Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55917

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (53/2015).

PO Procedemento ordinario 53/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Eva María Iglesias Febreiro

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Demandados: Elaboro Ingeniería del Software, S.L., Ganga Commerce, S.L., Ganga Commerce, S.L., Arroaces Servicios y Desarrollos, S.L., Fogasa, Sergio Campos Nieto

Avogado/a: letrado de Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 53/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva María Iglesias Febreiro contra a empresa Elaboro Ingeniería del Software, S.L., Ganga Commerce, S.L., Ganga Commerce, S.L., Arroaces Servicios y Desarrollos, S.L., Fogasa, Sergio Campos Nieto, sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Decido.

Que, considerando parcialmente a demanda interposta por Eva María Iglesias Febreiro, contra Elaboro Ingeniería del Software, S.L. e Sergio Campos Nieto como administrador concursal de Elaboro Ingeniería del Software, S.L., contra Ganga Commerce, S.L. e contra Arroaces Servicios y Desarrollos, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Que debo condenar e condeno Elaboro Ingeniería del Software, S.L. a aboar á demandante a suma de 8.535,36 euros (3.623,93 euros de salarios e 4.911,36 euros de indemnización por despedimento obxectivo), máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais –que comportan 3.623,93 euros– desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización –que comportan 4.911,36 euros– desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. Que debo condenar e condeno a Sergio Campos Nieto, na súa soa condición de administrador concursal de Elaboro Ingeniería del Software, S.L., a pasar pola anterior declaración e condena.

3. Que debo absolver e absolvo Ganga Commerce, S.L. e Arroaces Servicios e Desenvolvementos, S.L., das peticións deducidas en contra deles.

4. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar, se for o caso, o que resulte conforme o artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Elaboro Ingeniería del Software, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza