Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 4 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións correspondentes aos expedientes de reintegro de axudas e subvencións para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2012).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación das resolucións de reintegro no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que comparezan persoalmente ou debidamente representadas na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no devandito anexo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 4 de decembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

1. Nº de expediente de reintegro: Reint. 2017/004-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2012/542-5.

Nome: Méndez, Claudia Valeria.

NIF: X5658614Q.

Último enderezo coñecido: rúa de Galicia, nº 16, baixo C, 36780 A Guarda (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta á concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.1.a) da devandita Orde do 30 de decembro de 2011.

Contido da resolución: resolución de reintegro total.

Data da resolución: 21.11.2017.

2. Nº de expediente de reintegro: Reint. 2017/005-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2012/543-5.

Nome: Méndez, Claudia Valeria.

NIF: X5658614Q.

Último enderezo coñecido: rúa de Galicia, nº 16, baixo C, 36780 A Guarda (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.1.a) da devandita Orde do 30 de decembro de 2011.

Contido da resolución: resolución de reintegro total.

Data da resolución: 21.11.2017.

3. Nº de expediente de reintegro: Reint. 2017/007-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2012/2156-5.

Nome: Fernández Barroso, Rosa Ángeles.

NIF: 44087510Y.

Último enderezo coñecido: Asesoras Vedramos. Virxe do Camiño, nº 12, oficina 18, entresollado, 36001 Pontevedra (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.1.a) da devandita Orde do 30 de decembro de 2011.

Contido da resolución: resolución de reintegro total.

Data da resolución: 20.11.2017.