Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo consistente na dirección de execución das obras de adaptación do complexo do antigo hospital xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo (fase II) polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica 981 54 47 32/981 54 12 22 e información de índole administrativa 981 54 45 17/981 54 45 48.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.gal

juan.pintos.martinez@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=227068

8º. Data límite da obtención de documentación e información: ás 14.00 horas do día 8 de xaneiro de 2018.

d) Número do expediente: 2018-SESE 06-PL.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na dirección de execución da segunda fase das obras de adaptación do complexo do antigo Hospital Xeral-Cíes na cidade de Vigo, como futura Cidade da Xustiza.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: antigo complexo do Hospital Xeral-Cíes na rúa Padre Feijóo de Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36204.

e) Prazo de execución: 21 meses contado desde o día seguinte ao da data da acta de comprobación da implantación.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 71200000 e dous máis. Véxase a letra A da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 256.515,49 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 233.195,90 €.

Importe total: 282.167,04 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: o indicado na letra E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: a solvencia económica e financeira xustificarase polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: a solvencia técnica e profesional deberá acreditarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 de xaneiro de 2018, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contado desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sala D do Complexo Administrativo San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Dirección: Complexo Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B, Documentación acreditativa dos criterios non avaliables mediante a aplicación de fórmulas, terá lugar ás 13.00 horas, o día 18 de xaneiro de 2018. O lugar, o día e a hora do segundo acto público, Lectura da avaliación do sobre B e da apertura do sobre C, Documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas, indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de novembro de 2017.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza