Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2014/00393 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados están á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Pontevedra, 16 de novembro de 2017

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2014/00393

Jesús Fernández García

33274096L

PO-2011/01164

Guillermo Fermín Souto Rodríguez

48587255P

PO-2012/00380

Mª Dolores Gallego Rodríguez

36064823H

PO-2013/00724

Yeison Estiven Zapata Torres

AO922637

PO-2012/00552

Santiago Castro Rodríguez

36134917P