Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56283

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 30/2017).

SSS Seguridade Social 30/2017

Procedemento orixe: /sobre Seguridade Social

Demandante: Mutua Galega de Accidentes de Traballo

Avogada: Alicia Llan Lodos

Demandados: Naval Industrias Fontoria, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social, letrado/a da Tesouraría da Seguridade Social

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 30/2017, deste xulgado do social, seguido a instancia da Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra Naval Industrias Fontoria, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que, estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Mutua Galega de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Naval Industrias Fontoria, S.L., debo condenar e condeno a empresa Naval Industrias Fontoria, S.L., a que reintegre á Mutua a cantidade de 2.101,88 € en concepto de asistencia sanitaria derivada das asistencias aboadas por esta aos traballadores da súa entidade, consecuencia dos accidentes de traballo sufridos, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Naval Industrias Fontoria, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza