Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56711

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2017 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 25.2 da Resolución do 12 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (Programa Innova Peme), a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN848D).

O 24 de xullo de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 12 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (Programa Innova Peme), a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

O artigo 25 da dita resolución establecía o 15 de decembro de 2017 como data límite para a presentación da xustificación dos gastos correspondentes á anualidade 2017 (realizados entre a data de presentación da solicitude e o 30 de novembro de 2017).

Tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes finalizou o día 25 de setembro de 2017, e a complexidade de análise das solicitudes presentadas, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2017 establecido no artigo 25.2 da Resolución do 12 de xullo de 2017.

En consecuencia, no exercicio das facultades conferidas polo artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación dos artigos 7.2 e 25.2 da Resolución do 12 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (Programa Innova Peme), a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

O artigo 7.2 queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 7. Conceptos subvencionables

2. Para cada anualidade só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e xustificados dentro dos prazos establecidos no artigo 25.2 desta resolución».

O artigo 25.2 queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 25. Xustificación da subvención

2. Prazos de xustificación:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Primeira anualidade:

Para os custos do persoal especificados no artigo 7.3.b.1): desde a data de presentación da solicitude ata o 30 de novembro de 2017.

Para os restantes conceptos subvencionables do artigo 7: desde a data de presentación da solicitude ata o 14 de decembro de 2017.

Segunda anualidade:

Para os custos do persoal especificados no artigo 7.3.b.1): desde o 1 de decembro de 2017 ata o 30 de novembro de 2018.

Para os restantes conceptos subvencionables do artigo 7: desde o 15 de decembro de 2017 ata o 30 de novembro de 2018.

Prazos de presentación da documentación:

Primeira anualidade: ata o 18 de decembro de 2017.

Segunda anualidade: ata o 15 de decembro de 2018».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación