rendemento deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo de Equitación.

c) Determináronse os recursos e a loxística necesarios en cada actividade.

d) Identificáronse os permisos e autorizacións necesarios en cada unha das actividades.

e) Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

f) Identificáronse os riscos inherentes ao desenvolvemento das actividades, definindo o plan de prevención de riscos e os medios e equipos necesarios.

g) Planificouse a asignación de recursos materiais e humanos e os tempos de execución.

h) Fíxose a valoración económica necesaria na execución do proxecto.

i) Definiuse e elaborouse a documentación necesaria nas previsións e execución do proxecto.

j) Relacionáronse ou utilizáronse dun xeito integrador e sinérxico os conceptos e procedementos adquiridos nos diferentes módulos do ciclo superior en Hípica.

k) Tivéronse en conta criterios de sustentabilidade á hora de elixir as actividades, a metodoloxía e os recursos utilizados no proxecto.

3. Selecciona os procedementos de seguimento e control da elaboración e execución do proxecto, xustificando as funcións dentro do proxecto, a selección de variables e instrumentos empregados.

a) Definiuse o procedemento de avaliación das actividades, utilizando e combinando diferentes instrumentos de avaliación.

b) Definíronse os indicadores de calidade utilizados na avaliación do proxecto.

c) Definíronse os procedementos de avaliación das incidencias que poidan presentarse durante a realización do proxecto, a súa posible solución e rexistro.

d) Definiuse o procedemento de xestión dos posibles cambios nos recursos, nas actividades ou na dinámica de cargas, no caso do adestramento de alto rendemento dun binomio xinete-cabalo ou dun grupo de binomios, nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, incluíndo o seu sistema de rexistro.

e) Definiuse e elaborouse a documentación necesaria na avaliación das actividades do proxecto.

f) Estableceuse o procedemento de participación na avaliación dos xinetes ou das xinetes e elaboráronse os documentos específicos.

g) Estableceuse un sistema de garantía de cumprimento do prego de condicións do proxecto cando este exista.

h) Atendeuse as consideracións do titor ou da titora-director ou directora do proxecto durante a súa elaboración.

i) Cumpriuse co seguimento do proxecto segundo o procedemento establecido polo titor ou titora-director ou directora.

j) Mostrouse unha actitude de respecto e aceptación das achegas realizadas polo titor ou titora-director ou directora, integrando de forma construtiva as valoracións recibidas no proxecto.

4. Presenta o proxecto, seleccionando os seus aspectos relevantes, xustificando as decisións tomadas e utilizando os recursos didácticos e técnicos máis adecuados en cada caso.

a) Definiuse e elaborouse a documentación necesaria na presentación e comunicación do proxecto.

b) Utilizáronse os recursos didácticos e técnicos máis adecuados para a presentación e comunicación do proxecto, incluíndo as novas tecnoloxías, de forma coherente cos obxectivos do proxecto.

c) Presentouse o proxecto, de forma clara, sintética, incluíndo os aspectos fundamentais que debía incluír a presentación.

d) Utilizouse a bibliografía actualizada sobre a fundamentación do traballo, referenciándoa de forma adecuada.

e) Contestouse, de forma precisa e xustificada, ás cuestións realizadas sobre as características e a fundamentación do proxecto.

f) Xustificouse o proxecto suficientemente e argumentouse a súa implementación.

g) Axustouse, na presentación do proxecto, á estrutura definida e establecida nos criterios de avaliación.

h) Presentouse o proxecto, axustándose ás características formais, estrutura e epígrafes establecidos polo tribunal.

i) Xustificáronse, na presentación do proxecto, as relacións existentes entre os diferentes resultados de aprendizaxe adquiridos nos diferentes módulos do ciclo superior en Hípica.

j) Demostrouse posuír unha visión xeral do proxecto, relacionando a argumentación coa finalidade e as conclusións del.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica.

Código: MED-HIHI310.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica e analiza a estrutura organizativa e o funcionamento do centro ecuestre de prácticas relacionándoa coa súa oferta de actividades de alto rendemento deportivo e as súas actividades de xestión, e aplicando os procedementos e protocolos de seguridade.

a) Fundamentáronse as relacións do centro ecuestre de prácticas coa federación hípica autonómica (FHA), a Real Federación Hípica Española (RFHE) e a Federación Ecuestre Internacional (FEI).

b) Categorizouse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do centro ecuestre de prácticas.

c) Clasificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro ecuestre de prácticas.

d) Fundamentouse a oferta de actividades do centro ecuestre en prácticas orientadas ao alto rendemento en hípica.

e) Relacionáronse as características do centro ecuestre de prácticas coa normativa de responsabilidade do persoal técnico que traballa naquel.

f) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

g) Revisouse o plan de actuación de emerxencias das instalacións do centro ecuestre de prácticas.

h) Identificouse e analizouse o plan de prevención de riscos laborais e hixiene no traballo do centro ecuestre de prácticas.

i) Revisáronse as condicións laborais do persoal contratado no centro ecuestre en prácticas, en relación coa normativa sobre saúde laboral.

2. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro de formación de persoal técnico deportivo en hípica, relacionándoa coa súa oferta formativa, analizando a normativa de aplicación, e aplicando os procedementos e protocolos de seguridade na práctica.

a) Fundamentáronse as relacións do centro de formación de persoal técnico deportivo en hípica coa administración educativa correspondente.

b) Categorizouse a estrutura organizativa e o funcionamento do centro de formación de persoal técnico deportivo en Hípica.

c) Clasificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro de formación de persoal técnico deportivo en Hípica.

d) Revisouse a oferta de actividades vinculadas á formación de persoal técnico deportivo en Hípica.

e) Analizáronse as características do centro de formación de persoal técnico deportivo en Hípica e a normativa sobre a responsabilidade do profesorado.

f) Esquematizouse a normativa educativa e curricular vixente sobre a formación de persoal técnico deportivo de Hípica.

g) Colaborouse na organización das actividades económicas do centro de formación en prácticas.

h) Recoñecéronse os valores presentes nas actividades formativas nun centro de formación de persoal técnico deportivo en Hípica.

i) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas, aplicando as normas internas e externas vinculadas a aquela.

3. Colabora na administración do centro ecuestre ou centro de formación de prácticas aplicando procedementos de xestión económica e contable.

a) Colaborouse na organización das actividades económicas do centro ecuestre de prácticas.

b) Identificouse a forma xurídica utilizada na constitución do centro deportivo de prácticas e o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias e xestoras.

c) Colaborouse nos procedementos administrativos básicos de xestión do centro deportivo de prácticas.

d) Colaborouse na xestión de axudas e subvencións económicas que utiliza ou pode utilizar o centro ecuestre de prácticas.

e) Confeccionouse documentación administrativa e comercial necesaria no desenvolvemento da actividade deportiva.

f) Identificáronse as obrigas e exencións fiscais e tributarias do centro ecuestre de prácticas.

g) Realizouse a declaración de impostos do centro ecuestre de prácticas.

h) Tívose unha actitude de respecto e cumprimento da normativa e dos procedementos de xestión económica do centro ecuestre de prácticas.

4. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo, respecto polo ambiente, e aplicando os procedementos establecidos polo centro ecuestre de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do centro ecuestre de prácticas.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no centro ecuestre de prácticas.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e coas persoas integrantes do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevista que se presente na actividade.

g) Demostrouse un comportamento ético coas persoas deportistas e os adversarios ou as adversarias, en especial, en presenza dos medios de comunicación.

5. Organiza e xestiona competicións e eventos propios do nivel de tecnificación deportiva, e colabora nos de alto rendemento, participando na xestión e deseño da competición, aplicando criterios de sustentabilidade.

a) Propúxose a estrutura e as funcións que deben desempeñarse na organización dunha competición ou evento deportivo de tecnificación en hípica.

b) Definíronse e aplicáronse os criterios de sustentabilidade na organización dunha competición ou evento deportivo de tecnificación en hípica.

c) Localizáronse e xestionáronse as posibles axudas ao patrocinio na organización e desenvolvemento do evento ecuestre ou nunha competición hípica de nivel de tecnificación.

d) Xestionouse o financiamento da organización dun evento ecuestre ou unha competición hípica de nivel de tecnificación.

e) Realizouse a xestión e difusión dos resultados dunha competición ou evento deportivo de tecnificación ou alto rendemento en hípica.

f) Participouse na xestión de persoal e medios materiais nas diferentes áreas dunha competición ou evento de tecnificación ou alto rendemento en hípica.

g) Colaborouse na organización e realización dos actos protocolarios dunha competición ou evento deportivo de tecnificación ou alto rendemento en hípica.

h) Identificáronse os seguros de responsabilidade necesarios na organización de eventos deportivos.

i) Tomáronse as medidas de control e seguridade e identificouse ou elaborouse o plan de emerxencia e evacuación durante o transcurso do evento ecuestre.

j) Actuouse de xeito flexible e adaptable ás circunstancias na organización da competición, respectando os protocolos e directrices establecidas.

6. Orienta as persoas deportistas de alto nivel, organiza e acompaña as persoas deportistas na súa participación nas actividades, competicións e outros eventos internacionais ou de alto nivel nas disciplinas olímpicas de hípica, aplicando a normativa relacionada.

a) Informouse os xinetes ou as xinetes de alto nivel sobre a normativa que lles afecta e os programas de axuda que existen a nivel nacional e autonómico.

b) Orientouse os xinetes ou as xinetes de alto nivel sobre as saídas profesionais da súa actividade deportiva, e da importancia de manter unha formación académica ou profesional paralelas á vida deportiva.

c) Revisouse a normativa oficial da Federación Ecuestre Internacional (FEI), a normativa antidopaxe e a documentación do comité organizador, e informouse os xinetes e as xinetes delas, para participar nunha competición internacional ou de alto nivel das disciplinas olímpicas de hípica.

d) Realizouse a inscrición do binomio e/ou equipo nunha competición internacional ou de alto nivel nas disciplinas olímpicas de hípica, de acordo coas normas e protocolos establecidos.

e) Xestionouse a documentación oficial necesaria que debe portar o xinete ou a xinete e o cabalo na súa participación nunha competición de alto rendemento, incluídos os seguros necesarios do xinete ou da xinete e cabalo, nas disciplinas olímpicas de hípica.

f) Recoñeceuse e xustificouse a responsabilidade do persoal técnico no desprazamento dos xinetes ou das xinetes e equipo auxiliar, e dun grupo de binomios para asistir a unha competición internacional ou de alto nivel.

g) Elaborouse o plan de viaxe e xestión do traslado e aloxamento dos xinetes das xinetes e equipo auxiliar, e dun grupo de binomios para a súa participación nunha competición internacional ou de alto nivel, aplicando as instrucións e procedementos establecidos.

h) Trasladáronse aos xinetes ou ás xinetes as instrucións técnicas e tácticas para a competición internacional ou de alto nivel, tendo en conta as características da competición e da persoa deportista.

i) Acompañouse as persoas deportistas nas competicións internacionais ou de alto nivel, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e as normas establecidas.

j) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo, o respecto á saúde persoal e ás demais persoas durante a participación na competición internacional ou de alto nivel nas disciplinas olímpicas de hípica, aplicando os procedementos adecuados e respectando as súas normas.

7. Colabora na dirección dos xinetes ou das xinetes e do equipo técnico durante a participación nas actividades, competicións e outros eventos internacionais ou de alto nivel nas disciplinas olímpicas de hípica, valorando as posibles situacións tácticas ou estratexias propias da disciplina, as condicións do contorno de competición, e aplicando os procedementos establecidos.

a) Avaliouse a influencia das condicións ambientais e do contorno da competición de alto nivel nas disciplinas olímpicas de hípica.

b) Colaborouse na dirección ao binomio e ao equipo en competicións de alto rendemento nas disciplinas olímpicas de hípica, utilizando diferentes estratexias de xeito eficaz e tendo en conta as condicións ambientais e do contorno.

c) Utilizouse o regulamento na elección e aplicación de estratexias de dirección do binomio e do equipo na competición de alto nivel nas disciplinas olímpicas de hípica.

d) Colaborouse na avaliación da execución técnico-táctica do binomio e do equipo na competición de alto nivel nas disciplinas olímpicas de hípica, utilizando as técnicas e os procedementos de observación adecuados.

e) Colaborouse na realización das reclamacións nunha competición internacional ou de alto nivel nas disciplinas olímpicas de hípica, utilizando o idioma adecuado, e aplicando as normas e protocolos establecidos.

f) Valorouse a importancia da utilización dunha estratexia de dirección do binomio e do equipo acorde coa normativa e coas posibles variacións no contorno na alta competición nas disciplinas olímpicas de hípica.

g) Colaborouse na coordinación das actividades das diferentes persoas integrantes do equipo técnico antes, durante e despois das competicións de alto nivel, nas disciplinas olímpicas de hípica.

h) Demostrouse empatía e xerouse credibilidade no equipo durante a dirección en competicións de alto nivel nas disciplinas olímpicas de hípica.

8. Planifica o adestramento dos binomios a longo, medio e curto prazo, interpretando a información do xinete ou da xinete e do contorno, coordinando o equipo de especialistas e aplicando as técnicas, modelos e procedementos máis adecuados.

a) Colaborouse na elaboración do programa de detección, identificación e selección de talentos deportivos no centro ecuestre en prácticas nas disciplinas olímpicas de hípica.

b) Aplicouse o programa de detección, identificación e selección de talentos deportivos para a alta competición, nas disciplinas olímpicas de hípica, no centro ecuestre de prácticas.

c) Seleccionouse e interpretouse a información facilitada polo xinete ou pola xinete e polo equipo de especialistas do centro ecuestre de prácticas e do seu contorno, necesaria na elaboración da programación a longo prazo.

d) Elaborouse a planificación da preparación completa dos binomios a longo prazo, de acordo cos modelos utilizados no centro ecuestre de prácticas e identificando as dinámicas de carga dos diferentes factores de rendemento deportivo nas diferentes disciplinas olímpicas de hípica.

e) Aplicáronse os instrumentos de valoración da condición física ou condicional dos binomios de alto nivel, interpretando e, de ser o caso, tratando a información resultante.

f) Elaboráronse e aplicáronse instrumentos de rexistro do comportamento técnico-táctico en adestramento e competición do xinete ou da xinete e do binomio de alto nivel, interpretando e, de ser o caso, tratando a información resultante.

g) Aplicáronse os instrumentos de valoración do perfil psicolóxico do xinete ou da xinete, da conduta do cabalo e do comportamento do binomio durante o adestramento e a competición, interpretando e, de ser o caso, tratando a información resultante.

h) Elaborouse a programación dun período de preparación completa dos diferentes factores de rendemento (condicionais, técnicos, tácticos etc.) do binomio, de acordo coa planificación do centro ecuestre de prácticas e os obxectivos e características dos xinete ou das xinetes e cabalos que determinan cada binomio.

i) Elaborouse o programa dunha concentración de preparación, adaptándoa ás necesidades específicas dos xinetes ou das xinetes e dos binomios e do centro ecuestre de formación práctica.

j) Rexistrouse, cuantificouse e procesouse a información sobre a carga de adestramento dun binomio do centro deportivo de prácticas.

k) Asignáronse obxectivos e medios de traballo ao equipo de persoal técnico especialista en ciencias aplicadas ao deporte, dentro da planificación e programación do adestramento do binomio.

l) Interpretáronse e incorporáronse as achegas do persoal técnico especialista en ciencias aplicadas ao deporte na planificación e programación do adestramento do binomio.

m) Mostrouse unha actitude de rigor e obxectividade na aplicación dos instrumentos de valoración utilizados.

9. Organiza e dirixe o adestramento dos binomios, coordinando equipos de persoal técnico especialista, aplicando os medios e métodos específicos de adestramento de cada un dos factores de rendemento nas disciplinas olímpicas de hípica e aplicando as novas tecnoloxías ao rexistro do adestramento e a competición.

a) Xerouse credibilidade no equipo de persoal técnico especialista que colabora co persoal técnico no centro ecuestre de prácticas.

b) Xestionouse o equipo de persoal técnico especialista, demostrando liderado e potenciando a comunicación entre o equipo do centro ecuestre de prácticas e o persoal técnico.

c) Aplicáronse medios e métodos de adestramento dos factores de rendemento nas disciplinas olímpicas e elixíronse as tarefas de acordo coa programación do centro ecuestre de prácticas.

d) Dirixiuse a sesión tendo en conta a variedade e integración dos diferentes medios e métodos de adestramento, de acordo coa programación do centro ecuestre de prácticas.

e) Identificáronse e solucionáronse as continxencias que xurdan durante a sesión de adestramento do binomio nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo.

f) Adaptouse o traballo da sesión ás condicións reais do binomio.

g) Tivéronse en conta as lesións máis frecuentes do cabalo e do xinete ou da xinete durante o adestramento e as súas medidas preventivas, na dirección da sesión de adestramento.

h) Elaboráronse e aplicáronse instrumentos de rexistro audiovisual do comportamento técnico-táctico en adestramento e competición de alto nivel e do binomio, interpretando e, de ser o caso, editando os rexistros realizados.

i) Utilizáronse os rexistros audiovisuais do adestramento do xinete ou da xinete, do cabalo e do binomio durante a sesión de adestramento ou da competición.

j) Colaborouse na organización e dirección dunha concentración de preparación, seleccionando a loxística e os medios adecuados á situación do centro ecuestre de prácticas.

k) Mantívose unha actitude motivadora e empática co xinete ou coa xinete e co equipo durante a dirección da concentración de preparación ou a sesión de adestramento.

10. Colabora na avaliación, adestramento e recuperación da condición física do xinete ou xinete das disciplinas hípicas olímpicas de alto rendemento, na elaboración de dietas e administración das axudas ergoxénicas no adestramento e a competición, aplicando os medios, métodos e procedementos establecidos.

a) Colaborouse na aplicación dos métodos e instrumentos de avaliación obxectiva das capacidades físicas e outra información subxectiva complementaria da condición física dos xinetes ou das xinetes de alto rendemento do centro ecuestre de prácticas.

b) Colaborouse no procesamento dos datos e interpretáronse as relacións entre os factores condicionais do rendemento e o resultado en competición, e comparouse o resultado da avaliación cos obxectivos da planificación e programación do adestramento dos xinetes ou das xinetes.

c) Colaborouse na elaboración dos programas de adestramento da condición física dos xinetes ou das xinetes de alto rendemento e dirixíronse sesións aplicando os métodos do adestramento condicional personalizado.

d) Colaborouse na elaboración das dietas específicas de adestramento e competición de alto rendemento para os xinetes ou as xinetes de saltos, doma e concurso completo e informado sobre as pautas xerais dos réximes alimentarios.

e) Informouse aos xinetes ou ás xinetes da necesidade de manter o estado de hidratación e equilibrio iónico adaptados ás condicións do adestramento e a competición de alto rendemento en saltos, doma e concurso completo.

f) Colaborouse na selección e administración das axudas ergoxénicas aos xinetes ou ás xinete de saltos, doma e concurso completo no adestramento e a competición de alto rendemento.

g) Difundiuse entre os xinete ou as xinetes do centro ecuestre de prácticas a relación de substancias dopantes e dos seus efectos a curto, medio e longo prazo, informándoos/as dos riscos e consecuencias para a saúde e das consecuencias disciplinarias do seu uso.

h) Colaborouse na aplicación de métodos e procedementos de control da dopaxe e na tramitación das autorizacións para os procedementos de excepción nos tratamentos médicos dos xinetes ou das xinetes do centro de prácticas.

i) Colaborouse no control e seguimento dos procesos de recuperación dos xinetes ou das xinetes lesionados/as ou sobreadestrados/as e programouse o traballo complementario tendo en conta a programación do centro ecuestre de prácticas.

j) Realizáronse sesións complementarias para neutralizar os efectos psicolóxicos como consecuencia da aparición das lesións ou minguas físicas por sobreadestramento.

k) Mostrouse unha actitude de xogo limpo e respecto pola saúde do xinete ou da xinete, en especial no referido ao uso de substancias dopantes.

11. Colabora co persoal técnico deportivo superior durante o exercicio na formación de persoal técnico deportivo do ciclo final, revisando a organización académica e curricular do centro, impartindo clases e colaborando na titoría dos módulos de formación práctica e proxecto final.

a) Identificouse o tipo de centro ecuestre docente de prácticas, o tipo de vinculación coa Administración e a normativa de aplicación específica para efectos de organización e funcionamento.

b) Identificáronse as responsabilidades do profesorado especialista e do persoal técnico deportivo superior en Hípica, na formación do persoal técnico na disciplina.

c) Concretáronse os elementos da programación didáctica dun módulo do bloque específico, atendendo á súa normativa de ordenación, ás características do alumnado e ao contexto do centro ecuestre docente de prácticas.

d) Colaborouse na realización dunha presentación (de tarefas e contidos), atendendo ás características do módulo específico e do resultado de aprendizaxe que se van desenvolver, tendo en conta as características do alumnado do centro docente de prácticas.

e) Colaborouse no deseño e na dirección dunha sesión de traballo práctico ou procedemental, atendendo ás características do módulo específico e do resultado de aprendizaxe que se vai desenvolver, tendo en conta as características do alumnado do centro ecuestre docente de prácticas.

f) Participouse no proceso de avaliación do alumnado do centro ecuestre docente de prácticas.

g) Tívose en conta a aplicación efectiva do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes á hora de seleccionar os recursos didácticos na docencia do módulo específico de ensinanzas deportivas en hípica.

h) Prevíronse e preparáronse de antemán recursos didácticos alternativos fronte a posibles incidencias, incluíndo a atención a persoas con discapacidade, e na dirección da sesión do módulo específico de ensinanzas deportivas nas disciplinas olímpicas de hípica.

i) Identificáronse as condicións de seguimento e titoría dos distintos módulos do bloque específico, presenciais e a distancia, establecidos no centro ecuestre docente de prácticas para os ciclos inicial e final de grao medio.

j) Participouse no establecemento de contactos e convenios coas entidades colaboradoras no módulo de formación práctica no centro docente de prácticas.

k) Utilizáronse as aplicacións informáticas específicas en supostos de xestión e seguimento do módulo de formación práctica no centro docente de prácticas.

l) Colaborouse na elaboración de informes de avaliación do módulo de formación práctica.

m) Participouse no asesoramento e control de entrevistas e titorías personalizadas na dirección de proxectos dentro do centro docente de prácticas.

12. Amestra e realiza a preparación física do cabalo na etapa de alto rendemento nas diferentes disciplinas olímpicas de hípica, elaborando a programación e aplicando as técnicas e procedementos específicos.

a) Aplicáronse os valores de práctica saudable, respecto e coidado, durante as tarefas de amestramento do cabalo.

b) Programouse o adestramento condicional do cabalo a medio e curto prazo, xustificando as características da sesión de traballo específica no alto rendemento deportivo.

c) Aplicáronse os instrumentos de valoración do rendemento físico do cabalo no adestramento e durante a competición de alto rendemento nas diferentes disciplinas olímpicas.

d) Aplicáronse os instrumentos de valoración do rendemento técnico do cabalo no adestramento e durante a competición de alto rendemento nas diferentes disciplinas olímpicas.

e) Dirixiuse o adestramento físico do cabalo das diferentes disciplinas olímpicas, identificando e solucionando as posibles continxencias, e aplicando medios e métodos específicos de adestramento do alto rendemento.

13. Detecta, identifica e selecciona cabalos nas diferentes disciplinas olímpicas de hípica, analizando as características dos sistemas de cría, seleccionando a información relevante na predición do éxito deportivo, aplicando técnicas específicas e analizando o comportamento dos mercados internacionais de compra e venda de cabalos.

a) Identificáronse e analizáronse as características dos diferentes modelos e principais sistemas de cría dos cabalos de alto rendemento nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo.

b) Colaborouse na selección dos principais exemplares para o alto rendemento nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo a partir das ofertas contrastadas dos mercados.

c) Colaborouse na elaboración de propostas a xinetes propietarios ou propietarias para a compra de cabalos para o alto rendemento nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo en función dos diferentes niveis de competición.

d) Colaborouse na avaliación dos cabalos durante a proba de compra e na elaboración do informe correspondente, relacionando as capacidades, condutas e patróns, e modos de comportamento do cabalo avaliado cos niveis da competición das diferentes disciplinas olímpicas de hípica.

e) Colaborouse na realización da revisión veterinaria aos cabalos e informouse a xinetes e propietarios ou propietarias sobre os resultados, relacionando a condición dos cabalos cos niveis de competición nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo.

f) Elaborouse un proxecto de programa de detección, identificación e selección de cabalos con talento deportivo nas diferentes disciplinas olímpicas de hípica.

14. Colabora na elaboración de dietas específicas, no proceso de control da dopaxe e seguimento dos procesos terapéuticos e de recuperación dos cabalos de alto rendemento de saltos, doma e concurso completo, supervisando e colaborando na execución dos coidados e manexo específicos no adestramento e a competición.

a) Colaborouse na elaboración das dietas específicas de adestramento e competición de alto rendemento para cabalos de saltos, doma e concurso completo.

b) Determináronse as doses hídricas e iónicas dos cabalos de saltos, doma e concurso completo no adestramento e a competición de alto rendemento.

c) Colaborouse na selección e administración das axudas ergoxénicas aos cabalos de saltos, doma e concurso completo no adestramento e a competición de alto rendemento.

d) Difundiuse entre o persoal responsable dos cabalos, a relación de substancias dopantes e dos seus efectos a curto, medio e longo prazo.

e) Colaborouse na aplicación de métodos e procedementos de control da dopaxe e na tramitación das autorizacións para os procedementos de excepción.

f) Identificáronse e tramitáronse as autorizacións nos procedementos de excepción nos tratamentos médico-sanitarios.

g) Colaborouse no control e seguimento dos procesos terapéuticos das principais lesións e enfermidades do cabalo montado no adestramento e a competición de saltos, doma e concurso completo no alto rendemento.

h) Supervisouse e colaborouse na aplicación dos coidados e o manexo específico dos cabalos de alto rendemento en cada unha das disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo.

i) Supervisouse e colaborouse na colocación dos equipamentos e arreos para a monta e protección do cabalo no adestramento e a competición de saltos, doma e concurso completo no alto rendemento.

j) Colaborouse na aplicación de coidados e técnicas de recuperación dos cabalos de alto rendemento logo do adestramento e a competición de alto rendemento.

k) Valorouse a importancia dos coidados específicos para preservar a saúde e o benestar do cabalo de alto rendemento.

ANEXO III
Ratio profesorado/alumnado

Bloque específico do ciclo de grao superior

Ratio

profesorado/alumnado

MED-HIHI302. Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

1/30

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

1/15

MED-HIHI304. Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

1/15

MED-HIHI305. Dirección e xestión dun centro ecuestre.

1/30

MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

1/15

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

1/15

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

1/30

MED-HIHI309. Proxecto.

1/15

ANEXO IV
Acceso ao módulo de formación práctica

Acceso ao módulo de formación práctica

Módulos a superar

MED-HIHI310. Formación práctica.

Do bloque común:

• MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

• MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

Do bloque específico:

• MED-HIHI302. Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

• MED-HIHI304. Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

• MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

ANEXO V
Espazos e equipamentos mínimos do ciclo de grao superior

Espazos: ciclo de grao superior

Espazo formativo

Superficie-m2

30 alumnos/as

Superficie-m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente.

60 m2

40 m2

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo superior.

Ximnasio.

120 m2

90 m2

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Espazo formativo: zona de práctica

Módulo de ensino deportivo

Pista cuberta de polo menos 800 m2.

Pista exterior cercada dun mínimo de 4.000 m2.

Espazo libre en campo para un percorrido de cross duns 3.000 m de lonxitude con obstáculos fixos.

Espazo acondicionado para traballos á corda.

Instalacións básicas para estabulación e manexo dun mínimo de 30 cabalos.

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

MED-HIHI304. Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI305. Dirección e xestión dun centro ecuestre.

MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

Equipamentos: ciclo de grao superior

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

Computadoras instaladas en rede con conexión á internet.

Software específico.

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo superior.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

15 balóns medicinais (3 kg, 4 kg, 5 kg).

15 colchóns.

Halteres curtos de diferentes pesos.

3 barras de levantamentos.

Discos (diversos pesos).

Bancos para exercicios de musculación: horizontal, inclinado e/ou reclinable.

Balóns inflables 65 cm.

Gomas elásticas.

Barras de parede.

Bancos suecos.

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

Equipamento das zonas de práctica

Módulo de ensino deportivo

Mínimo dun cabalo por alumno/a con aptitude suficiente para o desenvolvemento dos módulos.

Equipos específicos completos para os cabalos nas tres disciplinas.

Pista de doma, rectángulo 60×20 coas súas letras identificativas.

Xogo completo de obstáculos para montar percorridos cun mínimo de 12, coa súa numeración.

Mínimo de 10 obstáculos para o cross, dos cales 6 polo menos serán permanentes, coa súa numeración.

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

MED-HIHI304. Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI305. Dirección e xestión dun centro ecuestre.

MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

ANEXO VI
Proba RAE-HISD301, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo de grao superior en Hípica

Resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e proba asociada:

1. Inspecciona pé a terra un percorrido de saltos do nivel dunha proba de 1,35 m GP, identificando o trazado e analizando as súas características e de cada obstáculo determinando as decisións técnicas que empregará durante a monta.

a) Identificáronse as características e dificultades técnicas de cada obstáculo de xeito illado.

b) Analizouse o deseño do percorrido en relación coas dificultades técnicas dos obstáculos e do trazado en xeral e das características dos cabalos propostos.

c) Relacionáronse as decisións técnicas na monta coas dificultades producidas polo obstáculo en particular e a súa relación cos demais.

d) Identificáronse as distancias que separan os obstáculos que forman combinación e as rúas condicionadas.

e) Relacionouse a distancia entre obstáculos e as características de diferentes cabalos, xustificando o número de trancos elixido en cada caso.

Proba asociada: proba de valoración do percorrido de saltos antes da monta.

• Logo da revisión e a análise pé a terra do percorrido de saltos, expoñerá a súa opinión técnica sobre este e responderá ás preguntas do tribunal sobre: deseño do trazado, as posibles decisións técnico-tácticas relacionadas con este e o perfil dos cabalos propostos polo tribunal.

2. Realiza, dacabalo, un percorrido de saltos correspondente a unha proba de 1,35 m GP, coa vestimenta e equipamento adecuados, executando os exercicios de salto ao aire de galope con seguridade, eficacia e demostrando o dominio técnico correspondente ao nivel da proba.

a) Elixiuse o equipamento e a vestimenta de acordo co regulamento de saltos.

b) Montouse o cabalo con seguridade polo trazado correcto, con ritmo, cadencia, á man de galope adecuada, con impulsión, equilibrio e rectitude, superando todos os obstáculos.

c) Realizouse a acometida dos obstáculos no punto correcto de batida, en perfecto equilibrio e acompañando ao cabalo adecuadamente e mostrando corrección na técnica aplicada.

d) Executouse a recepción do obstáculo, equilibrando ao cabalo correctamente e retomando o ritmo de galope e impulsión adecuada á man correspondente.

Proba asociada: proba práctica de salto, montado.

• O binomio preséntase equipado e con indumentaria específica.

• Executa unha proba de salto de 1,35 m GP, ao galope cunha velocidade aproximada de 350 m.p.m., de 10 obstáculos de diferentes tipos, cunha combinación dobre e unha combinación tripla e unha rúa, como mínimo, condicionada, todo iso segundo o regulamento en vigor da disciplina de Salto.

3. Analiza unha reprise de nivel relativamente avanzado (Intermedia I), segundo o regulamento de doma clásica en vigor, identificando as dificultades técnicas da proba e determinando as tácticas e comportamentos técnicos necesarios.

a) Identificouse a reprise que ten o nivel técnico de Intermedia I, de entre as propostas polo tribunal.

b) Analizáronse as dificultades técnicas de cada unha das figuras compoñentes da reprise de nivel relativamente avanzado.

c) Relacionáronse as técnicas de monta aplicables coa dificultade técnica de cada unha das figuras da reprise e a súa relación coas demais.

d) Relacionouse o comportamento técnico-táctico do xinete ou da xinete coas dificultades técnicas da reprise, as características de diferentes cabalos e as posibles continxencias que puidesen presentarse.

Proba asociada: proba práctica de valoración da reprise antes da monta.

• Á presentación de varias follas de reprises non identificadas, o alumnado seleccionará a do nivel requirido, expoñerá a súa opinión técnica sobre esta, e responderá ás preguntas do tribunal sobre as características técnicas da reprise, as posibles decisións técnicas e tácticas relacionadas con esta e o perfil dos cabalos propostos polo tribunal.

4. Monta dacabalo en pista, coa vestimenta e equipamento adecuados, executando os exercicios de doma clásica de nivel relativamente avanzado, aos tres aires con seguridade, eficacia e demostrando o dominio técnico correspondente ao dito nivel e mostrando a técnica suficiente para abordar os exercicios característicos do nivel avanzado.

a) Elixiuse o equipamento e a vestimenta de acordo co regulamento de doma clásica.

b) Demostrouse o dominio e técnica suficiente para superar a totalidade e cada unha das figuras da reprise do nivel relativamente avanzado (Intermedia I).

c) Demostrouse o dominio e técnica suficiente para presentar os exercicios característicos do nivel avanzado (Intermedia II).

Proba asociada: proba práctica de doma clásica, montado.

• O binomio preséntase equipado e con indumentaria específica.

• Executa unha proba de nivel relativamente avanzado (Intermedia I), nunha pista de 60×20 m, e mostra a técnica suficiente durante a presentación dos exercicios característicos do nivel avanzado (Intermedia II), todo iso segundo o regulamento en vigor de doma clásica.

5. Inspecciona pé a terra un percorrido de campo a través (cross) do nivel dunha proba de concurso completo de equitación 2* (categoría dúas estrelas), identificando o trazado e analizando as súas características e de cada obstáculo determinando as decisións técnicas a empregar durante a monta.

a) Identificáronse as características e as dificultades técnicas de cada obstáculo de xeito illado e das súas alternativas.

b) Relacionouse o punto de batida, o aire e a velocidade de chegada coas características de cada obstáculo do percorrido.

c) Analizouse o deseño do percorrido en relación coas dificultades técnicas dos obstáculos e do trazado en xeral e das características dos cabalos propostos.

d) Relacionáronse as decisións técnicas na monta coas dificultades producidas por cada obstáculo, a súa relación cos demais, e as características dos cabalos propostos.

e) Identificáronse os obstáculos que forman combinación e a distancia entre eles, así como as alternativas que se ofrecen en cada caso.

Proba asociada: proba de valoración do percorrido de campo a través (cross) antes da monta.

• Logo da revisión e análise pé a terra do percorrido de campo a través (cross), expoñerá a súa opinión técnica sobre este e responderá ás preguntas do tribunal sobre o deseño do trazado e as posibles decisións técnico-tácticas relacionadas con este e co perfil dos cabalos propostos polo tribunal.

6. Realiza, dacabalo, un percorrido de campo a través (cross) do nivel dunha proba de concurso completo de equitación 2* (categoría dúas estrelas), coa vestimenta e equipo adecuados executando os exercicios de salto ao aire conveniente, con seguridade, eficacia e demostrando o dominio técnico correspondente ao nivel da proba.

a) Elixiuse o equipamento e a vestimenta de acordo co regulamento de concurso completo de equitación.

b) Demostrouse o dominio e técnica suficiente mantendo o aire de galope de campo á velocidade de 550 m.p.m. con seguridade, superando todos os obstáculos.

c) Realizouse a acometida do obstáculo polo lugar e punto correcto de batida, en perfecto equilibrio, acompañando o cabalo adecuadamente e mostrando corrección na técnica aplicada.

d) Demostrouse o dominio e técnica suficiente na recepción do obstáculo, equilibrando ao cabalo correctamente e retomando o ritmo e impulsión adecuada.

Proba asociada: proba práctica de campo a través (cross), montado.

• O binomio preséntase equipado e con indumentaria específica.

• Executa unha proba de fondo de concurso completo de equitación 2* (categoría dúas estrelas) cunha distancia de 3.000 m, con 10 obstáculos, segundo o regulamento en vigor da disciplina de Concurso Completo de Equitación.

Organización da proba para acreditar os requisitos de carácter específico:

O alumnado debe elixir e realizar unha das tres opcións de proba práctica (salto, doma clásica ou campo a través) e debe realizar as tres probas de valoración (percorrido de saltos, da reprise, e do percorrido de campo a través).

1. Proba oral (obrigatoria):

1.1. Proba de valoración do percorrido de saltos.

1.2. Proba de valoración da reprise.

1.3. Proba de valoración do percorrido de campo a través (cross).

2. Proba práctica (elección dunha das tres opcións):

Opción 2.1. Proba práctica de salto, montado (para a persoa aspirante que elixa esta disciplina como proba principal).

Opción 2.2. Proba práctica de doma clásica, montado (para a persoa aspirante que elixa esta disciplina como proba principal).

Opción 2.3. Proba practica de fondo, montado (para a persoa aspirante que elixa esta disciplina como proba principal).

Condicións básicas de realización da proba de carácter específico: espazos e equipamentos.

Espazos:

• Aula de 40 a 60 m2.

• Pista de doma mínima de 60×20 m.

• Pista de saltos dun mínimo de 4.000 m2.

• Espazo libre en campo para un percorrido de cross duns 3.000 m de lonxitude con obstáculos fixos.

• Espazo dispoñible para o quecemento nas tres disciplinas.

Equipamentos:

• Mínimo dun cabalo cada dúas persoas aspirantes ao día con aptitude suficiente para realizar as probas.

• Letras identificativas para a pista de doma.

• Equipamentos completos de diferentes especialidades.

• Xogo de obstáculos en pista para montar 5 verticais e 5 fondos e boleas. Xogo de números identificativos da orde dos obstáculos. Bandeiras vermellas e brancas nos obstáculos.

• Mínimo de 10 obstáculos para o cross, dos cales 6, polo menos, serán permanentes. Xogo de números identificativos da orde dos obstáculos. Bandeiras vermellas e brancas para cada obstáculo.

ANEXO VII
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque común de ciclo de grao superior, en centros públicos da consellería competente en materia de educación

Os módulos do bloque común serán impartidos por quen posúa a especialidade que a continuación se detalla:

Ciclo de grao superior

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Educación física.

Formación e organización laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

ANEXO VIII-A
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque específico de ciclo de grao superior, en centros públicos da consellería competente en materia de educación

Os módulos do bloque específico serán impartidos por quen posúa a especialidade ou condición que a continuación se detalla:

Ciclo de grao superior

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-HIHI302. Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI304. Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI305. Dirección e xestión dun centro ecuestre.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI309. Proxecto.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI310. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

ANEXO VIII-B
Condición de profesor ou profesora especialista en centros públicos da consellería competente en materia de educación: acreditación de experiencia docente ou actividade no ámbito deportivo e laboral

Ciclo de grao superior

Módulo de ensino deportivo

Experiencia docente acreditable

Actividade no ámbito deportivo e laboral

MED-HIHI302. Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

MED-HIHI304. Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI305. Dirección e xestión dun centro ecuestre.

MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI309. Proxecto.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada, relacionada co módulo, en formación de adestradores ou adestradoras no nivel 3 de hípica nas formacións ás que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, así como a disposición transitoria primeira dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 de outubro.

Polo menos 2 anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo superior, realizado nos 4 anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

No caso das formacións a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, a Real Federación Hípica Española emitirá a correspondente certificación da experiencia docente en que consten: as materias impartidas, o número de horas impartidas, a data do curso en que se impartiu a materia ou materias e a data da resolución de recoñecemento da formación por parte do Consello Superior de Deportes, xunto coa data de publicación no BOE.

No caso das formacións a que se refire a disposición transitoria primeira dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 de outubro, o órgano competente da comunidade autónoma que autorizou as formacións emitirá a correspondente certificación da experiencia docente na que consten as materias e o número de horas impartidas.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde adquirise a dita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso dos traballadores ou das traballadoras por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios ou de obrigadas tributarias, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

A Real Federación Hípica Española emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

ANEXO IX
Requisitos de titulación do profesorado en centros privados e de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación

Serán impartidos por quen acredite os títulos que a continuación se detallan ou os que fosen declarados equivalentes ou homologados para efectos de docencia:

Módulos do bloque común do ciclo de grao superior

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Dereito.

Módulos do bloque específico do ciclo de grao superior

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-HIHI302. Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI304. Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI305: Dirección e xestión dun centro ecuestre.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI309. Proxecto.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI310. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

ANEXO X
Exención total ou parcial do módulo de formación práctica
do ciclo de grao superior

MED-HIHI310. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención parcial.

Exención total.

Duración: superior a 400 horas.

Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo de grao superior en Hípica e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

Período de tempo que desenvolveu a actividade: dos anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para aqueles resultados de aprendizaxe do módulo, que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A Real Federación Hípica Española ou autonómica emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde adquirise dita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso dos traballadores ou as traballadoras por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios ou de obrigadas tributarias, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

ANEXO XI
Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo coa experiencia docente

Ciclo de grao superior

Módulo de ensino deportivo

Experiencia docente

MED-HIHI302. Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

MED-HIHI304. Adestramento deportivo/condicional do cabalo de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI305. Dirección e xestión dun centro ecuestre.

MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI309. Proxecto.

Experiencia como profesor ou profesora en materias relacionadas co correspondente módulo de ensino deportivo acreditable, realizadas de acordo ao establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e na disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

A experiencia deberá ser de, polo menos, o triplo das horas establecidas neste decreto para o módulo de ensino deportivo obxecto da correspondencia formativa.

A experiencia docente acreditarase mediante certificado expedido pola comunidade autónoma que autorizou as ditas formacións en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou esta.

ANEXO XII
Formación a distancia

Módulos do bloque común

Grao superior

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Módulos do bloque específico

MED-HIHI302. Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou da xinete.

MED-HIHI305. Dirección e xestión dun centro ecuestre.

MED-HIHI306. Adestramento técnico-táctico en hípica.

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de alto rendemento deportivo.

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de alto rendemento deportivo.