Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (533/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 533/2015 deste xulgado social, seguido por instancia de Felipe Carballido Galego contra a empresa Resinas Siresa, S.L., o administrador concursal de Resinas Siresa, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta polo actor Felipe Carballido Galego, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Resinas Siresa, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 6.091,28 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o xuro do 10 % por demora, debendo o administrador/liquidador avirse a tal declaración.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Resinas Siresa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza