Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato de adquisición dun equipamento de sistema automático Droplet Dixital PCR, polo procedemento negociado sen publicidade por razóns técnicas, contratación documentalmente simplificada (expediente 42/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición dun equipamento de sistema automático de Droplet Dixital PCR para o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia en Lugo.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=216159

d) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: negociado sen publicidade, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 141.500,00 €; IVE (21 %): 29.715,00 €. Importe total: 171.215,00 €.

Valor estimado: 141.500,00 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 3 de novembro de 2017.

b) Adxudicataria: Celta Ingenieros, S.L.

c) Importe: 171.215 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 9 de novembro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única oferta presentada e cumpre os requisitos establecidos nos pregos desta contratación.

A subministración só pode encomendarse a Celta Ingenieros, S.L., único distribuidor autorizado polo fabricante para vender o equipamento no territorio de Galicia (exclusividade por razóns técnicas, conforme o artigo 170.d) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público).

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural