Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55920

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (257/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 257/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mantiñán Suárez contra Forjas de Santiago, S.L., Santín y Otero, S.C., Rosa María Santín Gómez, Susana Seoane Otero, Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

En Santiago de Compostela o dezasete de novembro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da Sentenza 4/2017, do 30 de decembro de 2016, ditada no procedemento ordinario 26/2014 a favor da parte executante, Manuel Mantiñán Suárez, fronte a Forjas de Santiago, S.L., Santín y Otero, S.C., Rosa María Santín Gómez, Susana Seoane Otero, Fogasa, parte executada, por importe de 5.753,14 euros en concepto de principal (4.155,74 euros en concepto de complemento de IT, 1.597,4 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 575,31 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o dezasete de novembro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir as executadas Forjas de Santiago, S.L., Santín y Otero, S.C., Rosa María Santín Gómez, Susana Seoane Otero co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 5.753,14 euros en concepto de principal (4.155,74 euros en concepto de complemento de IT, 1.597,4 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 575,31 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0257 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de pescuda destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Forjas de Santiago, S.L., Santín y Otero, S.C., Rosa María Santín Gómez, Susana Seoane Otero, co fin de que, no prazo de dez días, manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderán impoñérselles tamén multas coercitivas periódicas.

– Requirir a parte executante Manuel Mantiñán Suárez, para que achegue o número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, se é o caso, se poidan obter na presente execución.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza»

Para que sirva de notificación en legal forma a Forjas de Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza