De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Consumo da Coruña.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 28 de novembro de 2017
Begoña Díaz Piñeiro
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña
ANEXO
Expediente: 15R002/84/2017.
Interesado: Juan Diego Villar Feal (Albañilería Diego).
CIF/NIF: 32698596W.
Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador.