Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55924

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1068/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1068/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanessa Alejandra Encalada Guerrero contra Ana Isabel Piñeiro Sánchez e os seus herdeiros, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Desestimo a demanda interposta por Vanessa Alejandra Encalada Guerrero contra Ana Isabel Piñeiro Sánchez e os seus herdeiros, e absolvo os demandados das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma aos herdeiros de Ana Isabel Piñeiro Sánchez, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza