Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56234

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do 22 de novembro de 2017 de licitación do servizo de responsabilidade e coordinación en materia de seguridade e saúde e prevención de riscos laborais nas obras de titularidade municipal.

1º. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2º. Obxecto: servizo de responsabilidade e coordinación en materia de seguridade e saúde e prevención de riscos laborais nas obras de titularidade municipal. Prazo de duración: 2 anos. Posibilidade dunha prórroga de duración anual.

3º. Procedemento e forma de adxudicación: aberto criterio 1 tipo. Anexo II do PCAP.

4º. Orzamento de licitación total: 99.965,28 €, mái o IVE: 20.992,71 €. O orzamento total é de 120.957,99 €.

5º. Garantías. Provisional: non. Definitiva: 5 %.

6º. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00. Fax 886 21 28 43. www.pontevedra.gal

7º. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 do PCAP.

8º. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido no prego.

Pontevedra, 22 de novembro de 2017

O Alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda