Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57633

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (853/2016).

Eu, María del Mar Pino Pérez, letrada substituta da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no XVB 853/2016 seguido neste xulgado se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 153/2017.

Vigo, 20 de xullo de 2017.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 853/2016 se seguen por instancia de Preventiva, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., representada pola procuradora Ana María Pazo Irazu e dirixida polo letrado Ignacio Velilla Fernández, contra de Carmen López Fernández, declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto una acción de reclamación de cantidade.

Resolución:

Estimo totalmente a demanda formulada por Preventiva, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. contra de Carmen López Fernández, e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Carmen López Fernández a aboarlle a Preventiva, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. a cantidade de 4.487,29 euros, a cal reportará una indemnización pola demora equivalente ao xuro legal do diñeiro, contado desde a data da reclamación xudicial.

2º. Condeno a Carmen López Fernández a pagar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Carmen López Fernández, e para que sirva de notificación, expido este edicto.

Vigo, 27 de xullo de 2017

O letrado da Administración de xustiza