Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (687/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 687/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Godoy López contra a empresa Eurográficas Pichel, S.L., se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por José Antonio Godoy López contra Eurográficas Pichel, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma 3.285,72 euros, polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurográficas Pichel, S.L, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza