Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56714

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2017, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos referentes ao quinto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 4 de decembro 2017, o tribunal designado pola Orde do 24 de novembro de 2016 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as,

ACORDOU:

Primeiro. Que de conformidade co establecido na base II.1.1.5 da orde da convocatoria, superou o quinto exercicio obtendo a cualificación de apto o aspirante Ángel de Jesús Pérez Lago con DNI 36051889X.

Segundo. Publicar o resultado obtido polo aspirante que se presentou ao quinto exercicio do proceso selectivo de acordo co disposto na base II.1.2.8.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, o aspirante poderá presentar as alegacións que estime oportunas con relación á cualificación obtida no quinto exercicio no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal