Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56282

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (464/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 464/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Gallego Santiago contra a empresa María del Carmen Oliva, Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. e Enrique Castro Abdala, sobre ordinario (cantidades), foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido.

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Beatriz Gallego Santiago debo condenar e condeno a empresa Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., cuxos integrantes son Enrique Castro Abdala e María del Carmen Oliva, a que aboe á demandante a cantidade de 475,19 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a María del Carmen Oliva, Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. e Enrique Castro Abdala, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza