Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da subministración mediante a modalidade de renting de 98 vehículos para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais (expediente 21/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 98 vehículos mediante a modalidade de renting pola Consellería do Medio Rural con destino aos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2017 a 2021.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=172079

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 4 de agosto, BOE do 16 de agosto e DOG núm. 160, do 24 de agosto de 2017.

e) División por lotes e número: si. Lote 1: setenta e oito (78) vehículos de tipo 4x4. Lote 2: vinte (20) vehículos tipo turismo.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento máximo de licitación:

Importe neto. Lote 1: 2.995.200,00 (sen IVE). Lote 2: 316.800,00 (sen IVE).

Valor máximo estimado: 4.968.000,00 € (incluídas posibles prórrogas e modificacións).

5. Financiamento: cofinanciado parcialmente, no marco do PDR de Galicia 2014-2020, con fondos Feader nun 75 %. Submedida 8.3 (axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes), nun 7,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote 1:

a) Data de adxudicación: 17 de outubro de 2017.

b) Adxudicataria: LeasePlan Servicios, S.A.

c) Importe de adxudicación. Lote 1: 1.798.318,08 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 20 de novembro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 2:

a) Data de adxudicación: 17 de outubro de 2017.

b) Adxudicataria: LeasePlan Servicios, S.A.

c) Importe de adxudicación. Lote 2: 202.982,40 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 20 de novembro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural