Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitacion do contrato de servizos de orquestras e espectáculos artísticos das festas, dividido en catro lotes (expdte_contra: 2017/C004/000019).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Intervención.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous (2) días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017/C004/000019.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizos de orquestras e espectáculos artísticos das festas do Concello de Oroso, dividido en catro lotes.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: véxase o artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: véxase o artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación: véxase o artigo 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 45.800 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase cláusulas 3 e 4 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9) Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios, cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 4 de decembro de 2017

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde