Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 957/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 957/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Seoane Otero contra Hermanos Seoane, S.L. e o Servizo Público de Emprego Estatal, ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estimo a demanda interposta pola parte demandante fronte ao SPEE e recoñécese o dereito do demandante á percepción das prestacións por desemprego recoñecidas en resolución do 29.9.2014, repoñendo 180 días dos sinalados como consumidos na devandita resolución, quedando 114 días consumidos, con aplicación, do 70 % sobre a base reguladora diaria de 44,22 euros, do día 114 a 180, e con aplicación do 50 % do día 181 ao 720, condenando o SPEE a avirse a esta resolución e ao aboamento da prestación correspondente.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza