Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56233

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO das bases reguladoras do Programa de vivendas baleiras.

A Alcaldía do Concello de Marín, mediante a Resolución do 7 de novembro de 2017, acordou:

Primeiro. Darse por informada da aprobación definitiva, mediante o Acordo do 7 de abril de 2017, adoptado pola Comisión de Seguimento e Coordinación do Programa de Vivendas Baleiras do Plan RehaVita 2015-2020, Concello de Marín, das bases reguladoras do Programa de vivendas baleiras do Concello de Marín, así como dos seus tres correspondentes anexos, segundo a redacción incorporada á acta da dita sesión e remitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Segundo. Ratificar as bases reguladoras do procedemento de incorporación de vivendas, así como os procedementos de selección dos futuros arrendatarios e de adxudicación das vivendas no concello de Marín.

Terceiro. Ordenar a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios municipal e na sede electrónica municipal. Nestes dous últimos casos, acompañado do texto íntegro das bases, para a entrada en vigor destas e, consecuentemente, inicio do desenvolvemento do programa citado.

Marín, 9 de novembro de 2017

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa