Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56112

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (713/2017).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, así como do previsto no artigo 12 do Real decreto 467/2006, acordo notificar a comunidade hereditaria de Fernando Naya e Angelita Tesouro, --- comunidade hereditaria de Emilio Suárez Hermida e Carmen Somoza Novoa, a sentenza ditada nos presentes autos, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Gómez Bande.

Lugar: Ourense.

Data: vinte e un de setembro de dous mil dezasete.

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o número 713 do ano 2017, por instancia da comunidade de propietarios Peña Trevinca 42 de Ourense, representados pola procuradora Sra. González Mascareñas e asistido do letrado Sr. Jaime Benito Gutiérrez, e como demandados comunidade hereditaria de Fernando Naya e Angelita Tesouro en situación de rebeldía procesual e contra Emilio Suárez Hermida e Carmen Somoza Novoa, en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Decido:

Considerar a demanda interposta pola comunidade de propietarios Peña Trevinca 42 de Ourense representados pola procuradora Sra. González Mascareñas e asistido do letrado Sr. Jaime Benito Gutiérrez, e como demandados a comunidade hereditaria de Fernando Naya e Angelita Tesouro en situación de rebeldía procesual e contra Emilio Suárez Hermida e Carmen Somoza Novoa en situación de rebeldía procesual, e acordo:

Condenar as herdanzas xacentes e/ou comunidades hereditarias dos esposos Fernando Naya e Angelita Tesouro Rodríguez a pagaren á demandante a suma de 19.131,63 euros que se corresponden e desagregan en 17.923,03 euros pola vivenda e 1.390,60 euros pola praza de garaxe número 6 do soto segundo, máis os xuros até o seu completo pagamento.

Declarar que os esposos Emilio Suárez Hermida e Carmen Somoza Novoa teñen obriga de soportar a execución sobre os inmobles descritos ao seu nome no Rexistro da Propiedade número 1 de Ourense descritos extensamente no feito cuarto da demanda (terreo número 32.427 e unha dezaoitoava parte indivisa do terreo número 32.395 que se corresponde, materializa ou concreta mediante a utilización en exclusiva da praza de garaxe sinalada co número seis do soto segundo do edificio que está perfectamente delimitada e sinalizada no devandito terreo. O destino da referida participación indivisa é o de prazas de garaxe ou de aparcadoiro de vehículos. E, en consecuencia, condenalos a soportaren a devandita execución, con todos os pronunciamentos inherentes e consecuentes coa devandita declaración e pronunciamentos de condena necesarios para levala a cabo. Con expresa imposición de custas á comunidade hereditaria e/ou herdanza xacente de Fernando Naya Veira e Angelita Tesouro Rodríguez.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditou a resolución que se impugna, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Santander, na conta deste expediente 0049 3569 92 0005001274, coa indicación “recurso” no campo “concepto” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír, após a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/mm/AAAA.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Ourense, 30 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza