Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 56952

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 29 de novembro de 2017 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 3 de outubro de 2017.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, pola Orde do 3 de outubro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 17 de outubro), de conformidade co disposto na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro

Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 3 de outubro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 17 de outubro).

Segundo

Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro

O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto

O/a xefe/a do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, consignarán no titulo administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO

Apelidos e nome: Castro Díaz, María Soledad.

DNI: 32639595L.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Coordinación Ambiental.

Código do posto de traballo: MA.C03.00.001.15770.001.

Centro directivo: Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Observacións do posto: